Laponia, Finlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laponia
Lapin maakunta
Lapplands landskap
Bandeira de Laponia
Escudo de Laponia
BandeiraEscudo
Lapin.maakunta.suomi.2008.svg
EstadoFinlandia Finlandia
CapitalRovaniemi
 • Poboación59.967 (2010)
Lingua oficialAs tres
Forma de gobernoRexión de Finlandia
Timo Korva
Rexión1936
SuperficiePosto 1º
 • Total98.984 km²
 • % auga6
Fronteiras1.723 km
Costasn/d km
PoboaciónPosto 10º
 • Total184.000 (2009) hab.
 • Densidade1,9 hab./km²
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.fi
Código ISOLL

Laponia (en finés: Lappi; en saami: Lappi; en sueco: Lappland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Até finais de 2009 foi unha das seis provincias coas que contaba a organización político-administrativa rexional da República de Finlandia. A súa capital administrativa é a cidade de Rovaniemi. A Laponia finlandesa forma parte dunha rexión xeográfica máis grande chamada Laponia.

A provincia de Laponia tiña soamente uns 186.500 habitantes (2004), que representan o 3,6% da poboación de Finlandia. A densidade de poboación é claramente a máis baixa do país. As cidades máis notables da rexión, ademais da súa capital, son Kemi, Tornio, Kemijärvi e Inari.

Os concellos da provincia cooperan nun Consello Rexional. Laponia fai fronteira coa rexión de Ostrobotnia do Norte ao sur, sendo bordeada tamén polo Golfo de Botnia ao suroeste, co Condado de Norrbotten de Suecia ao oeste, Noruega ao norte e co Oblast de Múrmansk de Rusia ao leste. Nalgunhas partes do mundo, como o Reino Unido, Irlanda e a propia Finlandia considérase a esta rexión como o fogar de Joulupukki, Pai Nadal ou Papá Noël.

Concellos[editar | editar a fonte]

A rexión de Laponia conta con 21 concellos, dos cales catro son cidades (en negra):

Rexión de Laponia.

Antigos concellos[editar | editar a fonte]

Subrexións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]