Wikipedia:A Taberna (propostas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección de propostas da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg

Esta sección úsase para discutir e propor novas ideas.

Comezar un novo fío de conversa

Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36

Proposal: Set two-letter project shortcuts as alias to project namespace globally[editar a fonte]

Por favor, axude a traducir á súa lingua

Hello everyone,

I apologize for posting in English. I would like to inform everyone that I created a new global request for comment (GRFC) at Meta Wiki, which may affect your project: m:Requests for comment/Set short project namespace aliases by default globally.

In this GRFC, I propose that two-project shortcuts for project names will become a default alias for the project namespace. For instance, on all Wikipedias, WP will be an alias to the Wikipedia: namespace (and similar for other projects). Full list is available in the GRFC.

This is already the case for Wikivoyages, and many individual projects asked for this alias to be implemented. I believe this makes it easier to access the materials in the project namespace, as well as creating shortcuts like WP:NPOV, as well as helps new projects to use this feature, without having to figure out how to request site configuration changes first.

As far as I can see, Wikipedia currently does not have such an alias set. This means that such an alias will be set for you, if the GRFC is accepted by the global community.

I would like to ask all community members to participate in the request for comment at Meta-Wiki, see m:Requests for comment/Set short project namespace aliases by default globally.

Please feel free to ask me if you have any questions about this proposal.

Best regards,
--Martin Urbanec (talk) 18 de febreiro de 2021 ás 14:12 (UTC)[responder]

Nomes vulgares vs. científicos[editar a fonte]

Cada certo tempo xorde na Galipedia se sería mellor ter os títulos das especies polo nome científico ou polo vulgar. Na wikipedia francesa os artigos teñen títulos e "subtítulo/s" en letra máis miúda: fr:Bos taurus fr:Betterave sucrière e como se pode ver nuns casos dan preferencia ao nome científico (e neste caso os "subtítulos" en vernáculo mesmo poden ser varios) e noutro ao vulgar deixando o nome científico como "subtítulo". Supoño que sería posible ter o mesmo tipo de títulos/subtítulos na Galipedia. Penso que se hai alguén interesado en ter ese sistema sería bo debatelo.--HacheDous=0 (conversa) 27 de febreiro de 2021 ás 09:51 (UTC)[responder]

Paréceme boa idea, habería que ver a que nome se lle dá preferencia, ou se optamos por empregar o criterio da primeira persoa que editou o artigo. Un saúdo e grazas pola proposta. Piquito (conversa) 25 de marzo de 2021 ás 06:53 (UTC)[responder]
Os nomes comúns en galego usados de forma xeral poden ser problemáticos porque non están todos ben establecidos nos vocabularios, dicionarios e uso en traballos zoolóxicos. Moitas veces é máis seguro usar polo momento o nome científico. Noutros casos hai varios nomes comúns, ás veces toda unha colección deles e en ocasións algúns deses nomes teñen ambigüidade porque se lle dá ese nome tamén a outra especie. Ademais, a consolidación do nome vai pasando por varias fases, e nomes comúns propostos en primeiro lugar son ás veces substituídos definitivamente por outros ben establecidos, que son "os que van quedar" (usados no DRAG ou en publicacións máis modernas ou en bases de datos internacionais, como Avibase) e o nome antigo xa non é o máis recomendable, polo que o criterio do primeiro editor non sempre é o máis axeitado. Por exemplo, xa non se usa "corvo viaraz", que apareceu hai anos nunha guía de aves reputada. Eu creo que é mellor facer o que faciamos ata agora: poñer o nome común sempre que estea ben referenciado e o nome científico como redirección e, cando non é así, poñer como título o nome científico. No texto dos artigos xa se explica os nomes que se lle dan ou os nomes que ten que son coincidentes na literatura internacional e, en calquera caso, o nome científico xa aparece ben visible ao principio do artigo na caixa de datos de taxon. Nesa caixa de datos poderían poñerse os dous nomes (do que é partidario, por exemplo, Xoio). Pero poñer no título da páxina nomes dobres ou triplos non me parece o mellor. E despois, como se fan as ligazóns? A todo o título dobre? Non sería económico. Son mellores as redireccións.--Miguelferig (conversa) 10 de xuño de 2021 ás 17:14 (UTC)[responder]

