Erupción volcánica de La Palma de 2021

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 28°36′46″N 17°51′58″O / 28.612777777778, -17.866111111111

A erupción volcánica ao amencer do 20 de setembro de 2021.

A erupción volcánica de La Palma de 2021 iniciouse ás 14:12 (UTC) do 19 de setembro de 2021 na zona de Las Manchas, na illa de La Palma en Canarias (España). Trátase da última erupción da illa logo da erupción de Teneguía de 1971 e a última producida no arquipélago canario dende a erupción submarina de El Hierro de 2011.[1][2]

Xeoloxía da illa[editar | editar a fonte]

A illa de La Palma, na parte sur da mesma estase a producir a erupción volcánica.

Como o resto de illas do arquipélago canario, a illa de La Palma é de orixe volcánica. A illa comezou a formarse baixo o mar hai catro millóns de anos e foi medrando co pulo das erupcións volcánicas. Na actualidade La Palma nace a 3 000 metros baixo o mar e elévase ata o 2 426 m sobre o nivel do mar en Roque de los Muchachos.[3][4][5]

Segundo o Instituto Xeolóxico de España, cando a illa emerxeu "eleváronse enormes megavolcáns", e as primeiras emisións subaéreas corresponderían a un gran volcán denominado Garafía, que na actualidade permanece oculto a causa das fases volcánicas posteriores. As emisións do Garafía foron maioritariamente basálticas e contribuíron a que a illa gañara terreo, cunhas lavas cuantificadas polo Instituto Xeolóxigo de España de 400 metros de espesor e un diámetro de 23 km.[5][4]

A illa ten dous dominios volcánicos diferenciados: o norte de forma redondeada, coñecida como o dominio de Taburiente, e o dominio Dorsal, que se expande dende Taburiente ata o extremo sur da illa.[5] É precisamente a parte sur da illa na que o magma provoca a súa expansión, e na que xurdiron todos os volcáns durante os últimos séculos.[3]

Nome[editar | editar a fonte]

Dende os primeiros días da erupción existiu un debate en torno a como denominar o novo volcán, xurdindo numerosos nomes como Fátima, Cumbre Nueva, Jedey, Tacande etc.[6] Se ben os volcáns son clasificados polas súas características ou tipo de erupcións, os nomes de cada volcán adoita ser local e non hai un mecanismo científico de nomenclatura.[7]

O nome co que inicialmente a poboación, o mundo do xornalismo e o da ciencia se referiron ao volcán de La Palma está relacionado co lugar no que xurdiu, en Cumbre Vieja, atravesado polo camiño de Cabeza de Vaca, polo que o profesor da Universidade de Las Palmas Francisco José Pérez Torrado "... pola zona na que saíu podería ser Cabeza de Vaca". Tamén chegouse propoñer que fora a propia poboación insular a que puxera nome ao novo volcán.[7]

O xeólogo e paleontólogo tinerfeño Francisco García-Talavera expuxo en Twitter a opción de nomear o novo volcán cun nome guanche, aludindo tamén á práctica de nomear os volcáns en relación co lugar no que saíron, sinalando que:[7]

... xa que as erupcións anteriores, como a do Teneguía, teñen nome guanche, propoño que se lle poña un guanche e ese debe ser Jedey. (...) coincide coa zona onde aflorou o volcán".[a]

Pola súa banda, o doutor en arqueoloxía e xefe da Unidade de Patrimonio Histórico do Cabildo de La Palma, Jorge Pais, manifestou o seu desacordo co nome proposto por García-Talavera ao coincidir cun barrio situado entre El Paso e Los Llanos de Aridane, situado máis ao sur da erupción, e que podería levar a confusión. Pais sinalou igualmente un nome guanche para o novo volcán, Tacande. Para Pais este sería o topónimo máis axeitado ao tratarse dunha "voz indíxena que, ademais, fai referencia á zona onde se produciu o nacemento". Engade que as fontes etnohistóricas:[6]

... falan da erupción do Tacande referida á erupción do volcán, coñecido na época histórica como Montaña Quemada, situado ao leste da Montaña de Enrique (Llano del Jable, El Paso). Este é o topónimo que perdurou ata os nosos días. Polo tanto, non haberá confusión en chamar a este novo Tacande, posto que deixou de chamarse así fóra dos textos dos cronistas da conquista. Este volcán rebentou sobre 1470, pouco antes da conquista de Benahoare. O topónimo Tacande significa, precisamente, montaña ou terra queimada.

Con todo, Pais tamén daría por válidos outros nomes relacionados coa toponimia da zona, como Cabeza de Vaca ou Los Pelados.[6]

O martes 13 de outubro, o Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcán) propuxo o nome Tajogaite para o volcán. O motivo da escolla segundo a institución sería o legado aborixe, xa que esa tería sido a denominación coa que as primeiras persoas que poboaron a illa, os beneahoritas, designaban á montaña.[8]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Erupcións rexistradas en La Palma[editar | editar a fonte]

La Palma é a illa do arquipélago canario que máis actividade volcánica tivo dende o século XV. Ata a erupción de 2021, a illa de La Palma ten rexistrado sete erupcións volcánicas segundo o Instituto Xeolóxico Nacional (IXN).[9]

A primeira delas foi datada de xeito impreciso entre 1430 e 1440, e tivo lugar no volcán Tacande ou Montaña Quemada sen casar danos. Algo máis dún século despois, o 19 de maio de 1585 entrou en erupción o Tehuya logo dunha intensa actividade sísmica. A actividade no Tehuya prolongouse ata o 10 de agosto do mesmo ano e provocou a destrución de cultivos.[9]

Xa no século XVII produucíronse varias erupcións. Na primeira delas o volcán Martín afectou aos campos de Tigalete e Fuencaliente entre os días 2 de outubro e 21 de decembro de 1646. Posteriormente a erupción do volcán San Antonio entre os días 12 de novembro de 1667 e 21 de xaneiro de 1678 provocou a morte de catro persoas, así como danos en vivendas, cultivos e gando. No século XVIII, entre o 9 de outubro e o 3 de decembro de 1712, tivo lugar a erupción do volcán El Charco.[9]

O volcán de San Juán e o Teneguía foron as dúas últimas erupcións volcánicas rexistradas na illa, ambas no século XX.

O 24 de xuño de 1949 producíase unha nova erupción volcánica na illa de La Palma logo de 237 anos de calma despois da erupción de El Charco. A actividade volcánica prolongouse ata o 4 de agosto, un total de 42 días nos que a lava e os sismos destruíron campos de cultivo vivendas, o que motivou a migración cara a Venezuela de moitas persoas que perderan todo na catástrofe. A chegada da lava ao mar creou unha plataforma costeira de 6 por 3,5 quilómetros que posteriormente pasou a ser empregada para o cultivo.[9][10]

A última erupción volcánica rexistrada na illa de La Palma producírase en 1971, coa erupción do Teneguía o 26 de outubro de 1971, e que se prolongou ata o 18 de novembro dese mesmo ano. Nesa ocasión, debido á situación do Teneguía no sur da illa, á beira do mar, a lava vertese case na súa totalidade ao mar, provocando o crecemento da illa nos dous millóns de metros cadrados.[11]

Actividade sísmica recente[editar | editar a fonte]

Dende a erupción do Teneguía o subsolo da illa mantivérase sen actividade ata 2017, momento no que se iniciou a actividade sísmica con repeticións constantes pequenos sismos na zona de Cumbre Vieja, que culminou coa erupción en 2021.[12] O ano seguinte rexistráronse na illa case 1 000 terremotos a algo máis de 25 quilómetros de profundidade que deron paso a un período de escasa sismicidade.[5]

Xa no ano 2021, o 25 de xuño rexistráronse un total de 80 terremotos de pequena magnitude a unha profundidade de entre 18 e 34 quilómetros entre as 7:19 e as 18:09 (UTC), e localizados fundamentalmente pa zona sur de La Palma. O maior destes sismos foi de magnitude 2,2 na escala mbLg.[13]

Sismos previos á erupción rexistrados na área.

O 9 de setembro de 2021 comezaron a rexistrarse unha serie de sismos de baixa intensidade, denominados enxame sísmico, en Fuencaliente e Mazo, ambos na parte sur da illa de La Palma. Os tremores, de magnitudes que oscilaron entre 0,8 e 2 na escala mbLg, rexistráronse a unha profundidade de entre 5 e 13 quilómetros. Entre ese día e o domingo 12 de setembro a Rede de Vixilancia do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) na illa rexistrou 31 sismos.[13]

O luns 13 acadáronse os 1 500 movementos sísmicos na zona de Cumbre Vieja, nos municipios de Fuencaliente, Mazo e El Paso, o que levou a activar o mércores 15 a alerta da cor amarela (nivel de alerta 2 nunha escala de 4) no Plano Especial de Protección Civil e Atención a Emerxencias por Risco Volcánico (Pevolca), por parte do Goberno das Canarias.[14]

O día 16 o número de pequenos sismos elevárase xa ata máis de 4 200, que viñeron acompañados dunha deformación do terreo, o que indicou que baixo o solo había magma inquedo, mais sen dar sinais claros dunha erupción inminente.[12]

Erupción[editar | editar a fonte]

Primeira semana[editar | editar a fonte]

19 de setembro
Persoas contemplando a erupción na distancia.

O día 19 de setembro rexistráronse 327 terremotos, salientando un de 3,8 mbLg que tivo lugar ás 11:16 (hora local), amplamente sentido na illa e cunha profundidade de 2 km. Pouco despois produciuse un de 4,2 na escala de Richter. Dende o inicio da actividade sísmica constatouse que a deformación da illa debida á presión que o magma exerce sobre a codia terrestre fixera elevarse a zona da posible erupción en torno a 15 centímetros.[15]

Malia a esta situación decidiuse non aumentar as medidas de precaución e só se decidiu por parte do Cabildo de La Palma comezar a evacuación de canto menos 40 persoas con mobilidade reducida e parte do gando presente na zona.[16][17]

O volcán nos segundo día de erupción.

