Rigoberto Urán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rigoberto Urán
RigoUrán-OPQS2014.jpg
Nome completoRigoberto Urán Urán
Nacemento26 de xaneiro de 1987
Lugar de nacementoUrrao
NacionalidadeColombia
Ocupaciónciclista
Na rede
http://rigobertouran.com/
Facebook: FansRigobertoUran Twitter: UranRigoberto Instagram: rigobertouran Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rigoberto Urán Urán, nado en Urrao o 26 de xaneiro de 1987, é un ciclista colombiano, membro do equipo estadounidense EF Education-NIPPO de categoría UCI WorldTeam.[1] Antes diso, competiu por equipos como o Caisse d'Epargne, o Sky e o Omega Pharma-Quick Step. Os seus logros máis salientables como deportista foron a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres na proba de ciclismo en ruta, e a segunda posición no Giro de Italia 2013 e 2014, ao igual que no Tour de Francia 2017.

Salienta principalmente como escalador, mais tamén mellorou nas probas de contra o reloxo, acadando o cuarto posto na contra o reloxo do Tour de Romandía 2014. Foi segundo na contra o reloxo de Borja da Vuelta a España 2014 por detrás do tres veces campión mundial da especialidade, o alemán Tony Martin. A súa actuación máis importante neste tipo de probas, foi a contra o reloxo de Barolo no Giro de Italia 2014, onde se puxo a maglia rosa de líder.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. mundo ciclístico (14 de xullo de 2013). "El mánager del Sky confirma la salida de Rigoberto Urán al Omega Pharma-Quick Step para el 2014". Consultado o 30 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]