Conversa usuario:Drow male
Benvido(a) á Galipedia, !
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2017 ás 11:58 (UTC)
Miriam Beizana
[editar a fonte]Ola, Drow male!
Nos listados de libros non se adoita redundar no nome da autora, e cando os libros son autoeditados non se acostuma editar a distribuidora ou plataforma usada. De todos xeitos na túa edición non incluíras o ano de publicación das obras, acabo de velo agora na Wiki en castelán. Tamén faltaba info nas referencias, non sei se as completei todas.
Unha dúbida respecto ao nome do artigo: o nome da autora é Miriam (sen tilde) ou Míriam? Non a coñezo, non sei como o adoita escribir ela.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xullo de 2018 ás 20:56 (UTC)
Votación de ficheiro
[editar a fonte]Ola, Drow Male. Sobre o a votación que abriches (Lactoria cornuta.004 - Aquarium Finisterrae.JPG), para evitar líos, quizais compriría que reformularas o prazo da votación. Porque, seguramente, polo que indicas, estivo pouco tempo e a votación está a piques de rematar. Que opinas? Saúdos.--MAGHOI (conversa) 3 de outubro de 2022 ás 18:34 (UTC)
- Si, fareino agora. Grazas ;) Drow male (conversa) 3 de outubro de 2022 ás 20:03 (UTC)