Tiro nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo olímpico do tiro.

O tiro é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os primeiros Xogos modernos de 1896, sendo un dos deportes presentes en cada edición dende entón, agás nos Xogos de 1904 e 1928.

Nas primeiras edicións dos Xogos Olímpicos da era moderna (1896-1900 e 1908-1924) realizáronse unha serie de probas en tiro olímpico que non seguían ningún criterio fixo. Coa volta á competición nos Xogos de 1932 nos Ánxeles (nos Estados Unidos de América) fixouse un criterio único, acadando os 17 eventos na edición de 2004. Ao longo da historia da competición abriuse a presenza, nalgunhas probas, á competición feminina convertendo as probas en mixtas, conseguindo dúas mulleres medallas nesta competición: a prata para Margaret Murdock na edición de 1976 na proba de rifle en tres posicións, e o ouro de Zhan Shan na edición de skeet no ano 1992.

Os grandes dominadores deste deporte son os Estados Unidos de América e a República Popular da China.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]