Ese mesmo día, 19 de setembro, ás 15:12 (hora local)[b] entrou en erupción o volcán en Montaña Rajada, no municipio de El Paso. A erupción estivo precedida por un pequeno terremoto e unha grande explosión que deu paso a unha gran columna de fume e a expulsión de piroclastos.[2] Inicialmente a erupción tiña dúas fisuras separadas 200 metros e dúas bocas polas que saía lava, que posteriormente se converteron en sete, e logo en oito.[2][18] Ás 17:00 (hora local) o nivel de emerxencia subiu ao nivel vermello, afectando aos municipios de Tazacorte, El Paso, Fuencaliente, Mazo e Los Llanos de Aridane, que reúnen unha poboación dunhas 35 000 persoas.[2]

20 de setembro

O día 20 de setembro a velocidade da lava no seu curso cara ao mar chegou a 700 metros por hora, polo que se pensou inicialmente que a lingua de lava podería chegar ao mar ese mesmo día. Nas primeiras 24 horas o volcán emitira máis de 20 000 toneladas de dióxido de xofre, se ben a ausencia de vento fixo posible manter a actividade aeroportuaria da illa.[19] Esa mesma tarde xurdiu unha nova boca que se abriu en dirección norte, obrigando a evacuar á poboación da zona de Tacande, unha poboación de 704 habitantes pertencente ao municipio de El Paso. Con todo, o movemento do fluxo de lava ralentizouse e a lava non chegou finalmente ao mar nese día.[20] Durante o día a lava chegou á principal área pesqueira da illa, Tazacorte, no seu curso cara ao mar que discorre precisamente entre Tazacorte e a zona de La Bombilla.[21]

21 de setembro

O 21 de setembro Involcan deu a coñecer a composición dunha primeira mostra de lava, que contería fenocristais de plaxioclasa e piroxeno.[22] Ese mesmo día o oeste da illa pasou a ser considerado "zona catastrófica".[23] En torno ás 14:00 horas a colada principal de lava chegou á localidade de Todoque, a máis poboada da zona afectada con 1 200 habitantes, a unha velocidade duns 120 metros por hora. Neses momentos a lava avanzaba por dúas linguas, unha das cales, a situada ao suroeste, en Las Manchas, tiña «un movemento mínimo», apenas uns dous metros por hora, mentres que a segunda, alimentada pola nova boca foi a que alcanzou Todoque. A lava desta segunda boca é máis fluída e móvese por riba da colada do cono principal, polo que avanza con maior facilidade. Nesa data a deformación acumulada nas proximidades á zona de erupción era de 25 centímetros[24]

Sobreposición da área cuberta polo río de lava nos días 20, 21, 22 e 23. Captado polos satélites do programa Copernicus.
22 de setembro

Ás 8:14 do mércores 22 a área afectada pola erupción aumentara nun 50% respecto da medición das 19:50 do día anterior, e na mañá dese mesmo día deixara 153 hectárea de terreo baixo as pedras, o lume e as cinzas, de acordo cos cálculos do Instituto Volcanolóxico de Canarias. O avance da lava cara ao mar calculouse nesa mañá en 200 metros por hora, mentres que a deformación do solo na área da erupción ascendera ata os 28 centímetros. Daquela os expertos calculaban que a situación poderíase prolongar uns 55 días, e as medicións de dióxido de xofre revelaban que cada día o volcán emitían á atmosfera entre 6 140 e 11 500 toneladas deste gas á atmosfera.[25] Ao longo do día, o director técnico do Pevolca, Miguel Ángel Morcuende, falou de período de "mini estabilidade" e aínda que o volcán estaba a ser "bastante explosivo", as coladas de lava ralentizáranse e avanzaban con moita lentitude, a uns catro metros por hora. Ao mesmo tempo confirmou que existían nove bocas, tendo catro activas nunha soa fisura.[26]

24 de setembro

O 24 de setembro abríronse dúas bocas máis, creando dúas coladas que se desprazaban ladeira abaixo a unha velocidade en torno aos 60-80 metros por hora. Pouco máis tarde decretouse a evacuación das poboacións de Tajuya, Tacande de Abajo e a parte de Tacande de Arriba non desaloxada anteriormente. Ademais intensificouse a actividade explosiva e a emisión de cinzas, provocando a suspensión de todas as operacións comerciais no Aeroporto de La Palma e do da Gomera debido á presenza destas partículas no aire e a pouca visibilidade que produciu.[27]

25 de setembro

Durante a mañá do sábado 25 de setembro abriu unha nova boca eruptiva ao oeste do foco principal, co que pasaron a ser catro bocas. A abertura desta nova boca aumentou o risco de derrubamento do cono volcánico, ben de xeito total ou parcial. Do mesmo xeito, a nube de cinza e pedras aumentou, obrigando ao peche aéreo da illa por motivos de seguridade. As autoridades recomendaron á poboación que non saíra das súas casas e, no caso de facelo, empregar elementos de protección para os ollos e máscara.[28]

A parte occidental do cono principal de cinzas volcánicas sufriu un desmoronamento. A colada de lava que aparecera o venres, máis fluída e rápida que as primeiras da erupción, discorría sobre a que saíra nos días anteriores. A corrente orixinal de lava, con todo, seguía a avanzar, aínda que de xeito moi lento, a poucos metros por hora. A escasa velocidade debíase ao aumento da viscosidade nas partes inferiores a causa da diminución da temperatura da lava, o que provocou un aumento na altura da colada.[29]

O ramal da colada que estaba en Todoque avanzo pouco. A deformación do terreo non variou moito nos últimos tres días, xa que o material que estaba a entrar na cámara magmática estaba sendo compensado polo que estaba sendo expulsado. Ata ese día foran expulsados pouco máis de 25 millóns de metros cúbicos de magma.[29]

A columna de fume e cinzas volcánicas elevouse a unha altura de seis quilómetros, coa cinza alcanzando toda a illa de la Palma, e parte de La Gomera, mantendo o Aeroporto de La Palma inoperante. Os operadores marítimos reforzaron as súas liñas cara á illa de La Palma, producíndose, con todo, grandes filas de pasaxeiros no porto de Santa Cruz.[30]

Segunda semana[editar | editar a fonte]

26 de setembro

Ás 17:55 do 26 de setembro, unha das coladas de lava provocou o colapso da igrexa de San Pio X, no centro urbano de Todoque, símbolo dela comunidade. O acontecemento foi retransmitido en directo pola Radio Televisión Canaria, que acompañaba o avance rápido do río de lava.[31] A lava destruíu ademais o centro de saúde e o recinto da Asociación de Veciños. O 21 de setembro, funcionarios do municipio cargaran en camións todo o mobiliario que puideron retirar do interior da igrexa parroquial de San Pio X, incluíndo as imaxes, crucifixos, candelabros e cadros.[32]

Segundo Miguel Ángel Morcuende, Director Técnico do Plano Especial de Protección Civil e Atención de Emerxencias por Risco Volcánico das Canarias (Pevolca), cerca das 19:00 o principal río de lava superou a estrada LP-213, á altura de Todoque, encontrándose a cerca de 150 metros ao oeste do núcleo de poboación. Ás 20:15, a fronte da colada encontrábase a cerca de 1 600 metros da costa, en liña recta, en dirección Nordeste, rodeando a montaña de Todoque. A situación do avance rápido da colada non xerou novos desaloxos, unha vez que a dirección da colada se mantivo dentro da zona de exclusión establecida, na que toda a poboación fora evacuada. A lava proseguiu o curso da colada principal, cunha velocidade próxima aos 100 metros por hora, debido á temperatura máis alta ao emanar dunha profundidade maior do volcán - cerca de dez quilómetros - facendo que aumente a súa fluidez. A fronte da lingua estaba a ser empurrada por nova lava, de xeito que aínda que a fronte de lava ía arrefriando, o seu interior continuaba a estar a unha temperatura moi elevada, preto de 1 200 graos, facéndoa máis fluída. A altura media da colada na súa fronte variaba entre os catro e os seis metros, cunha largura máxima de 600 metros.[33]

Coa inminencia da chegada da lava ao mar, na zona costeira de Tazacorte, e na previsión de posibles emanacións de gases nocivos para a saúde, a Pevolca ordenou o confinamento dos barrios de San Borondón, Marina Alta, Marina Baja e La Condesa, tendo a poboación que permanecer nos seus domicilios con portas e ventás pechadas, ata a reavaliación da situación na mañá seguinte.[34]

27 de setembro

Logo dunha noite de grande actividade explosiva, en torno ás 8:30 a actividade cesou subitamente durante aproximadamente dúas horas, retomando de seguido. Durante a calma a actividade sísmica diminuíu, cos enxames sísmicos desprazándose en dirección ao sur da illa, a profundidades próximas aos 10 quilómetros, nunha localización semellante aos movementos que se detectaran unha semana antes da erupción, con 16 sismos localizados na zona norte de Fuencaliente de La Palma.[35][36] Os peritos que monitorizaban a erupción clasificaron a parada da actividade como un “proceso normal” neste tipo de erupcións fisurais estrombolianas, nas cales se alternan continuidades e descontinuidades.[37] Segundo María José Blanco, directora do Instituto Xeográfico Nacional nas Canarias, este comportamento do volcán pode deberse a unha mudanza no condutor que o alimenta, levando a unha diminución do contido gasoso e a unha menor achega de material dispoñible, podendo ser retomado en calquera momento, como efectivamente aconteceu. Non foi a primeira vez na historia do arquipélago ne que un volcán parou e volveu entrar en erupción uns días despois, mesmo nun punto máis distante. O precedente máis inmediato foi o volcán de San Juan, na mesma illa, en 1949.[36]

Co restablecemento da actividade o volcán entrou nunha nova fase, volvendo xerar grandes explosións de tipo estromboliano, e formando unha grande colada de lava que descendeu dende o cono principal polo camiño aberto polas anteriores. A finais do día 27, sen contar coa gran cantidade de lava expulsada esa noite, a erupción xa superara en tan só sete días a última ocorrida en La Palma, a do Teneguía, en 1971, con 46,3 millóns de metros cúbicos de materiais expulsados nunha semana, mentres que o Teneguía expulsou 43 millóns en 24 días. Ao longo deste día, a lava cubriu 237,5 hectáreas, 27,5 máis que o día anterior en só 24 horas.[36]

A Capitanía Marítima de Santa Cruz de Tenerife, por recomendación do Pevolca, decidiu trasladar a zona de exclusión de navegación cara o norte, debido ao risco da caída no mar de lava do novo volcán, pasando a comprender desde La Bombilla ata 0,2 millas ao sur do porto de Tazacorte, estando tamén restrinxida a manobra de entrada e saída de barcos no porto na zona do final do dique, prevéndose o peche do porto se a lava chegada ao mar a menos de 1,2 millas da entrada.[38]

Ao final do día, estimábase que faltarían 1 200 metros para que a lava chegase á costa. A calidade do aire continuaba a ser boa, descartándose a aparición de chuvias ácidas nas seguintes 24 horas.[36]

Segundo David Calvo, portavoz do Instituto Vulcanolóxico de Canarias (Involcan), o novo volcán de La Palma entrou nunha fase efusiva, con menos explosións e menos protagonismo do cono principal. A nova lava era entón do tipo hawaiano, máis fluída e con maior capacidade de desprazamento, sendo emitida por un cráter pequeno, fora do cono principal, a partir dunha boca que emitía menos cinza e menos piroclastos que o centro emisor principal. Aínda que a penas forma o seu propio cono, emite un fluxo "impresionante" de lava. Esta boca sempre emitiu lava máis fluída, tendo o fluxo aumentado consideravelmente ao final da tarde do día 27. A maior fluidez desta lava permite unha maior capacidade de movemento e ocupación de terreo, non formando as "paredes" da colada anterior, correndo sobre as coladas anteriores.[39]

Entre as 8:00 da mañá e as 20.00 horas da tarde, o volcán tivo unha actividade máis lixeira, confirmado pola cantidade de anhídrido sulfuroso emitido, moi baixa en relación aos outros días, alcanzando a crista máis 4 000 metros. En total, o volcán emitiu 10 millóns de metros cúbicos de produtos volcánicos. Entre as 8:00 e as 18:00 horas rexistrouse un descenso brusco da sismicidade. Logo das 18:15 produciuse a expulsión de vapor de auga e a emisión de cinzas, e logo das 19:15, a emisión de coladas polo flanco norte, con emisión significativa de lava.[40]

A morfoloxía do cono volcánico alterouse. A sismicidade continuaba a 10 quilómetros de profundidade, no lugar onde estaba ao redor do 11 de setembro, e os sismo seguíanse producindo en torno ao centro de emisión. A emisión de dióxido de xofre baixou, encontrándose nas 567 tm diarias, e coas cincas chegando ata os 5 500 metros de altitude.[40]

28 de setembro

En consecuencia do aumento da actividade eruptiva explosiva, o Instituto Xeográfico Nacional (IXN) emitiu durante a mañá un novo aviso VONA (Volcano Observatory Notice for Aviation) para a aviación civil, debido ao aumento da emisión de cinzas, así como o aumento da altura das mesmas, que alcanzou os 7 000 metros.[41] A compañía aérea canaria Binter cancelou os voos programados para e de La Palma ata as 13:00 horas do día 28, debido á nube de cinzas provocada pola erupción do volcán.[42]

