IES Perdouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°39′09″N 7°21′22″O / 43.652508, -7.356242

IES Perdouro
IES Perdouro.
Enderezo
Rúa do Instituto, s/n Burela
Datas
Educación
EnsinanzasEducación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e FP.[1]
Xestión
TipoPúblico
Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Xunta de Galicia
DirectorMaría José Pardiñas Suárez
Na rede
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesperdouro/
Twitter
Facebook

O Instituto de Ensino Secundario Perdouro é un centro educativo público situado en Burela que imparte ensino de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, e Formación Profesional Básica de Fabricación e Montaxe[2] e de Administración e Servizos.[1] Para o curso 2022-23, ofertan o Ciclo Superior de Mecatrónica industrial.[3] Ademais, desenvolve o programa CUALE para a formación complementaria en linguas estranxeiras, co que obter o nivel B1 de portugués.[4][5]

Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Sitúase entre o IES Monte Castelo e o Hospital da Costa.

Historia[editar | editar a fonte]

A mediados dos anos 70, os estudantes de Burela que remataban a súa Educación Xeral Básica, tiñan que moverse a outras localidades se querían continuar a súa formación; ben sexa a relativa pouca distancia (Ribadeo, Mondoñedo ou Viveiro) ou ben máis lonxe, como Lugo ou A Coruña. En 1973, o Ministerio de Educación e Ciencia deu os primeiros pasos, solicitando ao entón concello de Cervo a cesión de terreos para construír en Burela un Centro de Bacharelato Unificado e Polivalente. Houbo varias ofertas da veciñanza para vender leiras destinadas á construción deste Centro, e dunha Escola de Formación Profesional. O 12 de marzo de 1975, o Pleno do Concello aprobou a adquisición dunhas leiras na zona de Os Matos, ás aforas do pobo.[6] En 1978, publicouse o Real Decreto 2045/1978, de 29 de xuño, que poñía en marcha este Centro Nacional de Formación Profesional.[7]

A inauguración foi o 7 de outubro de 1978, que sería recollida polo diario El Progreso ao día seguinte:

Entrada principal.
Ás cinco da tarde de onte, foron inaugurados o Instituto Nacional de Bacharelato Mixto de Burela, e o Centro de Formación Profesional de Primeiro e Segundo Grao.

Nos anos 80, foi concedida ao centro a Rama de Peiteado e Estética. Tamén foi creado a comezos do curso 1986-1987, o Consello Escolar, con representantes da comunidade docente e non docente, alumnado, proxenitores e o Concello; nel, informouse do acordo dos directores dos centros de FP de Viveiro, Burela, Foz e Ribadeo, para a creación da revista gratuíta bimensual Formación Profesional da Mariña, cuxo primeiro número foi realizado integramente no por entón chamado Instituto de Formación Profesional de Burela. A partir do curso 1987-1988, o centro contaba tamén cunha emisora de radio.

A comezos dos anos 90, entraba en vigor a nova lei educativa: a LOXSE.[8] Con ela, o centro comezaría a ofertar a ESO, Bacharelato e os Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior. No curso 1996-1997, o Consello Escolar propón o actual nome: IES Perdouro. Dous cursos despois, incorpórase o Primeiro Ciclo (1º e 2º) da ESO, para o que o centro empregou temporalmente parte das instalacións do Colexio Público Vista Alegre.[6]

En 2016, fixéronse obras de ampliación no centro para implantar a FP Básica.[9]

Proxectos[editar | editar a fonte]

Edificio onde se imparte o Ciclo de Mecanizado.

O centro realizou varias edicións de Encontros de Banda Deseñada,[10][11] nos que se organizaron concursos.[12]

Entre as actividades solidarias levadas a cabo polo centro, destacan as seguintes:

A biblioteca do centro é unha das colaboradoras na Microrrede A Mariña,[17][18] un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña que realizan diversos proxectos comúns, como algunhas exposicións.[19]

O centro tamén participou no documental Cancelo Gurriarán, de Kaito Estudios, dirixido por Santiago Raimundi e emitido pola Televisión de Galicia. Estaba adicado a Florencio Delgado Gurriarán, escritor ao que se lle adicou o Día das Letras Galegas de 2022.[20]

