Saltar ao contido

Colombia nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colombia nos Xogos Olímpicos

Código COICOL
Comité nacionalComité Olímpico Colombiano
www.coc.org.co (en castelán)
Medalleiro
Ouro
5
Prata
16
Bronce
17
Total
38

Colombia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1932, e enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán, agás nunha ocasión nos Xogos de 1952. Os atletas colombianos gañaron un total de 38 medallas olímpicas (5 de ouro, 16 de prata e 17 de bronce) en nove deportes diferentes, con halterofilia e o ciclismo como os máis exitosos. Colombia é o terceiro país de América do Sur con máis medallas nos Xogos Olímpicos, após o Brasil e a Arxentina respectivamente. O Comité Olímpico colombiano foi creado en 1936 e está recoñecido polo Comité Olímpico Internacional dende 1948.

Delegación colombiana nos Xogos de Berlín de 1936.

A delegación olímpica colombiana asistiu por primeira vez a uns Xogos Olímpicos nos Xogos de 1932 nos Ánxeles, contando cun só atleta: Jorge Perry. Perry enviou unha carta ao Comité Olímpico Internacional en xaneiro de 1932 na cal se presentaba a si mesmo e describía Colombia como "un pequeno país de América do Sur con gañas de facer medrar o seu deporte e de formar parte do movemento olímpico". Ademais, expresou o seu desexo de participar na daquela inminente competición.[1] O mes seguinte, Perry recibiu unha resposta do COI, que non só aceptaba a súa proposta senón que lle ofrecía axuda antes e durante a competición. O 30 de xullo de 1932, desfilou na cerimonia de inauguración representando a un país non afiliado ao COI.[2] Competiu na proba de maratón, mais logo de dez quilómetros non foi quen de rematar a carreira, que foi gañada polo arxentino Juan Carlos Zabala. Catorce anos máis tarde, en 1946, o primeiro deportista olímpico de Colombia morreu en Bogotá, 4 días despois de ter sufrido un accidente de moto preto de Samacá. Na edición de 1936 dos Xogos, o Comité Olímpico Colombiano xa fora creado e enviou cinco atletas para competir en Berlín. Despois da controvertida decisión de volver xogar un partido de fútbol entre o Perú e Austria (logo dun resultado adverso para os austríacos), a delegación colombiana abandonou a vila olímpica como mostra de apoio para o equipo peruano.[3] Logo do remate da segunda guerra mundial, celebráronse os Xogos de 1948 en Londres, e por primeira vez Colombia enviou deportistas doutros deportes ademais de atletismo, participando en esgrima e natación.[4] Por mor de problemas financeiros e o posterior período de violencia, Colombia non participou nos Xogos de 1952 en Helsinqui.[5] Nos Xogos de 1956 en Melbourne, o equipo colombiano expandiuse duns poucos competidores a 26 atletas, enviando ciclistas e levantadores de peso por primeira vez.[6] Os atletas colombianos continuaron participando nos Xogos Olímpicos dende entón sen perder ningunha edición dos Xogos de Verán, enviando atletas femininas para competir por primeira vez nos Xogos Olímpicos de 1968 celebrados en Cidade de México.[7][8]

Colombia gañou as súas primeiras medallas olímpicas nos Xogos de 1972 en Múnic, corenta anos despois da súa primeira aparición nos Xogos de Verán. A primeira foi unha medalla de prata gañada polo tirador Helmut Bellingrodt na proba de tiro a branco en movemento a 50 metros,[9] e despois tanto Clemente Rojas como Alfonso Pérez gañaron cadansúa medalla de bronce en probas de boxeo, conseguindo un total de tres medallas para a delegación colombiana neses xogos.[10]

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Os Ánxeles 193210000
Alemaña Nazi Berlín 193650000
Londres 194850000
Finlandia Helsinqui 1952non participou
Australia Melbourne 1956260000
Italia Roma 1960160000
Xapón Toquio 1964200000
Cidade de México 1968440000
República Federal Alemá Múnic 197259012331
Montreal 1976350000
Unión Soviética Moscova 1980230000
Os Ánxeles 198439010133
Seúl 198840001146
España Barcelona 199249001154
Atlanta 1996480000
Australia Sydney 200044100150
Grecia Atenas 200453002268
República Popular da China Pequín 200867021359
Londres 2012104134838
Río de Xaneiro 2016147323823
Xapón Toquio 202070041566
Francia París 202487031466
Os Ánxeles 2028Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total516173871

Medallas nos Xogos de Inverno

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Vancouver 201010000
Sochi 2014Non participou
Pyeongchang 201840000
República Popular da China Pequín 202230000
Italia Milán-Cortina d'Ampezzo 2026Evento futuro
Total0000

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Halterofilia26311
Ciclismo2248
Atletismo1315
Tiro0202
Boxeo0145
Judo0112
Ximnasia0101
Loita0033
Taekwondo0011
Total5161738