Segundo Miguel Ángel Morcuende, diretor técnico do Pevolca, o magma expelido tiña nese momento a súa orixe en cámaras inferiores, sendo, por iso, máis fluído. O centro emisor de lava encontrábase por baixo do cráter, a 900 metros por riba do nivel do mar, con pendentes moi elevadas. A calor e as pendentes elevadas facían que a lava avanzara a unha velocidade de arredor dos 300 metros por hora. Nos estadios iniciais a colada avanzaba moi rápido, mais a medida que avanzaba, arrefriaba e encontraba obstáculos e acababa por saír da «vía rápida» sobre a cal se deslizaba inicialmente, freando e causando un alargamento da propia colada. O fluxo que avanzaba neste punto é o que tiña a súa orixe no flanco norte do volcán, correndo sobre coladas anteriores, o que permite un avance máis rápido.[40]

300 persoas encontrábanse nese momento en confinamento en catro localidades de Tazacorte, debido´á probabilidade da produción de ácido clorhídrico cando a lava chegara á auga do mar.[40]

Cerca das 13:00, a lava encontrábase á altura do camiño do Plantillo, nunha zona de bananeiras, xerando unha pequena nube tóxica debido á queima do plástico de invernadoiros e fertilizantes explosivos. A nube contiña elementos tóxicos, como amoníaco e cloruro de boro, que incidían nun raio pequeno dentro da zona de exclusión, que con todo, se foran diluíndo. Todas as vivendas dentro dun raio de cinco quilómetros estaban de sobreaviso, debido ao perigo de explosións e quebra de vidros.[40]

O IXN localizou seis sismos na zona afectada pola reactivación volcánica, cunha magnitude máxima rexistrada de 2,9 (mbLg) nun movemento sísmico a 10 quilómetros de profundidade. A amplitude media dos sismos volcánicos mantívose en valores moi baixos para esta erupción ata as 15:00, e practicamente nulos entre as 15:00 e as 17:00. A partir dese momento comezou a aumentar de forma considerable, ata acadar unha faixa de valores medios ás 19.00 horas, estabilizándose dende entón. A rede de estacións permanentes GNSS da illa mostraba estabilidade nas deformacións.[41] Ao longo do día, rexistráronse dous sismos de 3 graos, e sete de magnitude superior, continuando a sismicidade en cotas máis superficiais, aínda que con menor incidencia.[43]

A lava rodeou a montaña de Todoque, último gran obstáculo no seu camiño cara ao mar, en torno as 20:00 h.

Cerca das 20:00 a lava rodeou a montaña de Todoque polo sul, seguindo en dirección á costa de Tazacorte, tendo xa cruzado a Estrada da Costa, e sendo visible dende o mar. A destrución ocorre tivo lugar principalmente nas plantacións de plátanos localizadas na zona, último obstáculo antes da costa marítima.[44]

En torno ás 23:00, o fluxo de lava chegou á liña de costa, logo de acelerar a velocidade nas tres horas anteriores, sen outro obstáculo que as plantacións de plátanos, xerando unha gran columna de fume branco e negro ao chegar ao Océano Atlántico. O contacto co mar tivo lugar en Los Palacios, na praia de La Galeria, unha pequena enseada ao norte da praia de Los Guirres. O contacto da lava coa auga foi recollido en imaxes polo barco do navío oceanográfico Ramón Margalef, así como pola xornalista da televisión canaria no programa 'Una Hora menos'.[45] A lava caeu en cascada por un cantil de 100 metros de altura, formando unha columna de 50 metros de alto, equivalente a un edificio de 15 andares, ao arrefriar rapidamente, logo do contacto coa auga.[46]

29 de setembro

No 11º día da erupción, segundo os responsables do Pevolca, a erupción non se encontraba estabilizada, cunha dinámica que escapaba ao control e en constante monitorización.[43] De acordo con María José Blanco, directora do IXN nas Canarias, a erupción fisural continuaba a presentar un mecanismo estromboliano efusivo, mentres que o fluxo de lava, logo de superar a montaña Todoque, entrou no mar cerca da praia de Los Guirres.[47] En poucas horas, a lava amontoouse na base do cantil, formando un cono. A inclinación suavizouse, sobre a cal caía tranquilamente unha cascada de lava sobre o mar, formando un gran delta lávico que se expandía continuamente en dirección ao sur e ao oeste, con máis de 500 metros de largo.[43][47][48]

O contacto entre a lava e o mar formaba continuamente unha nube de gases tóxicos, limitada á zona de contacto co mar e disipándose rapidamente, coa axuda do vento forte.[49] A poboación non foi afectada máis aló dos confinamentos impostos anterioriormente en catro bairros de Tazacorte, manténdose a zona de exclusión marítima de dúas millas.[43] Observouse unha decoloración do océano, que se une a áreas en azul turquesa e outras castañas, sobre todo na zona próxima á lava.[47] As alteración de cor da auga en torno á colada débense ao material volcánico, como se observou anteriormente no volcán Tagoro de El Hierro.[46]

O proceso eruptivo continuou, cos restantes ríos de lava inactivos.[43] O primeiro fluxo mantíñase practicamente paralizado no núcleo de Todoque, con alturas que superaban os 10 metros de altura.[46] Esperábase que a actividade estromboliana continuara, podendo darse a modificación do cono volcánico. A altura da columna de fume chegou aos 3 500 metros de altitude. Na área próxima ao centro de erupción predominaban as brisas, e esperábase que a nube de cinzas e dióxido de xofre se desprazaran cara o noroeste do volcán, chegando a El Hierro pola tarde ou noite.[43]

Coa mellora das condicións meteorolóxicas no aeroporto retomáronse as conexións aéreas con La Palma,[43] incluíndo a compaía aérea canaria Binter.[47]

Na zona de inicio do 11 de setembro, a sismicidade mantíñase estable a 10 quilómetros de profundidade. As deformacións na compoñente horizontal continuaban cara o sur e o oeste, e seguían a crecer na vertical. En total emitíranse 10 757 toneladas de gases dende o inicio da erupción. As áreas de exclusión continuaban dentro dos 2,5 quilómetros desde o centro de emisión, co fin de minimizar o impacto de piroclastos e gases, aconsellándose ás persoas a que permaneceran afastadas das ventás nun raio de 5 quilómetros, debido ao perigo de posibles explosións.[46] A calidade do aire seguía a ser boa, aínda que recomendouse a utilización de máscaras nas zonas de deposición de cinzas.[43]

Logo do anoitecer, María José Blanco advertiu de que a calidade do aire superara o nivel diario de máis de 50 microgramos por metro cúbico na estación móbil de Los Llanos, un nivel de alerta que, aínda que dentro dos límites estabelecidos pola normativa, requiría vixilancia e precaución.[46] Na estación de Tazacorte a media diaria de dióxido de xofre foi de 219 microgramos por metro cúbico, sendo o máximo 125. Entre as 7 e as 10 da mañá alcanzouse un valor de 350, o triplo do máximo estabelecido. En Los Llanos, a media foi de 198 microgramos por metro cúbico, rexistrando os índices máis altos entre as dúas e as catro da tarde. En ningunha das estacións se detectou sulfuro de hidróxeno. Segundo Blanco, a relación de dióxido de carbono e dióxido de xofre na crista suxire que a lava proviña dun sistema magmático profundo.[50]

Mapa
O río de lava nos días 26, 27, 28 e 29
30 de setembro

Durante a mañá constatouse a existencia dun campo fumarólico no flanco nordeste. O proceso eruptivo continuou a súa actividade, na que a lava seguiu de xeito relativamente estable pola colada principal, fluíndo cara ao mar nun caudal continuo, desbordando nalgúns puntos, mentres que os outros fluxos permaneceían practicamente inativos. A sismicidade mantívose na mesma zona dos días anteriores, a profundidades de máis de dez quilómetros. Sentíronse 18 sismos, un dos cales tivo unha magnitude de 3,3 e foi sentido con intensidade 2 como medición máxima, así como movementos máis sáuperficiais en torno ao núcleo da erupción. O tremor era estable, aínda que nalgunhas zonas próximas ao cono volcânico era de alta frecuencia; as deformacións mantiñan entón un patrón estable.[51][52]

Durante a tarde rexistrouse un aumento da actividade volcánica, con máis explosións. Tivo lugar tamén un aumento da sismicidade, cun sismo de 5 graos rexistrado ás 21:31 en Fuencaliente.[53] Ao final da tarde xurdiu un novo fluxo de lava con orixe na parte traseira do cono secundario.[54]

Ese día a principal preocupación centrábase na calidade do aire, logo de que as medicións en Tazacorte revelaran que puntualmente se sobrepasaran os límites de dióxido de xofre permitidos, recomendándose o uso de máscarillas FPP2, e que se empregaran o menos posible os espazos abertos, sobre todo persoas vulnerables, embarazadas, nenos e anciáns ou persoas con doenzas respiratorias.[51] O penacho, a nube tóxica producida polos gases liberados pola entrada da lava no mar, desprazouse cara ao noroeste da illa.[50]

Permitiuse o acceso aos regantes das explotacións agrícolas entre La Bombilla e El Remo, e ao norte da Montanha de La laguna. Tamén se permitiu o acesso a vivendas por motivos urxentes, mais non para recoller de bens, e aínda estaba permitido ás persoas residentes a entrada en zonas a menos de dous quilómetros do volcán para dar de comer aos animais.[51]

Avaliación de danos da erupción de La Palma o 1 de outubro de 2021, a través de interpretación visual de imaxes posteriores do Programa Copérnico.
1 de outubro

Na madrugada do 13º día de erupción xurdiu unha nova boca, pasando o volcán a contar con dúas bocas activas, a uns 15 metros de distancia entre ambas, na cara noroeste do cono volcánico, a unha distancia duns 600 metros do cráter. Dende as 2:30, estas bocas expulsaban correntes de lava moi fluída, avanzando en dirección ao fluxo de lava orizinal. A nova colada discoría a cerca de 450 metros de distancia ao noroeste da primeira e avanzaba de xeito moi rápido coa axuda da topografía. Contra as 10 da mañá, o novo fluxo superara a estrada LP-212, no Valle de Aridane, tentando unirse co primeiro. O fluxo orixinal, que unha semana antes se bifurcara para rodear a montaña de Todoque, co seu ramal do lado sur chegando ao mar, aínda que discorría canalizado en case todo o seu traxecto, nalgunhas zonas alargouse, arrasando novas propiedades, o que fixo que o número de edificacións afectadas superara o millar. Ademais, no treito final volveu separarse, podendo desembocar no océano a 200 metros do primeiro.[50][55]

Coas dúas novas bocas, eran xa sete os centros emisores activos da erupción: existían tres máis no interior do cráter, de dous máis no lateral do cono volcánico. Ata este día, o volcán expulsara 80 millóns de metros cúbicos de magma, o dobre que o Teneguía en 1971, nun terzo do tempo.[50]

O tremor, tipo de sismo característico dos volcáns, aumentou a partir da madrugada deste día, coa sismicidade permanecendo próxima á zona dos primeiros días. Nos últimos días detectaronse decenas de sismos de intensidades dende os 3 aos 4 graos, co epicentro entre os dez e os quince quilómetros de profundidade, suxerindo unha gran actividade volcánica. A erupción fisural continuaba, co cono a mudar constantemente a súa morfoloxía.[50]

