Ingrit Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ingrit Valencia
Nacemento3 de setembro de 1988
Lugar de nacementoMorales
NacionalidadeColombia
Ocupaciónboxeadora
Na rede
Olympic.org: ingrit-valencia-victoria Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ingrit Lorena Valencia Victoria, nada en Morales o 3 de setembro de 1988, é unha boxeadora colombiana medallista olímpica.

Foi campioa nacional nunha ocasión, medalla de prata nos Xogos Bolivarianos de 2013 en Trujillo, medallista de ouro nos Xogos Suramericanos de 2014 en Santiago de Chile e tamén de ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe de 2014, en Veracruz, México.[1][2]

Nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro, obtivo a medalla de bronce na categoría de peso mosca feminino (menos de 51 kg).[3] Nos Xogos Bolivarianos de Santa Marta, Colombia, obtivo a medalla de ouro o 17 de novembro de 2017 e nos Xogos Centroamericanos e do Caribe que se levaron a cabo en Barranquilla, Colombia, entre o 19 de xullo e o 3 de agosto de 2018, gañou a medalla de ouro na categoría mosca (51 kg).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La pionera del boxeo femenino en Colombia". Comité Olímpico Colombiano - Coldeportes. 18 de agosto de 2016. 
  2. "Los puños de oro de Ingrid Valencia". El Nuevo Liberal. 14 de decembro de 2014. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  3. "Ingrit Lorena Valencia, bronce en el boxeo femenino". La Fm. 18 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2016.