Saltar ao contido

República Democrática do Congo nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República Democrática do Congo nos Xogos Olímpicos

Código COICOD
Comité nacionalComité Olímpico Congolés
Medalleiro
Ouro
0
Prata
0
Bronce
0
Total
0

A República Democrática do Congo participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1968, cando era coñecido como Congo Kinshasa. A súa seguinte participación olímpica foi dezaseis anos máis tarde, en 1984, cando era coñecido como Zaire. Dende entón, o país enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán, mais nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno. A partir dos Xogos de 2000, o país foi coñecido unha vez máis como a República Democrática do Congo.

Ningún atleta da República Democrática do Congo conseguiu nunca unha medalla olímpico, converténdose o país no segundo máis poboado do mundo en non ter ningunha, só detrás de Bangladesh.[1]

O Comité Olímpico Nacional da República Democrática do Congo foi creado en 1963 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1968.

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Cidade de México 196850000
República Federal Alemá Múnic 1972non participou
Montreal 1976
Unión Soviética Moscova 1980
Os Ánxeles 198480000
Seúl 1988150000
España Barcelona 1992170000
Atlanta 1996140000
Australia Sydney 200030000
Grecia Atenas 200440000
República Popular da China Pequín 200850000
Londres 201240000
Río de Xaneiro 201640000
Xapón Toquio 202070000
Francia París 202460000-
Os Ánxeles 2028Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total0000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]