A columna de fume e gases que emanaba do volcán alcanzaba os 6 000 metros de altitude, mil máis que dous días antes, cunha alta taxa de emisión de dióxido de xofre cara á atmosfera, con 8 700 toneladas diarias. Os ventos variables e as condicións meteorolóxicas desfavorables provocaron un empioramento da calidade do aire no Valle de Aridane, rexistrándose valores altos de dióxido de xofre.[50] Con todo, os picos de niveis tóxicos só se produciron en determinadas zonas, polo que non representaron un perigo para as persoas. As explosións do novo volcán lanzaron cinzas e pequenos fragmentos de escoura volcánica, que chegaron ter un centímetro de diámetro no miradoiro da igrexa de Tajuya, situado a máis de tres quilómetros do centro eruptivo, localizado na zona de Cabeza de Vaca.[55] A estación de teledetección instalada no Centro de Visitantes do Volcán San Antonio, en Fuencaliente, observou un impresionante vórtice da columna eruptiva do volcán, que tamén foi detectado por satélite.[56]

Contra as 22:30, o Pevolca ordenou un novo confinamento que afectou a cerca de 3 500 persoas, como consecuencia das condicións meteorolóxicas existentes, cunha inversión térmica que impide a dispersión de gases e os mantén en cotas baixas da atmosfera.[57]

2 de outubro

Ás 10:30 da masá, Involcan informou de que se abrira un novo foco de emisión na fractura principal do volcán, sumándose ás dúas novas bocas que xurdiran na madrugada do día anterior. Imaxes capturadas por dron mostraron como a nova boca xa estaba emitindo elementos líquidos e sólidos, como magma e piroclastos, así como gasosos.[58] Entre tanto, o fluxo de lava que emerxía dende o día anterior polas dúas novas bocas fixo contacto co fluxo orixinal.[59]

Entre o mediodía do día anterior, e o mediodía deste día, rexistráronse 21 sismos en torno á erupción, e dous deles foron sentidos pola poboación, cunha magnitude máxima de 3,6 (mbLg), correspondente ao sismo sentido con intensidade máxima na zona epicéntrica ás 14:13 do día anterior. Tamén se localizaron dous sismos a profundidades en torno aos 30 quilómetros, e un sismo superficial na zona próxima á boca eruptiva. O tremor volcánico mantíñase estabilizado, en niveis semellantes aos dos días anteriores, e as deformacións estabilizándose de novo.[60]

A Dirección Xeral de Seguridade e Emerxencias do Goberno de Canarias ordenou o levantamento do confinamento nos núcleos de Tazacorte, El Paso e Los Llanos de Aridane, atendendo á mellora da calidade do aire na zona.[61]

Terceira semana[editar | editar a fonte]

3 de outubro

Na noite do sábado ao domingo, a rede de vixilancia volcánica de seguimento 24 horas do IXN localizou nove sismos na contorna da zona de erupción do volcán.[62] Ás 19:14, o IXN rexistrou un sismo de magnitude 3,7 localizado a unha profundidade de 12 quilómetros ao suroeste de Villa de Mazo, un dos máis de 20 rexistrados nese día nos municipios de Mazo e Fuencaliente. O sismo foi vinculado ao proceso eruptivo en curso, tendo sido descartada a probabilidade de producirse un novo foco eruptivo noutra zona da illa.[63]

Nas últimas horas do día o Pevolca detectou un aumento da actividade explosiva. O mesmo organismo ordenou a evacuación de persoal científico e de varios servizos de emerxencia que se encontraban a traballar preto do fluxo de lava, logo dun empobrecemento da calidade do aire, aínda que restrinxido a esa zona e sen afectar os núcleos de poboación fóra do perímetro de seguridade, fixado en 2,5 quilómetros do cono principal, onde a calidade do aire era boa.[62]

Dende as 21:00 o caudal de lava continuou aumentando, seguindo sempre a mesma canle de saída. A parte noroeste do cono volcánico cedeu, e algunhas das bocas uníronse.[62] O desmoronamento provocou unha reacción equivalente á rotura dunha presa, causando a caída de bloques, parte da estrutura do cono, que foron arrastrados polo fluxo de lava, producindo tamén unha gran cantidade de lava moi fluída. Tivo lugar tamén un aumento dos picos da explosividade, dentro da pauta estabelecida para unha erupción estromboliana. A colada orixinada o 1 de outubro, separada do cono principal, continuou mostrando sinais de pouca actividade. Confirmouse a existencia de tubos volcánicos próximos á costa que axudaban a levar o magma ao mar.[64]

Nese momento había dificultades no abastecemento de auga potable e de regadío nos barrios dos municipios de El Paso e Los Llanos, ao sur da intersección dos fluxos de lava.[62]

4 de outubro

Ao longo do día rexistráronse 115 terremotos, dos cales 12 foron percibidos pola poboación.[65] Cerca das 00:00, o municipio de Fuencaliente de la Palma rexistrou unha sucesión de sismos, coincidindo cos cambios ocorridos no volcán, e co aumento da súa actividade eruptiva, logo do desmoronamento dun dos seus conos. De acordo co IXN, entre as 22:30 do día anterior, e as 8:00 do día 4, Fuencaliente foi sacudida por 12 movementos sísmicos, catro deles con intensidade superior a 3. O máis intenso tivo lugar ás 00:17, cunha intensidade de 3,7, resultando tamén no rexistro máis alto, igualado polo sentido en Villa de Mazo.[66] Estes sismos estiveron localizados 30 e os 36 km de profundidade.[65]

A actividade explosiva e a frecuencia de detonacións aumentou, ao mesmo tempo que as fisuras comezaron a lanzar bombas basálticas que chegaron ata os 800 metros de distancia. Dado que os proxectís caían dentro do raio de exclusión, só representaban un perigo para o persoal científico e de emerxencia. Seguindo o Índice de Explosividade Volcánica (VEI), nunha escala entre 0 e 8, a magnitude das detonacións asociadas a esta erupción encontrábase no valor 2.

De acordo co xeólogo José Mangas, catedrático a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, a análise científica do magma revelou grandes cantidades de tefrita, un material evolucionado, o que indica unha permanencia e transformación ao longo de milleiros de anos baixo a illa.

Ao mesmo tempo, produciuse un enxame sísmico de cerca de 40 sismos ao sur da illa, en Fuencaliente e Mazo, onde se rexistrou un sismo de magnitude 3,4 na escala de Richter. O Pevolca non atribuíu grande importancia a estes sismos, xa que continuaban a producirse a grandes profundidades, en lugar de a un nivel máis superficial, o que podería significar unha maior presión do magma para chegar á superficie. A altura da columna de fume chegou ata os 4 500 metros.[65]

5 de outubro

No mediodía do 5 de outubro, o director técnico do Pevolca, Miguel Ángel Morcuende, informou de que se descartara a aparición dun novo centro emisor de lava ao sur da illa, na área de Fuencaliente, sinalando que o enxame sísmico "está moi centrado nas inmediacións de onde estaban os primeiros días, algo máis ao sueste e por iso son máis sentidos". Sobre a profundidade na que teñen orixe os sismos foi calculada entre os 10 e os 15 km. Na mesma rolda de prensa, a directora do IXN en Canarias, María José Blanco, sinalou que o nivel de explosividade do volcán mantíñase neses momentos igual que o día anterior, manténdose activos os centros emisores no cráter centra, así como nos laterais. Blanco sinalou que non se descartaba un novo centro emisor e constatou a aparición de tubos volcánicos, así como a apertura dunhas fisuras a aproximadamente 100 metros do punto de emisións.[67]

7 de outubro

Ás 12:17 rexistrouse un terremoto de magnitude 4,3 mbLg, o máis forte ata ese momento, localizado en Villa de Mazo a unha profundidade de 25 km.[68] Tamén se rexistraron outro de magnitude 3,8 a 36 quilómetros e outro de 3,4 en Fuencaliente de La Palma a nivel medio de 12 km. Ademais, o fluxo de lava principal dirixida cara o mar dividiuse á altura da montaña de Todoque, tomando unha nova dirección paralela á principal e chegando á costa na zona da praia de El Charcón.[69]

9 de outubro

Ao longo da madrugada e a tarde do sábado producíronse varios derrubamentos na ladeira norte do cráter, provocando que o fluxo de lava seguira varias direccións e acelerara a súa velocidade. Canto menos tres ríos de lava novos avanzaron cara o polígono industrial de El Callejón de la Gata. Por outra banda, a sismicidade aumentou levemente con sismos situados a uns 20 quilómetros de profundidade, o que, xunto coa estabilidade das deformacións do terreo, levaron o Pevolca a descartar a curto prazo a aparición doutro centro emisor lonxe do cráter.[70]

Cuarta semana[editar | editar a fonte]

10 de outubro
Novo río de lava detectado por Copernicus o 10 de outubro.

O 10 de outubro, grandes anacos de magma ao roxo vivo do tamaño de edificios de tres andares se derrubaron e un dos novos ríos de lava chegou ao Callejón de la Gata, un polígono industrial de Los Llanos de Aridane, deste xeito, o novo fluxo de lava do volcán sepultou os últimos edificios existentes en Todoque e destruíu completamente a localidade.[71][72][73]

16 de outubro

O sábado 16 de outubro outro dos fluxos de lava se achegaba a un novo punto do litoral da illa. O Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcan) sinalaron que a lava fluía baixo a montaña da La Laguna a 1,3 quilómetros por hora polo que, ao recibir unhas importantes achegas de lava, o equipo científico determinou que era probable que acadara o mar en poucas hora á altura da punta de El Perdido.[74]

Ao longo do día se rexistraron 90 sismos, un deles de 4,6 mbLg, localizado ao suroeste de Villa de Mazo ás 5:41 a 37 quilómetros de profundidade e que foi sentido en case toda a illa. Este foi o terremoto de maior magnitude rexistrada dende que o volcán entrara en erupción o 19 de setembro.[75]

Quinta semana[editar | editar a fonte]

17 de outubro

Durante a noite do 16 ao 17 de outubro a rede de vixilancia volcánica de seguimento 24 do Instituto Xeográfico Nacional rexistrou 42 sismos asociados á erupción, dos cales unha ducia tiveron unha magnitude superior a 3 (mbLg), cunha máxima de 1,3 ao suroeste de Villa de Mazo ás 4:10 a unha profundidade de 35 quilómetros, e que se fixo sentir en varias poboacións de toda a illa, a este se sumaron outros dous sismos de 3,2 e 3,4 ás 5:56 e ás 8:12 ao noroeste de Fuencaliente e Villa de Mazo, localizados a 11 e 12 quilómetros de profundidade.[75]

Os ramais situados máis ao norte do primeiro fluxo de lava encontrábanse a 200 metros do cantil, ao que se dirixían a unha velocidade de 15 metros por hora, de acordo con Involcan. A chegada ao mar deste fluxo de lava podería provocar podería provocar novos confinamentos na zona. Pola súa banda, o fluxo primixenio seguía a ter unha achega de lava moi feble, mentres que as outras dúas proseguían lentamente o seu avance. A temperatura da lava ascendía ata os 1 270 graos.[76]

23 de outubro

O sábado 23 de outubro o Instituto Volcanolóxico de Canarias informou do derrubo parcial do cono principal do volcán, o que provocou desbordamentos no noroeste. A lava do volcán podería estar a alimentar tanto o delta lávico a través de tubos lávicos, como a colada 8, que neses momentos estaba a entrar no núcleo urbano de La Laguna, e que se ben o seu paso estaba freado dende unhas 48 horas, seguía a gañar viscosidade e altura.[77] Ata ese día, a lava arrasara un total de 889 hectáreas segundo o sistema de satélites europeo Copernicus.[78] A reconfiguración do cono principal fixo que oo magma se redistribuíra cara a outros puntos. Produciuse tamén a aparición dun novo fluxo de lava cara ao sur, que foi denominada "colada 10", e se dirixía á zona de Corazoncillo, se ben paralizouse a media tarde para posteriormente reactivarse, aínda que de xeito lento.[79]