Lista de medallistas

[editar | editar a fonte]
Medalla Nome Xogos Deporte Evento
Medalla de prata PrataHelmut BellingrodtAlemaña Múnic 1972 Tiro50 metros con obxectivo móbil
Medalla de bronce BronceClemente RojasAlemaña Múnic 1972 BoxeoPeso pluma masculino
Medalla de bronce BronceAlfonso PérezAlemaña Múnic 1972 BoxeoPeso lixeiro masculino
Medalla de prata PrataHelmut Bellingrodt Os Ánxeles 1984 Tiro50 metros con obxectivo móbil
Medalla de bronce BronceEliécer Julio Seúl 1988 BoxeoPeso banta masculino
Medalla de bronce BronceXimena RestrepoEspaña Barcelona 1992 Atletismo400 metros feminino
Medalla de ouro OuroMaría Isabel UrrutiaAustralia Sydney 2000 Halterofilia75 kg feminino
Medalla de bronce BronceMaría Luisa CalleGrecia Atenas 2004 CiclismoCarreira de puntos feminina
Medalla de bronce BronceMabel MosqueraGrecia Atenas 2004 Halterofilia53 kg feminino
Medalla de prata PrataDiego Salazar QuinteroRepública Popular da China Pequín 2008 Halterofilia62 kg masculino
Medalla de prata PrataLeidy SolísRepública Popular da China Pequín 2008 Halterofilia69 kg feminino
Medalla de bronce BronceJackeline RenteríaRepública Popular da China Pequín 2008 LoitaEstilo libro de 55 kg feminino
Medalla de ouro OuroMariana Pajón Londres 2012 CiclismoBMX feminino
Medalla de prata PrataCaterine Ibargüen Londres 2012 AtletismoTriplo salto feminino
Medalla de prata PrataRigoberto Urán Londres 2012 CiclismoCarreira en estrada masculina
Medalla de prata PrataÓscar Figueroa Londres 2012 Halterofilia62 kg masculino
Medalla de bronce BronceCarlos Oquendo Londres 2012 CiclismoBMX masculino
Medalla de bronce BronceYuri Alvear Londres 2012 Judo70 kg feminino
Medalla de bronce BronceÓscar Muñoz Oviedo Londres 2012 Taekwondo58 kg masculino
Medalla de bronce BronceUbaldina Valoyes Londres 2012 Halterofilia69 kg feminino
Medalla de bronce BronceJackeline Rentería Londres 2012 LoitaEstilo libre de 55 kg feminino
Medalla de ouro OuroCaterine Ibargüen Río de Xaneiro 2016 AtletismoTriplo salto feminino
Medalla de ouro OuroMariana Pajón Río de Xaneiro 2016 CiclismoBMX feminino
Medalla de ouro OuroÓscar Figueroa Río de Xaneiro 2016 Halterofilia62 kg masculino
Medalla de prata PrataYuberjen Martínez Río de Xaneiro 2016 BoxeoPeso mosca masculino
Medalla de prata PrataYuri Alvear Río de Xaneiro 2016 Judo70 kg feminino
Medalla de bronce BronceIngrit Valencia Río de Xaneiro 2016 BoxeoPeso mosca feminino
Medalla de bronce BronceCarlos Ramírez Yepes Río de Xaneiro 2016 CiclismoBMX masculino
Medalla de bronce BronceLuis Javier Mosquera Río de Xaneiro 2016 Halterofilia69 kg masculino
Medalla de prata PrataLuis Javier Mosquera Toquio 2020 Halterofilia67 kg masculino
Medalla de prata PrataMariana Pajón Toquio 2020 CiclismoBMX feminino
Medalla de prata PrataAnthony Zambrano Toquio 2020 Atletismo400 metros maculino
Medalla de prata PrataSandra Arenas Toquio 2020 AtletismoMarcha de 20 quilómetros feminina
Medalla de bronce BronceCarlos Ramírez Yepes Toquio 2020 CiclismoBMX masculino
Medalla de prata PrataÁngel BarajasFrancia París 2024 XimnasiaBarra horizontal masculino
Medalla de prata PrataYeison LópezFrancia París 2024 Halterofilia89 kg masculino
Medalla de prata PrataMari SánchezFrancia París 2024 Halterofilia71 kg feminino
Medalla de bronce BronceTatiana RenteríaFrancia París 2024 Loita76 kg feminino
  1. "COC 80 AÑOS (2): Perry Villate, pionero de Colombia en los Juegos Olímpicos". coc.org.co/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020.
  2. "Jorge Perry Villate, el primer colombiano en unos Juegos Olímpicos". las2orillas.com (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2020.
  3. "Hace 75 años Perú se retiró de Berlín 36 tras "humillar" a Hitler". elcomercio.pe (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2024. Consultado o 16 de setembro de 2020.
  4. "Colombia en los Olímpicos (2): Londres 1948". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020.
  5. "Colombia en los Olímpicos (3): Melbourne 1956". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020.
  6. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020.
  7. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020.
  8. "Colombia en los Olímpicos (6): México 1968". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020.
  9. "Helmut Bellingrodt apunta y dispara directo al deporte". revistas.elheraldo.co. Consultado o 16 de setembro de 2020.
  10. "Colombia en los Olímpicos (7): Múnich, 1972". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]