Categorías[editar a fonte]

Bo día. Quería expor un par de cuestións. En primeiro lugar, se sería interesante que o apartado das categorías, dentro de cada artigo, estivese ordenado alfabeticamente. Cando hai poucas, non é moi problemático mais cando aparecen varias, queda un pouco estraño e desordenado que a primeira sexa, por exemplo, "Alumnos da universidade....", e apareza outra semellante ao final. E, a segunda cuestión: de consideralo relevante, sería posible facelo automaticamente con algún bot ou con outro farangullo semellante?. Saúdos MAGHOI (conversa) 31 de maio de 2021 ás 07:49 (UTC)[responder]

Ao meu ver si ten sentido que as categorías estivesen ordenadas (e de feito tenden a estalo), pero non debería ser alfabeticamente, senón por relevancia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de xuño de 2021 ás 04:45 (UTC)[responder]
Ola @Xabier Cid. Grazas por respostar. Eu indicaba o de alfabeticamente por que é un criterio obxectivo e, quizais, doado para facer automaticamente (se fose posible). O da relevancia, coido que é moi difícil de medir, e que é bastante subxectivo. É máis relevante nado en .... ou finado en...?, por exemplo. Ser profesor/alumno dunha ou outra univesidade? quizais poder ser máis obxectivo se se traballa nunha universidade cando se recibe un premio nobel, pero quizais foi traballando noutra onde comezou o traballo.... En resumo, coido que é difícil de valorar. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 5 de xuño de 2021 ás 09:19 (UTC)[responder]
Ola, MAGHOI. Vou facer unha resposta un pouco máis elaborada.
  1. Os criterios que empregamos nos artigos deberían pensar na xente que le os artigos, e non na xente que crea os artigos (ou sexa, nosoutros). Por moito que a nós nos pareza máis sinxelo ordenar as categorías alfabeticamente, desde un punto de vista de lectura as categorías principais deben ser as primeiras, e despois debemos colocar as categorías menores (que a xente xa lerá só diagonalmente).
  2. Efectivamente, establecer artigo a artigo que categoría é máis importante ca outra é complexo. Pero tampouco é necesario unha perfección niso: as categorías son elementos secundarios (na navegación móbil xa nin aparecen), que probablemente sufran cambios tecnolóxicos na medida en que se consoliden outros sistemas de navegar transversalmente a Wikipedia. Son importantes, pero non son cruciais (e van selo cada vez menos).
  3. A maior abondamento, o esforzo de reordenar as categorías de 140 000 artigos é ben pouco produtivo.
  4. Dito isto, si que se poden crear unha serie de pautas orientativas do que, en xeral, é máis importante, para que teñamos como guieiro mais que poidamos saltar as veces que queiramos. Podo facelo.
  5. A consistencia ten pouco valor: o que importa é que a lectora Icía poida navegar a outros novelistas en galego do século XX desde Blanco-Amor (se iso é o que quere), e non tanto que as categorías do artigo Blanco-Amor teñan a mesma orde cás de An Alfaya.--Xabier Cid Talk 2 me, please 7 de xuño de 2021 ás 05:29 (UTC)[responder]
    Boa tarde. Estou de acordo na maior parte das cousas que expós, con mínimos matices. Eu entendo as categorías, máis que como un sistema de navegación, como un sistema de ordenación ou de estruturación dos artigos. Pero, efectictivamente, pode haber usuarios que os empreguen dese xeito. Eu comenteino máis por unha cuestión formal, de novo a ordenación, que por outra cousa, sobre todo, porque vexo moi complicado pórlle unha orde cualitativa. Pero, se te animas, adiante. Apóiote no que poida. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 20:27 (UTC)[responder]

Categoría:Premios Príncipe de Asturias[editar a fonte]

Dado que mudou o nome do premio a Princesa de Asturias, e tamén o título do artigo, coido que habería que mudar tamén o nome das categorías asociadas ao Premio, non vos parece? Saúdos. MAGHOI (conversa) 31 de maio de 2021 ás 09:05 (UTC)[responder]

Parece o máis lóxico, as categorías deberían ter o mesmo título que o seu artigo principal, se logo cambia outra vez o nome xa se mudará de novo. Piquito (conversa) 31 de maio de 2021 ás 18:10 (UTC)[responder]
Xa estamos tardando. --. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2021 ás 19:23 (UTC)[responder]