Asociación Cultural Os Matos[editar | editar a fonte]

En decembro de 1993, púxose en marcha a Asociación Cultural Os Matos para dinamizar as actividades extraescolares do centro. Ademais de diversas actividades culturais, puxeron en marcha a partir de 1995 o Cine-Club Os Matos, a revista Maruxía[21][22][23] (editada pola comunidade educativa) e a edición en 1998 do libro IES Perdouro, 20 anos de vida.[6] Tamén destaca o Encontro Multilateral Europeo, que reuniu en Burela alumnado de Alemaña, Bélxica, Italia e España.[24]

A asociación tamén entrega premios en deportes (baloncesto ou fútbol sala) e diversos xogos (damas, xadrez e crebacabezas).[25]

Modelo Burela[editar | editar a fonte]

Edificio 4.

A localidade de Burela ten unha gran diversidade en canto á orixe dos seus habitantes, pero das súas 42 nacionalidades[26] destaca (tras a galega, obviamente), a poboación procedente da República de Cabo Verde.

Dende 2008 inicia no centro o Modelo Burela,[27][28][29] primeiro proxecto de planificación lingüística aprobado por unanimidade nunha vila galega e orientado á comunidade procedente de Cabo Verde, impulsado por profesores como Bernardo Penabade ou Karina Parga. Desde 2012 coordina en Radio Burela[30] o programa radiofónico Proxecto Neo,[31][32][33][34][35] centrado nas experiencias de persoas neofalantes do idioma galego. O programa reemítese posteriormente en dúas radios comunitarias: Cuac FM e Rádio Filispim.

A experiencia do centro en radio permitiu que gañasen premios relacionados con este medio de comunicación, como o concurso Educación sen fronteiras,[36] ou a fase autonómica do certame radiofónico O galego na onda.[37]

En 2011, gravouse unha longametraxe-documental no centro sobre o Modelo Burela, dirixido por Matías Nicieza, con guión do profesor Bernardo Penabade.[38][39] En 2022, o primeiro capítulo do documental Aquí medra a lingua o realizado polo Consello da Cultura Galega, está adicado ao Modelo Burela.[40][41]

O 14 de marzo de 2023, celebrouse na Biblioteca do IES Perdouro o I Día da Literatura Caboverdiana, coa lectura continuada do libro Chiquinho de Baltasar Lopes da Silva, escrita en crioulo caboverdiano. Na lectura participou boa parte do persoal do centro (docente e non docente, alumnado e familias), ademais de personalidades da cultura local, e da política como o Alcalde de Burela Alfredo Llano; ou o Diputado Nacional para a Diáspora de Cabo Verde, Francisco Pereira.[42][43][44]

O modelo recibiu varios premios:

  • 2015. Un dos seus traballos, Neofalantes iniciais: da alfabetización á fluidez comunicativa recibiu o premio de innovación educativa do Goberno galego.[45]
  • 2016. A Fundación Donostia recoñeceu ao Modelo Burela como unha das oito iniciativas galegas inspiradoras para outras comunidades lingüísticas.[46][47]

Outra iniciativa para favorecer a integración desta comunidade foi impartir clases para docentes sobre lingua e cultura de Cabo Verde.[50]

Actividades complementarias[editar | editar a fonte]

O alumnado do IES Perdouro participa de forma periódica en distintos torneos, como:

