Sandra Arenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sandra Arenas
Nacemento17 de setembro de 1993
Lugar de nacementoPereira
NacionalidadeColombia
Ocupaciónatleta
Na rede
IAAF: 14418896 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sandra Lorena Arenas Campuzano, nada en Pereira, Risaralda, o 17 de setembro de 1993, é unha atleta colombiana. Foi medallista de prata en marcha de 20 quilómetros nos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio.[1]

No Campionato Mundial Júnior de Atletismo de 2012 en Barcelona chegou terceira nos 10 quilómetros marcha cun tempo de 45:44,46, acadando a medalla de bronce.[2][3] Ese mesmo ano foi gañadora da Copa do Mundo de Marcha Atlética de 2012, celebrada en Saransk, Rusia; 45:57 foi o tempo co que Arenas gañou a proba dos 10 km,[4][5] converténdose na primeira colombiana en conseguilo.

O seu adestrador é Libardo Hoyos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Récords actuales - 20 km marcha femenina". Juegos Olímpicos de Tokio 2020 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  2. IAAF. "14th IAAF World Junior Championships > 10,000 Metres Race Walk - women" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2014. 
  3. "Sandra Arenas ganó bronce en 10.000 metros marcha de Mundiales de atletismo junior en Barcelona". elcolombiano.com. 11 de xullo de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2012. 
  4. IAAF. "IAAF World Race Walking Cup 2012 > 10 Kilometres Race Walk - women" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2014. 
  5. "Eider Arévalo y Sandra Arenas conquistaron Mundial Juvenil en Rusia". elpais.com. 12 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2 de agosto de 2012. 
  6. El Espectador (19 de xullo de 2012). "Sandra Arenas". Consultado o 2 de agosto de 2012. [Ligazón morta]