Contidos de calidade propios.[editar a fonte]

Ola! Quería chamar a atención sobre unha tendencia presente na Galipedia dende hai xa tempo. Inicialmente nesta Wikipedia era requisito que para que un artigo fora considerado "artigo de calidade" non podía ser unha tradución doutro, a comunidade finalmente rexeitou este punto e as traducións son aceptadas como "artigos de calidade" (ou non, se se considera que os criterios na Wikipedia de orixe foron inferiores aos da nosa Wikipedia), algo que nos permitiu aumentar de xeito exponencial o número de "artigos de calidade" na Galipedia e ter artigos dun nivel altísimo. Con todo, dende que se mudou esta norma o número de artigos con contidos propios na lista de "artigos de calidade" foi reducíndose, ata o punto de que a inmensa maioría dos nosos "artigos de calidade" son traducións.

Creo que ofrecer contidos propios de calidade pode ser un moi bo reclamo para as persoas que consulten a Galipedia e que quizais poderiamos marcarnos algún tipo de obxectivo (modesto) para tentar medrar neste sentido. Ocorréuseme que poderiamos facer unha lista de artigos de temática galega para presentar a "artigos de calidade". Vendo por exemplo a Wikipedia en lingua catalá pensei en que se podería traballar en facer artigos de calidade das catedrais galegas (máis a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, primeira catedral de Galiza e de España), así como os artigos da Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela ou Ferrol, clubs deportivos como o Hockey Club Liceo da Coruña (club deportivo máis laureado de Galiza), Deportivo da Coruña (club de fútbol máis laureado de Galiza), Club Vigo Voleibol (decano do voleibol galego), libros como Sempre en Galiza ou Cantares Gallegos, personalidades da pintura e a escultura, do deporte, do cinema ou teatro e mesmo da política (da literatura tamén, pero temos uns cantos neste campo tanto na categoría "de calidade" como "bos"). Un saúdo, Piquito (conversa) 20 de xuño de 2021 ás 13:59 (UTC)[responder]

Ola @Piquito. Non vira isto, a verdade. Concordo contigo en que facer artigos dende cero con vistas a ser de calidade é un obxectivo moi desexable.Enfocalo cara as páxinas de contidos relacionados con Galicia -na miña opinión- sería un acerto. Comezar por pulir os bos a través dunha creación dunha lista paréceme acaído. Non sei se xa a creaches, pero podería crearse dentro do espezo Wikipedia como lista e darlle unha ligazón que sexa visible nas páxinas da comunidade, ao mesmo nivel que a dos artigos desexados, por exemplo. Saúdos e graciñas pola proposta. Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 14:50 (UTC)[responder]
Ola Maria zaos! Grazas pola mensaxe e o teu interese. Non creei a lista porque sería subxectiva e non sei realmente que cousas poden ser máis importantes de Galiza, os artigos que citei eran exemplos de artigos que na miña opinión sería moi positivo que foran de calidade. Creo que a lista debería ser feita por un grupo de persoas que entenderan de diversos campos e puideran dicir que artigos sería máis interesante traballar, pero se queres podemos tentar ir creándoa a medias a ver se alguén máis se suma. Para min non é doado traballar en artigos sobre Galiza porque non teño acceso a bibliografía, ademais agora non teño moito tempo porque case todo o tempo que lle adico á Galipedia vai ao artigo do volcán de La Palma e, en menor medida, ao hóckey sobre xeo feminino. Xa me dis se queres que comecemos con ese traballo, un saúdo. Piquito (conversa) 26 de outubro de 2021 ás 09:37 (UTC)[responder]

Comunicación entre as persoas que editan a Galipedia: proposta[editar a fonte]

Bo día, non sei se se verá moito aquí, pero veño a darlle visibilidade a un trebello, para que quen non o coñeza saiba del e de paso achegar unha idea de proposta relacionada co tema da comunicación interna. O trebello chámase "Discussion Tools". Pode ser activado nas preferencias baixo a lapela "Características en probas".

Captura de páxina de conversa principal.png

.

