Comité Olímpico Colombiano
O Comité Olímpico Colombiano (COC) foi creado o 3 de xullo de 1936 e foi recoñecido polo Comité Olímpico Internacional en 1948.[1]. A súa misión é coordinar esforzos para protexer o movemento olímpico e consolidar o seu desenvolvemento, o cumprimento das normas da Carta Olímpica e promover a preparación, selección e participación de deportistas nos Xogos Olímpicos e outras competencias nacionais e internacionais.
Misión[editar | editar a fonte]
Tendo como base a Misión do COI, estabelecida pola carta Olímpica: “Promover o Olimpismo por todo o mundo e dirixir o Movemento Olímpico”, harmonizada co contemplado na Lei 181 no seu artigo 72 fronte á natureza e competencia do COC, defínese a seguinte misión: "A formulación, integración, coordinación, execución e avaliación de políticas, plans, programas e proxectos para o desenvolvemento e crecemento do deporte competitivo e de altos logros."
Presidentes do COC[editar | editar a fonte]
Dende a súa creación, o 3 de xullo de 1936, o Comité Olímpico Colombiano tivo 15 presidentes, elixidos en asemblea por delegados das federacións deportivas afiliadas, para períodos de catro anos. O primeiro deles foi Julio Gerlein Comelín, escollido o día da creación da entidade, e o actual, Baltazar Medina, elixido por primeira vez en 2009 e reelixido, en 2017.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en castelán)