Dende as 00:00 ata as 6:30 rexistráronse en torno a 37 terremotos ao sur de Cumbre Vieja, incluíndo varios de magnitude 3,9 e Fuencaliente e Villa de Mazo, varios deles a profundidades de entre os once e os trece quilómetros.[80] Carmen López, directora do Observatorio Xeofísico Nacional, informou de que a sismicidade a niveis profundos se reducira, aínda que ese mesmo día se rexistrou o maior sismo ata o momento dende que se iniciara a erupción, cunha magnitude de 4,9 e rexistrado a 38 quilómetros de profundidade. Se ben o descenso da actividade sísmica a niveis profundos fora o primeiro indicativo do final do proceso eruptivo na erupción submarina de El Hierro en 2011, López sinalou que este descenso debía converterse en "tendencia" co paso dos días e que dependía doutros factores como a emisión de dióxido de xofre, cuxos valores seguían a ser altos nesa data.[77]

Sexta semana[editar | editar a fonte]

24 de outubro

Durante a madrugada do domingo produciuse un aumento da sismicidade na área, que rexistrou 79 terremotos segundo o Instituto Xeográfico Nacional. Varios dos sismos tiveron unha magnitude de 3,9 e rexistráronse no municipio de Mazo. A sismicidade, con todo, mantíñase estable con sismos de magnitudes entre os 2,4 e os 3,9 a profundidades medias e estables, se ben tampouco se descartaba que co paso dos días os sismos puideran gañar intensidade ata chegar á magnitude seis.[81]

Nesta data había catro centros de emisión que alimentaban os diferentes ríos de lava, cifrados en dez dende que comezara a erupción. A chamada "colada 10" discorría de xeito paralelo ao río de lava que no seu momento se dirixía cara o sur do centro de emisión inicial, e que neses intres semellaba querer unirse á chamada "colada 1", a máis próxima a ela, algo que de logralo podería evitar que provocara máis danos.[79]

Ese día, a responsable da rede de vixilancia volcánica do Instituto Xeográfico Nacional, Carmen López, sinalou que nas últimas 24 horas, o volcán experimentara unha alternancia entres fases efusivas e episodios explosivos intensos. O fluxo principal, polo flanco norte, baixaba sobre os ríos de lava previos, do mesmo xeito que na xornada anterior.[79]

Na xornada, a altura das cinzas e gases era de 3 200 metros, mentres que a nube de cinzas e dióxido de xofre estaba disposta en dirección oeste-noroeste, aínda que segundo as previsións, os ventos a lelvaríans ao suroeste dende o foco eruptivo.[79]

25 de outubro

Durante o luns 25 de outubro continuou a reconfiguración do cono cunha emisión de gran cantidade de lava, segundo informou o Director Técnico do PEVOLCA Miguel Ángel Morcuende. Ás 9:25 un colapso parcial do cono deixou ver unha gran fonte de lava. Este non sería o único colapso durante a xornada, xa que ontra as 17:00 o cono principal do volcán sufría outro pequeno colapso. Pouco antes deste episodio Involcan informaba de que se abrira unha nova fonte eruptiva no flanco da boca central. Os vídeos proporcionados pola entidade acosaban unha actividade "moi violenta" na boca central.[82][83]

O fluxo de lava de La Laguna non experimentou grandes mudanzas, mentres que o que discorre próximo ao cantil cara á praia do Perdido mantíñase a uns 110 metros do mar. O gran volume de lava procedente do cono principal dirixiuse especialmente cara o oeste, sobre o fluxo principal e o que discorre por riba da montaña de Todoque, enchendo algunhas zonas que permanecían como illa entre os fluxos de lava. As canles lávicas mantíñanse activas e alimentaban tanto estes fluxos como o delta lávico.[83]

Reaccións[editar | editar a fonte]

Nos días previos á erupción, a prensa fíxose eco do aumento da sismicidade da illa e reavivouse un hoax alimentado por un documental da BBC de que unha erupción volcánica en La Palma podería ocasionar un megatsunami que arrasaría toda a costa leste dos Estados Unidos.[84] A nova foi completamente desmentida por Luis González de Vallejo, director da Área de Risgos Xeolóxicos do Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcan).[85]

Do mesmo xeito, en Brasil difundíronse rumores sobre un tsunami capaz de golpear seriamente a costa do país, especialmente a Rexión Nordeste. A Rede Sismográfica Brasileira (RSBR) e a Sociedade Brasileira de Xeoloxía (SBG) clasificaron dita posibilidade como "moi baixa" e "moi improbable", respectivamente, sendo máis probable que haxa resacas marítimas na costa do país.[86]

O presidente do goberno español Pedro Sánchez visitou a illa ao día seguinte á erupción volcánica xunto co presidente canario Ángel Víctor Torres. Sánchez adiou a súa viaxe a Nova York para participar na Asemblea Xeral das Nacións Unidas para desprazarse a La Palma.

O presidente do goberno español Pedro Sánchez acudiu ao arquipélago para coñecer de primeira man a situación de La Palma, a coordinación do dispositivo e os protocolos activados, pospoñendo unha viaxe a Nova York para acudir á Asemblea Xeral das Nacións Unidas.[87] Ademais do presidente do goberno, varios ministros e líderes de partidos políticos de España manifestaron o seu apoio á poboación insular a través das redes sociais.[88]

Pola súa banda, o rei de España Filipe VI chamou ao presidente canario Ángel Víctor Torres para informarse sobre a situación e trasladar o seu apoio á poboación da illa, así como ás persoas que traballan nos dispositivos especiais.[88] Finalmente o xoves 23 os reis Felipe VI e Letizia visitaron a illa reuníronse con algunhas persoas evacuadas polo desastre.[89]

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, declarou que “A erupción de La Palma é un reclamo turístico que podemos aproveitar”.[90] As palabras da ministra foron duramente criticadas dende o Partido Popular, Cidadáns e Coalición Canaria. Reyes Maroto matizou as súas primeiras declaracións sinalando que "hoxe estamos cos afectados e as vítimas e pensando en como recuperar esa normalidade que a natureza mudou".[91]

As mostras de apoio e solidariedade chegaron tamén dende outros ámbitos como o mundo do deporte. O mesmo día do inicio da erupción, antes do inicio do partido entre o Club Deportivo Tenerife e o Club Deportivo Mirandés disputado no estadio Heliodoro Rodríguez López de Tenerife proxectáronse no videomarcador do estadio as imaxes do volcán cos xogadores de ambos equipos no centro do campo ante o aplauso en pé de todas as persoas presentes como mostra de solidariedade coa poboación palmeira e as persoas que se encontran traballando na zona.[92]

O 20 de setembro, a Unión Europea activou o Programa Copérnico para monitorizar a erupción e a Presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciou vía Twitter "soporte adicional, se fora preciso" a disposición do goberno español.[93]

O mércores 22, o bispo de Tenerife Bernardo Álvarez Afonso, xunto con sacerdotes de La Palma, celebraron unha misa no Santuario de Nosa Señora das Neves para pedirlle á patroa insular, Nosa Señora das Neves, "o cesamento da erupción do volcán".[94]

O domingo 26 de setembro, o Papa Francisco adicou, durante a oración Angelus, algunhas palabras para mostrar a súa "proximidade e solidariedade aos prexudicados pola erupcióno do volcán na illa de La Palma, nas Illas Canarias", convidando a rezar unha oración a Nosa Señora das Neves, padroa da illa.[95]

O xoves 14 de outubro o presidente canario Ángel Víctor Torres declarou que a erupción de Cumbre Vieja era a maior traxedia volcánica en Europa nos últimos cen anos. Torres xa sinalara no Comité das Rexións da UE o día anterior que se trataba do "maior desastre natural" da historia do arquipélago.[96]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Persoas evacuadas[editar | editar a fonte]

O ministro de Consumo de España, Alberto Garzón na súa visita ás persoas afectadas pola erupción en La Palma.

Segundo datos da Garda Civil, no primeiro día de erupción foron evacuadas máis de 5 000 persoas nas localidades de El Paso, Tazacorte e Los Llanos de Aridane dentro do plano de evacuación deseñado polo Plano de Emerxencias Volcánicas de Canarias (Pevolca). O dispositivo púxose en marcha logo da erupción volcánica.[97] Ademais da evacuación de residentes das zonas de risco, os servizos de bombeiros participaron no rescate de animais.[98]

O mesmo día da erupción do volcán, a Consellería de Educación, Universidades, Cultura e Deportes do Goberno das Canarias anunciou a suspensión das actividades lectivas en todos os centros dos municipios de El Paso, Los Llanos de Aridane e Tazacorte. A medida, adoptada en coordinación co Cabildo de La Palma aplicouse inicialmente só á xornada do día 20 de setembro, á espera da evolución da situación.[99]

A 15 de outubro un dos ramais do segundo e máis novo dos dous fluxos de lava existentes obrigou a evacuar a 300 persoas máis, elevando así o número de persoas evacuadas total en 6 800 segundo os datos do Goberno de Canarias, o Instituto Xeográfico Nacional e o Cabildo de La Palma.[100]

O 24 de outubro, logo das evacuacións preventivas realizadas o día 20 de outubro, a cifra de persoas evacuadas situábase nas 6 600 persoas dende que comezara a crise volcánica na illa. Destas persoas 439 estaban aloxadas en complexos hoteleiros, e 46 persoas dependentes se encontraban en centros sociosanitarios da illa.[81][79]

O 25 de outubro a prensa canaria anunciaba que o Goberno de Canarias estaba a xestionar a compra e instalación dunhas 200 vivendas modulares prefabricadas. A cifra sería practicamente idéntica á do número de familias desaloxadas que perderan a súa única vivenda polos efectos da erupción, 154 ata a data. O anuncio foi feito por Sebastián Franquis conselleiro de Obras Públicas, Transportes e Vivienda, sinalando que a instalación das vivendas podería comezar nas seguintes semanas nos municipios de El Paso, Los Llanos de Aridane e Tazacorte, e que serían entregadas con carácter provisional cando houbera dispoñibilidade de solo. Finalizada a emerxencia as casas se desmontarían e trasladarían a outro lugar do arquipélago onde foran necesarias.[101]

A mediados de outubro, a plataforma leales.org publicou que había ata seis cans atrapados cercados pola lava na área de Todoque, aínda que un podería estar morto, a pesar de que se tentou alimentar aos cans con drons. A situación dos animais acadou repercusión a nivel mundial e a empresa lalinense Aerocamaras preparou o rescate mediante drons, nunha operación pioneira no mundo, mentres que empresas como Iberia Express e Península Petroleum colaboraron co traslado dos materiais e o persoal dende Pontevedra ata La Palma. Durante días un equipo de enxeñeiros traballou no deseño e fabricación dun sistema seguro e efectivo para o transporte dos animais mediante unha rede cun cebo para capturar os cans. Inicialmente preparouse o rescate para o luns 18 de outubro, á espera dos permisos do Cabildo de La Palma.[102][103][104] O domingo 17 de outubro chegaron a Tenerife o CEO de Aerocamaras, Jaime Pereira, xunto con Borja Blanco, responsable de I+D da compañía, e Daniel Romero, técnico de RPAS, e o día seguiste se desprazarían en transbordador a La Palma para tentar rescatar os cans.[105] Finalmente, o día 19 de outubro, a empresa galega recibiu os permisos do Cabildo de La Palma para efectuar o rescate dos cans.[106]

Ademais das persoas evacuadas, a ameaza ante os gases tóxicos resultantes da interacción da lava coa auga do mar motivou o confinamento da poboación en varias localidades da illa, polo cal as persoas dos barrios afectados debían permanecer nos seus domicilios con portas e ventás pechadas. O primeiro confinamento decretouse o domingo 26 de setembro. As autoridades insulares non permitiron a entrada para retirar obxectos nas zonas evacuadas nin confinadas "ata ver a evolución da emerxencia".[107]

Danos a edificios[editar | editar a fonte]

A Igrexa de San Pio X, en Todoque, colapsou o domingo 26 de setembro.