Galería de máquinas expostas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Oferta educativa do IES Perdouro". Web do IES Perdouro. Burela. 20 de novembro de 2021. Consultado o 17 de maio de 2022. 
  2. Delgado, Marina (9 de febreiro de 2012). "A Rula reabre con fuerza" [A Rula reabre con forza]. El Progreso (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2022. Os alumnos de 2º de Mecanizado do IES Perdouro de Burela elaboraron unha copia do Guernica mediante o gravado en control numérico. 
  3. González Rey, Ramón (21 de xuño de 2022). "Cinco centros ofertarán 69 nuevas plazas de FP Dual en A Mariña" [Cinco centros ofertarán 69 novas prazas de FP Dual na Mariña]. La Voz de Galicia (Ribadeo). Consultado o 21 de xuño de 2022. 
  4. Rey, Lucía (5 de outubro de 2021). "O IES Perdouro, de Burela, formará a 12 alumnos para que logren o B1 de portugués". La Voz de Galicia (Burela). Consultado o 16 de maio de 2022. 
  5. "María José Pardiñas: “Somos o único centro da Mariña que imparte o CUALE en portugués e para toda a comarca”". Xornal da Mariña (Burela). 23 de outubro de 2021. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Seijas Mourelo, Iria (alumna 4º ESO); Maseda Díaz, Jésica (alumna 4º Administrativo); Rivas Crecente, Mª Mar (alumna 4º Administrativo); Rey Neira, Raquel (alumna 1º Bach); Niñe Fernández, Antón (profesor de Relixión Católica) (1998). IES Perdouro, 20 anos de vida (PDF). Burela: Asociación Cultural "OS MATOS" (IES Perdouro). p. 75. ISBN 84-607-0096-8. 
  7. "Real Decreto 2045/1978, de 29 de xuño, polo que se crean Centros Nacionais de Formación Profesional nas localidades de Elx (Alacant); Lluchmayor (Baleares); Plasencia (Cáceres); Burela (Lugo); Carballiño e Ourense (Ourense); Salamanca, e transfórmanse as Seccións de Formación Profesional de primeiro grao de Almadén e Daimiel (Cidade Real); Palafrugell (Xirona); Lalín e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra); Castro Urdiales e Reinosa (Santander), e Mora de Toledo (Toledo).". Boletín Oficial del Estado. 30 de agosto de 1978. pp. 20317 a 20317 (1 páxina). Consultado o 22 de maio de 2022. 
  8. "Lei Orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.". Boletín Oficial del Estado. 4 de outubro de 1990. pp. 28927 a 28942 (16 páxinas). Consultado o 22 de maio de 2022. 
  9. C., M. (23 de xaneiro de 2016). "El IES Perdouro de Burela gana en capacidad para implantar la FP básica" [O IES Perdouro de Burela gaña en capacidade para implantar a FP básica]. La Voz de Galicia (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  10. Delgado, Marina (17 de xaneiro de 2013). "El cómic cobra vida en Burela" [A banda deseñada cobra vida en Burela]. El Progreso (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  11. "Grandes artistas de las viñetas". El Progreso (Burela). 30 de abril de 2013. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  12. Delgado, Marina (10 de marzo de 2014). "Bases do concurso do sexto encontro". Blogue "Encontros de Banda Deseñada da Mariña" (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  13. "Deberes que logran derechos en Burela" [Deberes que logran dereitos en Burela]. El Progreso (en castelán) (Burela). 20 de xuño de 2020. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  14. "Premio a la Solidaridad y a los Derechos Humanos" [Premio á Solidariedade y aos Dereitos Humanos]. Red Española Aprendizaje-Servicio (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  15. Carreira, Sara (2 de decembro de 2020). "Éxito televisivo e solidariedade do IES Perdouro no confinamento". La Voz de Galicia - Prensa Escuela. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  16. "El IES Perdouro elabora mil grullas de papel para solidarizarse con Japón" [O IES Perdouro elabora mil grúas de papel para solidariezarse co Xapón]. El Progreso (en castelán). 13 de abril de 2011. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  17. Ferreiro Maseda, Carmen (xaneiro de 2018). "Microrrede da Mariña: un proxecto colaborativo cara á sociedade do futuro" (75). ISSN 2171-6595. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  18. "Blogue Microrrede da Mariña". Consultado o 23 de maio de 2022. 
  19. "Viveiro acoge una nueva exposición de la red de bibliotecas escolares de A Mariña". Enfoques (en castelán). 2022-05-10. Consultado o 2023-02-24. 