Vantaxes:

  • Permite editar mensaxes de conversa en modo visual e en modo fonte. Con independencia do tipo de conversa que sexa. Para quen o ten activado unha páxina de conversa do artigo que está baleira aparece cun botonciño (iso si, aínda en inglés) que fai máis sinxela a edición Isto é especialmente importante para as persoas que se inician na Wikipedia, que o fan maioritariamente co editor visual, xa que este non está habilitado nalgúns espazos (Wikipedia,por exemplo)
  • Achega sempre a sinatura de quen envía, por defecto
  • Permite facer mencións dun xeito máis intuitivo que o modelo:ping (que non deixa de ser un modelo, polo que as persoas que non se manexan cos modelos quedan excluídas do seu uso)
  • Fai innecesario visitar a páxina de conversa doutra persoa para responder a fíos da páxina propia de conversa (envia notificación). A navegación e a busca de páxinas de usuario/a é unha dificultade engadida para as persoas recén chegadas, por máis que estea ben explicado na Axuda.
  • Facendo uso da mención, envía notificacións de aviso ás partes implicadas sen abandonar a páxina de usuaria/o propia de ser o caso. Estas particularidades tamén o fan máis axeitado para as persoas recén chegadas.

A miña -reducida- experiencia indica que a comunicación (vital nun espazo colaborativo) resulta dificultosa de entender e manexar por parte das recén chegadas aquí. Levo pouco tempo usando o trebello e recomendándoo, pero diría que é moi sinxelo de usar e finalmente resulta moi cómodo. (@CoroRP poderías darme a túa opinión sobre como se manexan as editoras novas con este trebello e coa comunicación en xeral, por fa?) Outras vantaxes

  • A páxina do trebello indica que está a se actualizar decontino (ou sexa, non é un proxecto morto) e que, nas enquisas de uso que fixeron, a aceptación do trebello é moi boa
  • Outros proxectos xa o teñen incorporado (vender esta parte xa o deixo en mans dos burócratas). Ver tamén que se instalando por defecto en moitas wikis aquí.

Desvantaxes:

  • Xera no resumo de edición un sucinto "Resposta", polo que se se quere indicar do que se falaba para que sexa consultable no historial de edicións ou en cambios recentes habería que facer unha nova edición para incluír o que sexa no resumo de edición.
  • Que, ao igual que pasa con outras partes na wiki, está sen traducir ao galego. Pode ter solución.

Ata aquí a promoción do trebello. Cousas que me gustaría incluír como proposta e que se relacionan con isto:

  • A páxina da Axuda de contactar con outros usuarios,[ que a min me gustaria máis que se chamase "Como contactar con outras persoas", porque o contexto é claro, pero xa é outro tema] debería incluír unha explicación do seu funcionamento xa que é un medio que se está a usar dentro da nosa comunidade. Atención á redirección dende aquí
  • Derivado dese cambio tamén habería que axustar o seguinte:
    • Modelo Benvida do que como inclúe o tema da imaxe da sinatura, que tamén está xenial, deberían debatirse un pouquiño os contidos para darlle coherencia

Creo que non afecta a moito máis, pero si vedes algunha outra páxina afectada, por favor indicádeo aquí abaixo.Grazas! Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 15:34 (UTC)[responder]

Ola @Maria zaos. A min paréceme cómodo este trebello (eu o teño activado) e para a xente que empeza é máis facil de entender pero non podo contestar a túa pregunta porque, desgraciadamente, fai tempo que non pasan por aquí editoras novas... complicado o de crear un grupo de editoras! Apertas! CoroRP (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 16:09 (UTC)[responder]
Un pregunta: ¿pode desactivarse? ¿como se desactiva? En ocasións quero comezar páxinas de conversa sen asinalas (por exemplo), e o trebello ese levaba unha tempada obrigándome a facelo. --. HombreDHojalata.conversa 20 de outubro de 2021 ás 20:18 (UTC)[responder]
Usuario:HombreDHojalata eu nese caso, que o teño activado, o que fago é editar co código fonte. Se ves a imaxe que coloquei na conversa, verás que é posible escollelo premendo Crear a fonte na páxina vermella sen contido e no editar a fonte no resto. Para desactivalo totalmente habería que desmarcalo no menú das preferencias onde se activa. A maiores, nalgún momento futuro a comunidade terá que decidir si se opón ou acepta a instalación por defecto na Galipedia, segundo infiro eu da lectura do último informe técnico máis arriba (as comunidades que o probaron/opinaron/participaron van antes) Saúdos Maria zaos (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 21:12 (UTC)[responder]
Boas. Eu tíñao activado e si que resulta cómodo, tanto polo "ping" como porque xa asina directamente. Polo tanto, a miña opinión é positiva. Saúdos MAGHOI (conversa) 21 de outubro de 2021 ás 16:48 (UTC)[responder]