Nas primeiras 24 horas de actividade volcánica preto de 100 vivendas víronse afectadas pola lava.[108] O mércores 21 de setembro a erupción xa afectara a unha superficie de 103 hectáreas o número de vivendas afectadas elevouse ata as 190 e ameazaba ducias máis de vivendas, granxas explotacións agrícolas.[22] Logo dos primeiros once días da catástrofe, o satélite Copernicuus revelaba que ata ao 29 de setembro eran xa 855 as edificacións se viran danadas ou destruídas pola lava.[109]

O domingo 26 de setembro a Igrexa de San Pio X de Todoque colapsou ante o paso da lava. Os bombeiros do consorcio de Gran Canaria tentaron sen éxito salvar o templo, de case cen anos, cavando gabias ao seu redor. As tallas foran retiradas do interior a principios de semana no momento en que a vila foi evacuada.[107][110] No mesmo núcleo a escola, o consultorio médico e a asociación de veciñas e veciños tamén foron derrubadas pola lava.[111] O centro de Todoque sumouse así a outros como o colexio público "Los Campitos", en Los Llanos de Aridane, un pequeno centro con en torno a 20 alumnas e alumnos de entre tres e doce anos que sucumbiu á lava nos primeiros días de erupción.[112] O alumnado dos centros educativos afectados foi recolocado nas escolas de Las Manchas, Jedey, Todoque e no María Milagros Acosta en Puerto Naos, ademais de en Los Campitos, para o que o goberno canario dispuxo de transporte para o alumnado (132 nenas e nenos).[113]

O día 10 de outubro, logo de tres semanas de erupción a lava sepultara completamente o núcleo de poboación de Todoque e afectara a 525 hectáreas e a máis de 1 200 edificacións.[71][114] Sete días despois o número se elevara ata as 1 835 edificacións, de acordo co satélite europeo Copernicus, que situou en 753,8 hectáreas a superficie ocupada pola lava.[115]

A día 23 de outubro, a lava destruíra 2 129 edificacións, con outras 134 posiblemente danadas, segundo a medición do sistema Copernicus das 12:18 dese mesmo día. Con todo, o Plano de Emerxencias Volcánicas de Canarias (Pevolca) cifraba o número en pouco máis dun milleiro de vivendas destruídas, mais sinalando a utilización das edificacións afectadas (agrícola, público, de ocio e hostalería, e outros usos).[78]

Infraestruturas e transportes[editar | editar a fonte]

Nos primeiros once días de erupción, o fluxo de lava afectara a 22 km de estradas na área afectada.[109]

Ata o 3 de outubro, contabilizábanse 30,7 quilómetros de estradas destruídas polos fluxos de lava, dos cales 28,3 estaban completamente destruídos.[62] Unha gran liña de lava atravesa a illa no sentido norte-sur, practicamente dividindo a illa en 2. Entre a zona de Playa Nueva, en Tazacorte, e Puerto Naos, un traxecto de 8 quilómetros que normalmente se percorre en 20 minutos, nese momento só se podía realizar rodeando toda a zona, cunha volta de máis de hora e media de camiño a través dos cumes da illa.[46]

As estradas destruídas:

Co paso dos días, a rede viaria da illa foise vendo máis afectada, e o 23 de outubro a lava xa cubrira 64,9 quilómetros de estradas e se estimaba que 3,5 quilómetros máis terían algún tipo de dano provocado pola erupción.[78]

Tamén quedaron arrasadas as redes de auga canalizada e electricidade.[117] Procedeuse á reparación de emerxencia dunha das liñas de auga destruídas pola lava, conectando a liña de Las Hoyas a Remo, de modo que se poida permitir aos agricultores que reguen as súas leiras.[46]

O 24 de setembro pechouse o tráfico aéreo no aeroporto de La Palma a causa da acumulación de cinza volcánica na pista e na plataforma, uns 250 000 metros cadrados de superficie afectada en total. O peche afectou a turistas, residentes e autoridades, como o ministro de Consumo, Alberto Garzón, que tiveron que alterar os seus planos e viaxar en barco.[118] Contra finais de outubro o aeroporto da illa encontrábase aberto e traballaba con normalidade.[79]

O 2 de outubro, a Federación Española de Surf lamentou a destrución da prestixiosa zona surfista de Guirres, que se constituíu como unha instalación deportiva natural, con grandes beneficios para a comunidade surfista. Segundo o presidente da federación, a zona destruída tiña unha gran cantidade de ondas, con múltiples picos, sendo "un lugar máxico". Alí se disputaran cinco campionatos de surf, cunha vivencia das probas moi especial, pola implicación da comunidade local.[119]

Consecuencias económicas[editar | editar a fonte]

O día seguinte á erupción xa se fixeron notar as primeiras consecuencias no sector primario palmeiro. A Capitanía Marítima de Santa Cruz de Tenerife da Dirección Xeral da Mariña Mercante prohibiu a navegación no litoral da zona sur-occidental da illa, imposibilitando deste xeito a pesca na área. As áreas agrícolas víronse igualmente afectadas ao encontrarse localizadas no percorrido da lava cara ao mar, e os servizos de emerxencia negaron o paso a moitos agricultores e xornaleiros que se dispuñan a acceder aos seus campos, co que moitos dos plátanos acabarían madurando no campo ser reportar ningún beneficio, mentres que outros quedarían sepultados baixo a lava. As perdas no sector agrícola suporían un duro golpe para a economía da illa, xa que o cultivo do plátano supón o 50% do PIB de La Palma e na illa hai máis 5 300 produtores e 10 000 familias que dependen directamente deste cultivo.[120][c] Na mañá do 27 de setembro o Cabildo de La Palma informou de que os agricultores de Puerto Naos, El Remo e Las Hoyas que o solicitaran poderían pasar aos terreos de cultivo para regar os seus cultivos.[107]

A produción de plátano viuse afectada non só pola destrución dos terreos de cultivo, senón tamén pola destrución das conducións de auga necesarias para o rego, e pola cinca do volcán.[121]

O Xoves 14 de outubro chegou ao porto de Tazacorte un barco cisterna con capacidade para 7 500 metros cúbicos. O barco, chamado "Tomasso S", foi cedido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para achegar auga de rego ás zonas de cultivo que quedaron sen subministración ao ser destruídas pola lava as conducións de auga que as abastecían. A auga do "Tomasso S" complementaría deste xeito ás desoladoras portátiles que se estaban a instalar en Puerto Naos.[121] Con todo, os problemas co bombeo da auga atrasaron a subministración da auga procedente das desaladoras a día 23 de outubro.[122]

No primeiro mes de actividade, a lava do volcán arrasara máis de 200 hectáreas dedicadas á agricultura, principalmente á produción de plátanos.[96]

A declaración de La Palma como "zona catastrófica" permitiría que a illa puidera acollerse aos fondos de solidariedade da propia comunidade autónoma, do goberno español e mesmo da Unión Europea. O presidente do goberno canario Ángel Víctor Torres sinalou nos primeiros días da catástrofe que as perdas poderían elevarse canto menos aos 400 millóns de euros, e citou como prioridade a recuperación de infraestruturas públicas, escolas, e en conseguir aloxamentos para a poboación evacuada.[23]

Medio ambiente[editar | editar a fonte]

Estimouse a emisión á atmosfera de dióxido de xofre (SO2) entre 6 140 e 11 500 toneladas diarias.[123] O volcán de La Palma é actualmente o principal emisor mundial de SO2, xa que coas súas máis de 10 000 toneladas diarias de SO2 incoloro que emite polos seus cráteres, duplica as emisións da industria máis contaminante do planeta, a de extracción de metais na cidade rusa de Norilsk. A 29 de setembro, a nube tóxica de SO2 chegara a Svalbard, un arquipélago noruegués situado no Océano Ártico, nos límites do Círculo Polar Ártico, segundo a rede de satélites Copernicus. A nube viaxa dende as illas Canarias en dirección ao norte de África, sur de España, Baleares, países mediterráneos, así como varias zonas de Europa Oriental e do Ártico. O réxime de ventos fai que o impacto destes gases sexa menor nas operacións aéreas.[124]

A expulsión de cinzas e po ata unha altura de 6 000 metros orixinou unha nube que se desprazaba cara o leste, caendo baixo a forma de area fina sobre a parte oriental da illa e sobre outras illas máis afastadas, como Tenerife e Gran Canaria, obrigando a pechar os aeroportos de La Palma e La Gomera.[27]

Coa chegada da lava ao mar, o 29 de setembro, produciuse unha nube de tóxicos formada, fundamentalmente por ácido sulfúrico (H2SO4), ácido clorhídrico (HCl) e ácido fluorhídrico (HF). Provocou igualmente un aumento na temperatura da auga, ao recibir esta a lava a máis de 1 000 graos centígrados.[125]

De acordo con José Carlos Hernández, profesor de bioloxía mariña na Universidade de La Laguna, a lava do novo volcán chega ao mar nunha zona na que a vida mariña é «bastante pobre», na cal xerará riqueza biolóxica, aínda que iso poida levar bastante tempo. Dende o punto de vista científico, unha vez que a lava arrefríe no mar xerará un novo arrecife rochoso, que os biólogos mariños consideran que podería ser moi interesante na xeración dun novo hábitat para organismos mariños, creando zonas intermareais, que poderán albergar moitos recursos naturais, como lapas, caramuxos e polbos, e máis adentro do océano, un novo solo mariño que substituirá o solo areoso que existía ata agora.[47] En todo caso, segundo Carlos de Santisteban, xeólogo e profesor titular na Universidade de Valencia, calquera impacto sobre a vida mariña estará sempre limitado á zona de contacto da lava co océano.[46]

O Instituto Geolóxico e Mineiro de España, en colaboración co Grupo de Emerxencias e Salvamento do Goberno de Canarias, iniciaron unha avaliación aérea do grao de afectación dos fluxos de lava no piñeiro das Canarias de La Palma, visitando os equipos científicos, a bordo dun helicóptero, a zona próxima ao volcán e o punto onde se uniron os diferentes ríos de lava.[126]

De acordo con José Antonio Valbuena, conselleiro da Transición Enerxética do Goberno canario, producíronse danos en dúas zonas naturais. A recuperación do novo malpaís poderá levar uns 3 000 anos, tempo que os novos ecosistema tardan en ser colonizados.

