Camboxa nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Camboxa nos Xogos Olímpicos

Flag of Cambodia.svg

Código COI CAM
Comité nacional Comité Olímpico Nacional de Camboxa
Medalleiro
Ouro
0
Prata
0
Bronce
0
Total
0

Camboxa competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1956. O país nunca gañou unha medalla olímpica[1] e tampouco participou nos Xogos Olímpicos de Inverno. Camboxa participou nos Xogos Olímpicos de 1956 celebrados en Melbourne, Australia, mais competiu fisicamente en Estocolmo, Suecia, xa que só competiron na proba de hípica que se realizou en Suecia por mor de regulacións de corentena dos animais.[2]

Camboxa non competiu nos Xogos Olímpicos durante 24 anos despois dos Xogos Olímpicos de 1972 polo réxime dos Khmer vermellos, mais finalmente regresou nos Xogos Olímpicos de 1996.[2] Dende entón competiron en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán.[1]

Táboas coas medallas[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán[editar | editar a fonte]

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Italia Roma 1952 como parte de Flag of France.svg Francia
Australia Melbourne 1960 2 0 0 0 0
Italia Roma 1968 non participou
Xapón Toquio 1964 11 0 0 0 0
Flag of Mexico.svg Cidade de México 1968 non participou
República Federal Alemá Múnic 1972 10 0 0 0 0
Flag of Canada.svg Montreal 1976 non participou
Unión Soviética Moscova 1980
Flag of the United States.svg Os Ánxeles 1984
Flag of South Korea.svg Seúl 1988
España Barcelona 1992
Flag of the United States.svg Atlanta 1996 5 0 0 0 0
Australia Sydney 2000 4 0 0 0 0
Grecia Atenas 2004 4 0 0 0 0
República Popular da China Pequín 2008 4 0 0 0 0
Flag of the United Kingdom (3-5).svg Londres 2012 6 0 0 0 0
Flag of Brazil.svg Río de Xaneiro 2016 6 0 0 0 0
Xapón Toquio 2020 3 0 0 0 0
Francia París 2024 Evento futuro
Flag of the United States.svg Os Ánxeles 2028
Total 0 0 0 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sports Reference (ed.). "Cambodia". SR/Olympic Sports. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Manjunath, H. S. (18 de xullo de 2012). "A History of the Olympic Games". Phnom Penh Post. Consultado o 29 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]