Grazas. Xa atopei o que preguntaba: hai que desactivar Enable quick topic adding. This will show you an inline form for adding new topics en Especial:Preferencias. --. HombreDHojalata.conversa 21 de outubro de 2021 ás 20:02 (UTC)[responder]

Concepto hamparte.[editar a fonte]

Ola bo día, non sei se coñecedes o concepto de "hamparte". Anímovos a que o busquedes. Basicamente é un neoloxismo creado e divulgado por García Villarán que critica a arte conceptual moderna, por exemplo: expor un vaso de auga xenérico medio cheo cun texto complementario que explica o concepto disa obra (de hamparte). O concepto critica a gran parte dos -ismos de principios do s. XX e moitos artistas Miró ou Yoko Ono. É un concepto que está principalmente divulgado por unha persoa, por iso entendo que pode ser considerado un artigo promocional, inda así, creo -imo- que é un concepto moi relevante e do que xa teñen versado outras persoas do mundo do arte, inda que obviamente o buscares información a maior parte é referencial o creador (igual que prácticamente todos os manifestos artísticos). Entendo (pero non comparto) que poida ser considerado promocional (pero non irrelevante) por iso pregunto na taberna xa que de faceres o artigo habería que buscar moitas fontes e expor tanto o concepto como a crítica ó concepto.

Teñan un bo día. Garrote20 (conversa) 5 de xaneiro de 2022 ás 11:23 (UTC)[responder]

Sandbox link[editar a fonte]

Apologies for writing in English. Please feel free to translate my text.

I'm holding a global RFC regarding Sandbox link (example) at Meta: m:Requests for comment/Enable sandbox for all Wikipedias. I was told by User:Lucas Werkmeister that Galician Wikipedia as a large project does not have Sandbox link enabled.

  • Does Galician Wikipedia want the Sandbox link enabled?

If there is consensus for enabling that on Galician Wikipedia, I will do that as part of the global settings. But if Galician Wikipedia does not want that, I can simply omit the Galician Wikipedia from my proposal. No hard feelings at all :) I have personally not found Sandbox links harmful in any way, shape, or form. Thanks 4nn1l2 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 02:55 (UTC)[responder]

Symbol support vote.svg Concordo @4nn1l2 If we reach a consensus we will need to translate "Sandbox" in the most appropiate way. Thank you for letting us know about your proposal.
Symbol comment vote.svg ComentarioEntendo que a proposta tan só crea por defecto unha subpáxina de usuario/a baixo o nome zona de probas. Como indican, non semella ningún inconvinte. Non é nada sofisticado, como pode ser o modelo Taller da es.wiki, polo que non vexo mal en dicir que si. Chamámoslle zona de probas tamén ou quizais borrador, zona de traballo, supáxina de traballo etc? Maria zaos (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 22:16 (UTC)[responder]
Please just note that your community and its admins have full control over the translation of "sandbox".
You may edit edit pages:
4nn1l2 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 22:58 (UTC)[responder]

Evento multilingüe[editar a fonte]

Buenos días. Como parte de nuestro plan para 2022, en el que nos proponemos trabajar la diversidad lingüística de forma regular, nos gustaría celebrar uno o dos eventos (por ejemplo uno en primavera y otro en otoño) conjuntamente con otras comunidades, tanto Galipedia como el Grupo de usuarios de Wikimedistas Vascos y Amical Wikimedia. Se podría tratar de un evento presencial o en línea, de forma simultánea, en mayo o junio. En cuanto a la temática, podríamos tratarlo y ver qué tema nos interesa a las distintas comunidades; por ejemplo en junio teníamos previsto trabajar en torno a museos, pero es solo una sugerencia. Si os parece bien, podemos fijar un día y hablar sobre todo ello en una reunión. Un cordial saludo. --Rubén Ojeda (WMES) (conversa) 16 de marzo de 2022 ás 12:00 (UTC)[responder]