Crecemento da illa[editar | editar a fonte]

O décimo día de erupción, ás 23:00, o río de lava chegou á liña de costa en Los Palacios, na praia de La Galeria, unha pequena enseada ao norte da praia de Los Guirres[45] caendo en cascada por un cantil de 100 metros de altura. Formouse unha coluna de 50 metros de alto, equivalente a un edificio de 15 andares, debido ao rápido arrefríamento logo do contacto coa auga.[46] En poucas horas, a lava amontoouse na base do cantil, formando un cono. A inclinación suavizouse, correndo sobre ela unha cascada de lava que caía tranquilamente sobre o mar, formando na súa base un gran delta lávico que se expande continuamente en dirección ao sur e ao oeste, con máis de 500 metros de largo.[47][43][48]

A plataforma marítima conquistada ao océano pola formación do delta lávico, converteuse automaticamente en domínio público marítimo terrestre, sendo propiedade do Estado español.[47] Esta é a primeira vez que a illa de La Palma medra nos últimos 50 anos, despois de que o delta lávico do volcán Teneguía se apoderara de 2 quilómetros cadrados antes ocupados polo océano.[46] O novo territorio terá posiblemente unha tipoloxía semellante a outras plataformas volcánicas xeradas por erupcións históricas a pouca distancia desta, como é o caso da zona costeira de La Bombilla, localizada un pouco máis ao sur da praia de Los Guirres, xerada polo volcán Hoyo Negro, durante a erupción do volcán San Juan, en 1949, e a faixa costeira situada entre Puerto Naos e El Remo, orixinada na erupción do volcán Tehuya, en 1585. Segundo Juan Carlos Carracedo, xeólogo e profesor xubilado do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), estas plataformas teñen sido creadas en case todas as erupcións históricas de La Palma. Ocorreu co Teneguía, na de 1712 de El Charco, e na de Tehuya, de 1585. Todas formaron este tipo de plataforma nesta parte da illa, tendo menor extensión nas zonas nas que o mar é mais profundo. Na erupción do Hoyo Negro, en 1949, a colada de lava ao encontrar menor profundidade xerou unha plataforma máis extensa. Con todo, Carracedo advertiu de que para que a lava poida continuar gañando terreo ao mar neste punto da costa de Tazacorte, tería que acadar moita profundidade, xa que a plataforma marítima de La Palma é moi curta. Aínda que medra ao longo, a plataforma ten o seu límite en dirección ao mar, xa que o avance nesa dirección será cada vez máis custoso. A amplitude do delta será igualmente determinada pola cantidade de lava emitida polo volcán.[48]

O 30 de setembro, a nova faixa, continuamente alimentada polo magma da colada principal, alcanzaba a unha altura de 24 metros, dende a súa base ata ao nivel do mar.[51]

O 1 de outubro, a faixa acadara as 27,7 hectáreas de superficie, coun largo de 530 metros entrando 475 metros no océano, cunha cota de 30 metros de profundidade, continuando en constante crecemento.[50][55][127]

