Ximena Restrepo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ximena Restrepo
Nacemento10 de marzo de 1969
Lugar de nacementoMedellín
NacionalidadeColombia
Ocupaciónvelocista
CónxuxeGert Weil
FillosMartina Weil
Na rede
IAAF: 63399 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ximena Restrepo Gaviria, nada en Medellín o 10 de marzo de 1969, é unha atleta colombiana, nacionalizada chilena, especializada na proba dos 400 metros lisos. O 5 de agosto de 1992, conquistou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona coa marca de 49,64 segundos, que se converteu en récord suramericano.[1] Obtivo numerosos premios até que unha lesión lle impediu concretar unha boa actuación en Atlanta 1996. O seu obxectivo era ser campioa mundial da especialidade de 200 metros, mais a lesión impediulle acadar o seu soño e obrigouna a realizar un retiro forzoso.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ""No me retiré plena": Ximena Restrepo" (en castelán). El Espectador. 20 de marzo de 2010. Consultado o 13 de xuño de 2010.