Grazas, Rubén! Interésanme estas actividades. En canto á idea de traballar en xuño arredor dos museos, poderíase afinar un pouco máis a proposta: que vos parece tratar as casas museo? E se a actividade se fai presencial, sería ideal facelo nalgunha casa museo (ou en varias á vez, claro). Respecto á data, non se me ocorre ningunha efeméride, pero podería ser interesante buscar algún día fermoso.
Se podo asistirei á reunión virtual para falar do tema. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 16 de marzo de 2022 ás 17:47 (UTC)[responder]

Wikimaratóns[editar a fonte]

Boas! Recentemente vin no Instagram da Galipedia (grazas Chairego apc) que a Wikipedia en catalán (creo que tamén en castelán?) estaba a facer un Wikimaratón sobre os días internacionais. O certo é que dende a Galipedia hai moito (moitísimo) tempo que non organizamos ningún maratón, e penso que sería boa idea facer dous ou tres maratóns ata o final do ano (realmente se facemos un creo que xa sería un éxito na miña opinión). Ocórrenseme varias ideas que poderiamos facer:

  1. Wikimaratón de concellos de España (se non gusta se pode cambiar por outro país), co obxectivo de crear todos os artigos que faltan.
  2. Wikimaratón para crear artigos que non existen dentro dos "artigos de calidade" e "artigos bos" (especialmente os "véxase tamén" e os "artigo principal").
  3. Wikimaratón de entidades subestatais: podemos facer unha lista de países de todo o mundo para facer artigos das súas divisións administrativas.
  4. Wikimaratón de equipos de fútbol (se é por min, doutro deporte, pero á xente que le a Galipedia entendo que lle interesa máis este :)): o que proporía sería crear todos os equipos de fútbol de España dende a primeira ata a terceira división (incluídas), e/ou os equipos femininos que compiten nos dous/tres primeiros niveis a nivel español.
  5. Wikimaratón dos "artigos solicitados": propoñernos un número de artigos da lista para reducila substancialmente.
  6. Wikimaratón de biografías de mulleres: podemos decidir se dun campo en concreto (ciencia, literatura, deporte, artes...) ou mulleres en xeral.
  7. Wikimaratón de obras de arte: creo que a nosa Wikipedia non está moi nutrida en xeral de artigos desta temática, polo que penso sería moi bo facelo, e no posible incluir obras de arte galegas.
  8. Wikimaratón da lista expandida de artigos vitais.
  9. Wikimaratón para completar os lugares de Galiza (e se son poucos os que quedan -non o sei- podemos meternos coas freguesías de Portugal).

Se tendes algunha outra idea de maratóns posibles ou que vos gustaría traballar sinaládea, a ver se podemos organizar algún (ou algúns) para darlle un pouco máis de visibilidade ao proxecto. Non creo que sexa preciso organizar nada presencial, se facemos varios podemos facelo, pero o que creo é que debemos facer algo para amosar nas redes e que a xente vexa que somos unha comunidade dinámica que procura o crecemento da enciclopedia, iso pode axudar a que a comunidade medre (ou non, pero por tentalo...). Graciñas a todas e todos! Piquito (conversa) 13 de xuño de 2022 ás 23:27 (UTC)[responder]

@Piquito: Ola! Informei hai dúas semanas (Wikipedia:A Taberna (novas)#Editatón Días_Internacionais) da Editatón Días Internacionais, coorganizada por Amical, Wikimedia España, Wikimedia Portugal, o grupo de usuarios vascos, a Wikipedia en asturiano e a Galipedia. En Meta está a información para coordinarse, aquí. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de xuño de 2022 ás 06:36 (UTC)[responder]
Grazas @Estevoaei:! De todos xeitos poderiamos pensar en facer algo propio acorde coas necesidades específicas da Galipedia. Está claro que é interesante ter todos eses artigos de días internacionais, pero tamén que temos carencias nalgúns aspectos e poderiamos aproveitar para mellorar neses eidos. Saúdos! Piquito (conversa) 14 de xuño de 2022 ás 10:01 (UTC)[responder]