O 3 de outubro, continuaba a crecer a bo ritmo, grazas á alimentación de lava das tres bocas do cono que rexistran actividade de tipo hawaiano, estendéndose por unha superficie de case 30 hectáreas, cunha altura de 30 metros sobre o mar, e unha profundidade de 25 metros.[62] A 4 de outubro, abranguía xa 32,7 hectáreas.[64]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O termo fai referencia a un rei, señor ou capitán local, que tería sido o último líder benahoarita do cantón de Tihuya, no que naceu o volcán: Jedey tería loitado contra as forzas de Gillén Peraza que chegaron a Benahoare (nome indíxena da illa) na procura de escravos, gando, peles etc.[7][6]
  2. 16:12 hora peninsular española.
  3. Nos municipios afectados o cultivo do plátano empregaba a máis do 30% da poboación.[120]
Referencias
  1. "La Palma empieza a evacuar ante un escenario más cercano de erupción". La Vanguardia (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Salas, Javier; Vega, Guillermo (19 de setembro de 2021). "Entra en erupción el volcán en La Palma". El País (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Salas, Javier (19 de setembro de 2021). "Las claves del volcán de Cumbre Vieja: ¿Por qué se ha producido esta erupción en La Palma? ¿Cuánto puede durar?". El País (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Rejón, Raúl (19 de setembro de 2021). "La Palma, una isla oceánica que creció a fuerza de erupciones". eldiario.es] (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Sismicidad en La Palma - Geología y tectónica de La Palma" (en castelán). Instituto Xeográfico Nacional. Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Jorge Pais: “El nombre más apropiado para el nuevo volcán es ‘Tacande"". eldiario.es (en castelán). 23 de setembro de 2021. Consultado o 28 de setembro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Criado, Miguel Ángel (22 de setembro de 2021). "¿Cabeza de Vaca, Jedey o Cumbre Vieja? Cómo se nombra un nuevo volcán". El País (en castelán). Consultado o 28 de setembro de 2021. 
  8. "Involcan propone que el volcán de La Palma se llame Tajogaite". Canarias 7 (en castelán). 13 de outubro de 2021. Consultado o 13 de outubro de 2021. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Morales, Jorge (20 de setembro de 2021). "«En la tragedia de La Palma de 1949 muchos emigraron a Venezuela porque se quedaron sin nada»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  10. Moreda, Natalia (4 de setembro de 2014). "Erupción de San Juan de 1949 (La Palma)" (en castelán). Asociación Canaria de Volcanología. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  11. "Teneguía, 1971: así fue la última erupción volcánica terrestre en España". El País (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  12. 12,0 12,1 Salas, Javier (16 de setembro). "Canarias vuelve a temblar por una posible erupción volcánica". El País (en castelán). Consultado o 19 de setembro. 
  13. 13,0 13,1 "Enjambre sísmico en La Palma con 31 temblores de pequeña magnitud". ElDiario.es (en castelán). 12 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  14. Elcacho, Joaquim (14 de setembro de 2021). "Activan la alerta amarilla en La Palma por riesgo de erupción volcánica". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  15. Fernández, Silvia (19 de setembro de 2021). "La superficie de La Palma se eleva hasta los 15 centímetros y la actividad sísmica se acelera". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  16. "La Palma: las impresionantes imágenes de la erupción de un volcán en las islas Canarias". BBC News (en castelán). 19 de septiembre de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  17. "Comienza la evacuación preventiva de personas con movilidad reducida en núcleos de riesgo de La Palma". Europa Press (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  18. "La erupción tiene dos fisuras separadas por 200 metros y ocho bocas". eldiario.es (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  19. Vega, Guillermo (20 de setembro de 2021). "El volcán de La Palma se traga un centenar de casas, arrasa cultivos y avanza a 700 metros por hora". El País (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  20. "Surge una nueva boca eruptiva en Tacande en El Paso". Canarias 7 (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  21. "La erupción impacta en el principal núcleo de pescadores de La Palma". El Día (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  22. 22,0 22,1 Hernández, Daniel (21 de setembro de 2021). "El número de viviendas afectadas en La Palma asciende hasta las 190". eldia.es (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  23. 23,0 23,1 Pavés, Verónica (21 de setembro de 2021). "El oeste de La Palma ya es zona catastrófica". El Día (en castelán). Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  24. "Vídeo: La lava llega al barrio de Todoque". Canarias 7 (en castelán). 21 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  25. "Crece un 50% el área afectada por la erupción del volcán en La Palma". eldía.es (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  26. "El volcán entra en 'zona de estabilidad', con coladas más lentas, cuatro bocas activas y solo una fisura". www.europapress.es (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  27. 27,0 27,1 Estévez, Karen; Jiménez, Dácil (24 de setembro de 2021). "El volcán de La Palma se hace más explosivo: se abren dos nuevas bocas eruptivas y se ordena la evacuación obligatoria de varias poblaciones". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  28. "Nueva boca eruptiva en Montaña Rajada". Canarias 7 (en castelán). 25 de setembro de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  29. 29,0 29,1 "El cono del volcán de La Palma se rompe y deja “una colada enorme” en dirección al mar". El HuffPost (en castelán). 25 de setembro de 2021. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  30. Vega, Guillermo (25 de setembro de 2021). "La ceniza nubla el aeropuerto de La Palma". El País (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  31. "La lava avanza más rápido y arrasa la iglesia y el centro de salud de Todoque". Canarias7 (en castelán). 2021-09-26. Consultado o 2021-09-26. 
  32. Canarias Ahora (2021-09-26). "La iglesia de Todoque se desmorona ante el paso de la lava". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-09-26. 
  33. "La colada sobrepasa Todoque y ya está a 1.600 metros del mar". Canarias7 (en castelán). 2021-09-26. Consultado o 2021-09-26. 
  34. "Confinan barrios de Tazacorte ante la cercanía de la lava al mar". Canarias7 (en castelán). 2021-09-26. Consultado o 2021-09-26. 
  35. "El volcán se reactiva tras el parón". Canarias7. 2021-09-27. Consultado o 2021-09-27. 
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 "Así corre el gran río de lava tras unas horas de pausa". Canarias7 (en castelán). 2021-09-27. Consultado o 2021-09-27. 
  37. "El parón del volcán entra “dentro del proceso normal” de este tipo de erupción". La Vanguardia. 2021-09-27. Consultado o 2021-09-27. 
  38. "Desplazan al norte la zona de exclusión de la navegación por el volcán". Canarias7 (en castelán). 2021-09-27. Consultado o 2021-09-28. 
  39. "Involcan cree que el volcán ha entrado en fase efusiva, con menos explosiones". Canarias7 (en castelán). 2021-09-28. Consultado o 2021-09-28. 
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 "La lava avanza a unos 300 metros por hora y se ha frenado". Canarias7 (en castelán). 2021-09-28. Consultado o 2021-09-28. 
  41. 41,0 41,1 "Localizados seis terremotos en la zona del volcán, el mayor de magnitud 2,9". Canarias7 (en castelán). 2021-09-28. Consultado o 2021-09-28. 
  42. "Binter cancela los vuelos de este martes hasta las 13.00 horas". Canarias7 (en castelán). 2021-09-28. Consultado o 2021-09-28. 
  43. 43,0 43,1 43,2 43,3 43,4 43,5 43,6 43,7 43,8 "Los confinamientos se mantienen por el efecto de los gases". Canarias7 (en castelán). Canarias7. 2021-09-29. Consultado o 2021-09-29. 
  44. "La colada sobrepasa la montaña de Todoque y se acerca más al mar". Canarias7 (en castelán). 2021-09-28. Consultado o 2021-09-28. 
  45. 45,0 45,1 "La lava del volcán llega al mar". Canarias7 (en castelán). 2021-09-28. Consultado o 2021-09-28. 
  46. 46,00 46,01 46,02 46,03 46,04 46,05 46,06 46,07 46,08 46,09 Bautista, Laura (2021-09-29). "Primeros signos de alarma por la toxicidad del aire en La Palma". abc (en castelán). Consultado o 2021-09-29. 
  47. 47,0 47,1 47,2 47,3 47,4 47,5 47,6 "El volcán de La Palma, en directo: la colada forma un delta de lava que está ganando terreno al mar". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-09-29. Consultado o 2021-09-29. 
  48. 48,0 48,1 48,2 Aranda, Carmen Delia (2021-09-30). "La lava gana terreno al mar con una plataforma de 500 metros de ancho". Canarias7 (en castelán). Consultado o 2021-09-29. 
  49. "Vento dissipa gases emitidos pela chegada da lava do vulcão de La Palma ao mar". SIC Notícias (en portugués). 2021-09-29. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2021. Consultado o 2021-09-29. 
  50. 50,0 50,1 50,2 50,3 50,4 50,5 50,6 Cano, Juan (2021-10-01). "El volcán abre dos nuevas bocas de emisión y genera una nueva colada". Canarias7 (en castelán). Consultado o 2021-10-01. 
  51. 51,0 51,1 51,2 51,3 "Precaución por la calidad del aire en Tazacorte y Los Llanos". Canarias7 (en castelán). 2021-09-30. Consultado o 2021-09-30. 
  52. "Preocupación por si cambia el viento y baja la calidad del aire en La Palma". Canarias7 (en castelán). 2021-09-30. Consultado o 2021-09-30. 
  53. "Seísmo de 4 grados en Fuencaliente". Canarias7 (en castelán). 2021-09-30. Consultado o 2021-09-30. 
  54. "Aparece una colada nueva por la parte trasera del cono secundario". Canarias7 (en castelán). 2021-09-30. Consultado o 2021-09-30. 
  55. 55,0 55,1 55,2 "El volcán de La Palma suma dos centros emisores". Canarias7 (en castelán). 2021-10-01. Consultado o 2021-10-01. 
  56. "El volcán deja ver un espectacular vórtice". Canarias7 (en castelán). 2021-10-01. Consultado o 2021-10-01. 
  57. "El Pevolca ordena un nuevo confinamiento". Canarias7 (en castelán). 2021-10-01. Consultado o 2021-10-01. 
  58. "Se abre un nuevo foco de emisión en la fractura principal". Canarias7 (en castelán). 2021-10-02. Consultado o 2021-10-02. 
  59. "La última colada toma contacto con la primera que emergió del volcán". Canarias7 (en castelán). 2021-10-02. Consultado o 2021-10-02. 
  60. "Localizan 21 terremotos en el entorno de la erupción, dos de ellos sentidos". Canarias7 (en castelán). 2021-10-02. Consultado o 2021-10-02. 
  61. "Levantan el confinamiento en Tazacorte, El Paso y Los Llanos". Canarias7 (en castelán). 2021-10-02. Consultado o 2021-10-02. 
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 62,4 62,5 S., A. (2021-10-03). "Aumenta la actividad explosiva del volcán". Canarias7 (en castelán). Consultado o 2021-10-03. 
  63. "Un terremoto de magnitud 3,7 sacude Mazo". Canarias7 (en castelán). 2021-10-03. Consultado o 2021-10-05. 
  64. 64,0 64,1 Beltrán, Carlos Santana (2021-10-04). "La erupción de La Palma afecta ya a una superficie de 413,38 hectáreas". Canarias7 (en castelán). Consultado o 2021-10-04. 
  65. 65,0 65,1 65,2 "La zona sur de La Palma registra 115 terremotos en el último día". El Día (en castelán). 5 de outubro de 2021. Consultado o 5 de outubro de 2021. 
  66. "Seis temblores estremecen Fuencaliente de La Palma". Canarias7 (en castelán). 2021-10-03. Consultado o 2021-10-03. 
  67. Autero, Miguel Ángel (5 de outubro de 2021). "Los expertos descartan que aparezca un nuevo centro emisor en la zona de Fuencaliente". El Día (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2021. 
  68. "La Palma registra el mayor terremoto desde la erupción volcánica, de magnitud 4,3". Mundo Deportivo. 7 de outubro de 2021. Consultado o 8 de outubro de 2021. 
  69. "La lengua de lava del volcán de La Palma se divide y amenaza nuevas zonas en su camino al mar". ABC. 2021-10-07. Consultado o 2021-10-09. 
  70. Vega, Guillermo (2021-10-09). "Varios derrumbes en la cara norte del volcán de La Palma aceleran el flujo de las coladas". El País. Consultado o 2021-10-09. 
  71. 71,0 71,1 "Todoque, sepultado por completo bajo la lava: la nueva colada arrasa con lo que se iba salvando de la erupción". Lasexta.com (en castelán). 2021-10-11. Consultado o 2021-10-12. 
  72. "La colada norte del volcán de La Palma sepulta dos barrios y está a punto de crear una nueva fajana". eldia.es (en castelán). 2021-10-11. Consultado o 2021-10-11. 
  73. Castellanos, Silvio; Medina, Juan (10 October 2021). "Lava blocks the size of buildings falling from La Palma volcano". Reuters (en inglés). Consultado o 11 October 2021. 
  74. "La colada supera la montaña de La Laguna y fluye hacia el mar". Canarias 7 (en castelán). 16 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  75. 75,0 75,1 "Un terremoto de 4,3 se deja sentir en todos los municipios de La Palma durante la noche". Canarias 7 (en castelán). 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  76. "El frente de la colada que va al mar se encuentra a 200 metros del acantilado". Canarias 7 (en castelán). 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  77. 77,0 77,1 Vega, Gullermo (23 de outubro de 2021). "Parte del cono principal del volcán de La Palma sufre un derrumbe". El País (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2021. 
  78. 78,0 78,1 78,2 "El volcán ya ha arrasado 889 hectáreas y 2.129 edificaciones". Canarias 7 (en castelán). 23 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  79. 79,0 79,1 79,2 79,3 79,4 79,5 "Registran una elevación de la sismicidad y cuatro centros de emisión siguen alimentando las coladas". Canarias 7 (en castelán). 24 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  80. "Casi 40 sismos en La Palma desde la medianoche, varios de magnitud 3,9". Canarias 7 (en castelán). 23 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  81. 81,0 81,1 "Alta sismicidad con 79 terremotos desde la pasada medianoche". Canarias 7 (en castelán). 24 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  82. "Nuevo colapso del cono del volcán". Canarias 7 (en castelán). 25 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  83. 83,0 83,1 "La reconfiguración del cono y la apertura de nuevos centros de emisión alimentan de lava las coladas ya existentes" (en castelán). Goberno de Canarias. 25 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2021. 
  84. "El bulo del tsunami de La Palma que acabaría con EE UU". eldia.es (en castelán). 18 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  85. "El bulo del tsunami de La Palma que acabaría con EE UU". eldía.es (en castelán). 18 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  86. "Tsunami no Brasil? Especialistas comentam sobre erupção nas Ilhas Canárias(en portugués)" (en portugués). São Paulo: IG. 17 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  87. "La Palma | Entra en erupción el volcán en la Cumbre Vieja". RTVE.es (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  88. 88,0 88,1 "El Rey, Gobierno y los partidos envían su apoyo a los palmeros y a equipos de emergencia". Canarias 7 (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  89. "Los Reyes se reúnen en La Palma con evacuados por la erupción del Cumbre Vieja". La Voz de Lanzarote (Lanzarote). 23 de setembro de 2021. Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  90. Saiz, Eva (20 de setembro de 2021). "Reyes Maroto: “La erupción de La Palma es un reclamo turístico que podemos aprovechar”". El País (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  91. "Reyes Maroto «matiza» sus declaraciones sobre el volcán de La Palma: «Hoy estamos con las víctimas de la catástrofe»". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 21 de setembro de 2021. 
  92. "Toda España se vuelca con mensajes de solidaridad con los palmeros". Canarias 7 (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  93. "La Unión Europea ofrece un "apoyo adicional" a La Palma por la erupción del volcán Cumbre Vieja". ElEspañol.com (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 22 de setembro de 2021. 
  94. "Sacerdotes de La Palma y el obispo celebran una misa para pedir a su patrona que «cese la erupción del volcán»". Canarias 7 (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  95. Boo, Juan Vicente (27 de setembro de 2021). "El Papa manifiesta «cercanía y solidaridad» a los damnificados por la erupción en La Palma y al personal de socorro". ABC (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  96. 96,0 96,1 Morales, Jorge (17 de outubro de 2021). "El volcán sigue a plena potencia tras un mes de devastación de La Palma sin precedentes". eldia.es (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  97. "Evacúan a más de 5.000 personas en El Paso, Tazacorte y Los Llanos de Aridane". Canarias 7 (en castelán). 16 de setembro. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  98. "Los bomberos se enfrentan al imparable avance de la lava". Canarias 7 (en castelán). 20 de setembro. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  99. "Supendidas las clases en El Paso, Los Llanos y Tazacorte". eldia.es (en castelán). 19 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  100. "La velocidad de la lava en el volcán de La Palma convierte la colada en un 'tsunami'". El Día. 15 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  101. "Canarias instalará 200 casas prefabricadas para los afectados por el volcán". Canariaas 7 (en castelán). 25 de outubro de 2021. Consultado o 26 de outubro de 2021. 
  102. "Hay seis perros atrapados por la lava y uno puede estar ya muerto". Canariaas 7 (en castelán). 16 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  103. "Todo listo para el rescate de los perros de La Palma". Canariaas 7 (en castelán). 16 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  104. García, Rocío (16 de outubro de 2021). "Una firma de Lalín prepara un rescate en dron de perros atrapados en La Palma". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  105. "Aterriza en Canarias el equipo de drones que intentará rescatar a los perros de la lava". Canariaas 7 (en castelán). 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  106. "Autorizan el rescate de los perros atrapados por la lava en La Palma". ABC (en castelán). 19 de outubro de 2021. Consultado o 19 de outubro de 2021. 
  107. 107,0 107,1 107,2 Vega, Guillermo (27 de setembro de 2021). "La colada se reactiva y La Palma se prepara ante su llegada al mar". El País (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 2021. 
  108. "La lava ya afectó a unas 100 casas en su camino hacia el mar en La Palma". Canarias 7 (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  109. 109,0 109,1 "La destrucción tras 11 días: 855 construcciones y 338 hectáreas, según Copernicus". eltime.es (en castelán). 30 de setembro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  110. Cortés, Helena (27 de setembro de 2021). "No hubo milagro: la lava derruye la iglesia de Todoque". ABC (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2021. 
  111. "La lava se lleva por delante el colegio de Todoque". El Español (en castelán). 28 de setembro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  112. "La lava del volcán en La Palma engulle el colegio 'Los Campitos'". Onda Cero (en castelán). 20 de setembro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  113. "El colegio Acerina, alternativa para los alumnos afectados por la erupción de La Palma". eldía.es (en castelán). 27 de setembro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021. 
  114. García Flores, Ana Belén (10 de octubre de 2021). "La lava ya ha destruido 525 hectáreas y ha afectado a más de 1200 construcciones". rtve. 
  115. "Las edificaciones destruidas por la lava se elevan ya a 1.835". Canarias 7 (en castelán). 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  116. "Noticias de España hoy martes 28 de septiembre de 2021". www.antena3.com (en castelán). 2021-09-28. Consultado o 2021-09-30. 
  117. "Los daños provocados por el volcán en La Palma superarán los 400 millones de euros". La Sexta. 21 de setembro de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2021. 
  118. Vega, Guillermo (25 de setembro de 2021). "La ceniza nubla el aeropuerto de La Palma". El País (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2021. 
  119. "El magma elimina la prestigiosa zona surfera de Guirres". Canarias7 (en castelán). 2021-10-02. Consultado o 2021-10-02. 
  120. 120,0 120,1 Hernández, Daniel (20 de setembro de 2021). "Prohibida la navegación en las zonas próximas a la erupción en La Palma". eldia.es (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2021. 
  121. 121,0 121,1 "Llega a La Palma un buque cisterna con capacidad de 7.500 metros cúbicos". Canarias 7 (en castelán). 15 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  122. "Problemas en el bombeo retrasan el suministro de agua desde las desaladoras". Canarias 7 (en castelán). 23 de outubro de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  123. "El volcán amanece mucho más activo con explosiones e incendios". Diario de Mallorca (en castelán). 22 de setembro de 2021. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  124. La Fuente, Nacho de (29 de setembro de 2021). "La nube tóxica del volcán de La Palma se expande hasta el círculo polar ártico". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  125. "La lava del volcán de La Palma alcanza el mar". ElDiario.es (en castelán). 29 de setembro de 2021. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  126. "Evalúan la afección del volcán al pinar de La Palma". Canarias 7 (en castelán). 3 de outubro de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  127. Beltrán, Carlos Santana (1 de outubro de 2021). "Más de 1.000 inmuebles afectados por el volcán en La Palma". Canarias 7 (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2021.