  20. Cancelo: Gurriarán. CRTVG (Burela: Kaito Estudios). 17 de maio de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  21. "Revista Maruxía". Web do IES Perdouro. Burela. 28 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  22. Montes, Susana L. (17 de xuño de 2011). "Letras desde los pupitres" [Letras desde os pupitres]. El Progreso (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022. O IES Perdouro presentou onte o número 17 da súa revista Maruxía, na que se fai un repaso das actividades do curso. 
  23. "A asociación cultural Os Matos do IES Perdouro presentou a súa publicación anual Maruxía". Crónica3 (Burela). 26 de xuño de 2021. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  24. "Historia da Asociación Cultural Os Matos". Web do IES Perdouro. Burela. 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  25. "Os Matos premió en Burela a los mejores en damas, ajedrez, puzles, baloncesto y fútbol sala" [Os Matos premiou en Burela aos mellores en damas, xadrez, crebacabezas, baloncesto e fútbol sala]. La Voz de Galicia (en castelán) (Burela). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  26. Casal, Luis (9 de xaneiro de 2022). "Las 42 naciones de Burela, el puerto gallego con más extranjeros: "Son los que mejor están trabajando"" [A 42 nacións de Burela, o porto galego con máis estranxeiros: "Son os que mellor están traballando"]. El Español (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  27. Cerra, María José (11 de outubro de 2017). "‘Modelo Burela’ pide apoyo para sobrevivir" [‘Modelo Burela’ pide apoio para sobrevivir]. Cadena SER (en castelán) (Viveiro). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2022. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  28. Montenegro, Eva (27 de xaneiro de 2010). "El proyecto «Modelo Burela, en galego» interesa en Vigo e incluso en Madrid" [O proxecto «Modelo Burela, en galego» interesa en Vigo e mesmo en Madrid]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  29. Rey, Carlos (18 de maio de 2019). "Burela (Lugo), una Torre de Babel mirando al Cantábrico" [Burela (Lugo), unha Torre de Babel mirando ao Cantábrico]. Agencia EFE (en castelán) (Burela). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  30. Penabade Rei, Bernardo (16 de febreiro de 2018). "A Dádiva da Vida : Grandes Vozes do Nosso Mundo". PGL.gal (en portugués). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  31. Mandiá, Diana (8 de marzo de 2012). "Un micro para el ‘neofalante’" [Un micro para o ‘neofalante’]. El País (en castelán) (Burela). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  32. Penabade, Bernardo (20 de outubro de 2017). "The Neo Project: An Educational Radio Program to Promote Social Cohesion" [O Proxecto Neo: un programa de radio educativo para promover a cohesión social]. En DePalma, R.; Pérez-Caramés, A. Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super-diversity. Migration, Minorities and Modernity [Migracións galegas: un caso de estudo de superdiversidade emerxente. Migración, minorías e modernidad] (en inglés) 3. ISBN 978-3-319-66304-3. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  33. Rey, Lucía (11 de maio de 2018). "Profesores nativos se ofrecen para «tirar» de los jóvenes caboverdianos" [Profesores nativos ofrécense para «tirar» dos novos caboverdianos]. La Voz de Galicia (en castelán) (Viveiro). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  34. Rey, Lucía (19 de xuño de 2018). "Solicitan al Gobierno de Cabo Verde que ayude a su comunidad en Burela" [Solicitan ao Goberno de Cabo Verde que axude á súa comunidade en Burela]. La Voz de Galicia (en castelán) (Viveiro). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  35. Mariño, Moncho (30 de xaneiro de 2022). "Bernardo Penabade, Proxecto Neo: “Somos o resultado dun enfoque que é a pedagoxía comunicativa”". Xornal da Mariña. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  36. "Un traballo do IES Perdouro gaña o Concurso de Educación Sen Fronteiras". Crónica3. 13 de febrero de 2015. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  37. "O IES Perdouro gaña a fase autonómica do certame radiofónico ‘O galego na Onda’". Crónica3 (Santiago de Compostela). 27 de febrero de 2015. Consultado o 25 de maio de 2022. 
  38. Modelo Burela (longametraxe-documental). YouTube (Burela: IES Perdouro). 4 de febreiro de 2011. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  39. Salgado, Daniel (8 de marzo de 2009). "Las tres lenguas de Burela" [As tres linguas de Burela]. El País (en castelán) (Santiago). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  40. 'Modelo Burela' no IES Perdouro (Burela). Web serie 'Aquí medra a lingua' (1x01). YouTube (Burela: Consello de Cultura Galega). 21 de marzo de 2022. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  41. Montero, Luis (21 de marzo de 2022). "A realidade do galego na escola co proxecto ‘Aquí medra a lingua’". El Correo Gallego (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  42. "Burela celebra o 1º Dia da Literatura Cabo-Verdiana". PGL (en portugués). 13 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023. 
