Saltar ao contido

Liechtenstein nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liechtenstein nos Xogos Olímpicos

Código COILIE
Comité nacionalComité Olímpico de Liechtenstein
www.olympic.li (en alemán)
Medalleiro
Ouro
2
Prata
2
Bronce
6
Total
10

Liechtenstein participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1936, e dende entón enviou atletas para competir dos Xogos de Verán e Inverno. O Comité Olímpico de Liechtenstein foi creado en 1935.

Liechtenstein é o país máis pequeno do mundo (tanto en área como en poboación) en gañar unha medalla olímpica. Os deportistas de Liechtenstein gañaron un total de dez medallas, todas elas en esquí alpino, sendo o único país en gañar soamente medallas nos Xogos de Inverno, e non nos de Verán. Liechtenstein ten o maior número de medallas per cápita que calquera outro país do mundo, tendo case unha medalla por cada 3 600 habitantes.[1] Sete das dez medallas foron conseguidas por membros da mesma familia: os irmáns Hanni e Andreas Wenzel, e a filla de Hanni, Tina Weirather.[2] Ademais, os irmáns Willi e Paul Frommelt gañaron dúas das outras tres. Ursula Konzett é a única gañadora de medalla de Liechtenstein que non está relacionada coas familias Wenzel ou Frommelt.

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Alemaña Nazi Berlín 193660000–
Londres 194820000–
Finlandia Helsinqui 195220000–
Australia Melbourne 1956non participou
Italia Roma 196050000–
Xapón Toquio 196420000–
Cidade de México 196820000–
República Federal Alemá Múnic 197260000–
Montreal 197660000–
Unión Soviética Moscova 1980non participou
Os Ánxeles 198470000–
Seúl 1988120000–
España Barcelona 199270000–
Atlanta 199620000–
Australia Sydney 200020000–
Grecia Atenas 200410000–
República Popular da China Pequín 200820000–
Londres 201230000–
Río de Xaneiro 20163000 0–
Xapón Toquio 20205000 0–
Francia París 20241000 0–
Os Ánxeles 2028Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total0000-

Medallas nos Xogos de Inverno

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Alemaña Nazi Garmisch-Partenkirchen 193640000–
Suíza Sankt Moritz 1948100000–
Oslo 1952non participou
Italia Cortina d'Ampezzo 195680000–
Squaw Valley 196030000–
Austria Innsbruck 196460000–
Francia Grenoble 196890000–
Xapón Sapporo 197240000–
Austria Innsbruck 19769002214
Lake Placid 1980722046
Iugoslavia Saraxevo 198410002216
Calgary 198813001116
Francia Albertville 199270000–
Lillehammer 1994100000–
Xapón Nagano 199880000–
Salt Lake City 200280000–
Italia Turín 200650000–
Vancouver 201070000–
Sochi 201440000–
Pyeongchang 20183001128
República Popular da China Pequín 202220000-
Italia Milán–Cortina 2026Evento futuro
Total2261034

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Esquí alpino22610
Total22610
  1. ↑ Manning, Nevill (16 de febreiro de 2018). "Medals per Capita". medalspercapita.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
  2. ↑ Dunbar, Graham (23 de decembro de 2013). "Liechtenstein skier Tina Weirather follows in her family's rich Olympic tradition". Courier Islander (Campbell River, British Columbia). Associated Press. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]