  43. "Burela celebrou o primeiro 'Día da Literatura Cabo-Verdiana' a través da lectura pública de 'Chiquinho' por máis de 200 persoas". Praza Pública (en gallego). 15 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023. 
  44. "Cabo-verdianos em Burela (Espanha) continuam a queixar-se do problema de documentação". PGL (en portugués). 12 de marzo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023. 
  45. "Novo premio en innovación educativa para o IES Perdouro de Burela". La Voz de Galicia (Burela). 1 de maio de 2015. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  46. "Oito iniciativas galegas, "inspiradoras" para outras comunidades lingüísticas". Praza Pública (Burela). 8 de abril de 2016. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  47. "Recoñecemento internacional para un exemplo de integración lingüística: o Modelo Burela". Galicia Confidencial (Burela). 8 de abril de 2016. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  48. Rey, Lucía (1 de xullo de 2019). "Un curso para que maestros y profesores «hablen» con los alumnos de Cabo Verde" [Un curso para que mestres e profesores «falen» cos alumnos de Cabo Verde]. La Voz de Galicia (en castelán) (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022. O proxecto Modelo Burela, galardoado co Premio Mil Primaveras 
  49. Gómez Lourido, Vanesa (28 de xuño de 2019). "O Modelo Burela, Premio Mil Primaveras pola súa promoción da lingua". Xornal da Mariña (Burela). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  50. Rey, Lucía (4 de decembro de 2019). "Lecciones para la integración: profesores de Burela asisten a clases sobre Cabo Verde" [Leccións para a integración: profesores de Burela asisten a clases sobre Cabo Verde]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  51. López, Susana (24 de abril de 2022). "Equipo ganador con el verde" [Equipo ganador co verde]. El Progreso (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022. 
  52. "Foz acoge hoy pruebas de la Olimpiada Galega de Química para alumnos de ESO" [Foz acolle hoxe probas da Olimpíada Galega de Química para alumnos da ESO]. La Voz de Galicia (en castelán). 23 de abril de 2010. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  53. Montes, Susana L. (19 de maio de 2017). "Daniel Piqueras Valle, del IES Perdouro de Burela, tercero en la Olimpiada Matemática Galega" [Daniel Piqueras Valle, do IES Perdouro de Burela, terceiro na Olimpíada Matemática Galega]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  54. Montes, Susana L. (21 de xaneiro de 2012). "Una buena marca" [Unha boa marca]. El Progreso (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  55. Bouza, Lupe F. (28 de marzo de 2014). "En busca de la motivación" [En busca da motivación]. El Progreso (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. O IES Perdouro de Burela resultou gañador este ano do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014, convocado pola Consellería de Educación, na categoría de educación secundaria e bacharelato, formación profesional o ensinos especiais. 
  56. Albo, Miguel (25 de febreiro de 2021). "Yorel Ladra: "Conto a historia dun rapaz que sofre no paso do cole ao instituto"". El Progreso. Consultado o 23 de maio de 2022. 
  57. G., Y. (19 de febreiro de 2021). "Premiado el relato que Yorel Ladra, alumno del Perdouro, escribió sobre el fracaso escolar" [Premiado o relato que Yorel Ladra, alumno do Perdouro, escribiu sobre o fracaso escolar]. La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2022. 
  58. F.B., L. (31 de maio de 2022). "El IES Perdouro de Burela logra un premio del programa Segura-Mente" [O IES Perdouro de Burela logra un premio do programa Segura-Mente]. El Progreso (en castelán) (A Mariña). Consultado o 20 de xuño de 2022. 
  59. "O IES Perdouro de Burela recibe o 2º premio a nivel autonómico en Generación Eco". Crónica3 (Burela). 29 de xuño de 2022. Consultado o 30 de xuño de 2022. 
  60. "O IES Perdouro participou en Generación Eco, programa de Ecovidrio para fomentar a sustentabilidade". Xornal da Mariña (Burela). 29 de xuño de 2022. Consultado o 30 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]