Leidy Solís
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1990 ![]() Tuluá, Colombia ![]() |
Altura | 168 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | halterófila ![]() |
Nacionalidade deportiva | Colombia ![]() |
Deporte | halterofilia ![]() |
Participou en | |
2017 | Campeonato Mundial de Halterofilismo de 2017 (pt) ![]() |
2016 | halterofilia nos Xogos Olímpicos de 2016 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 (medalla de prata olímpica) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Leidy Yesenia Solís Arboleda, nada en Tuluá o 17 de febreiro de 1990, é unha halterófila colombiana. Obtivo a medalla de ouro nos Xogos Panamericanos de 2007, nos Xogos Suramericanos de Medellín 2010.[1] Posteriormente no mesmo ano, foi campioa de Centroamérica e do Caribe en Mayagüez 2010.[2] Representou a Colombia nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín, rematando na cuarta posición da súa categoría.[3] Porén, adxudicóuselle de forma extemporánea unha medalla de bronce nos 69 kg pola descualificación da ucraína Natalia Davidova, medalla que se confirmou o 17 de novembro de 2016, 8 anos logo da disputa dos Xogos Olímpicos de Pequín.[4] O 12 de xaneiro de 2017, o COI ratificou a sanción por dopaxe á chinesa Chunhong Liu, quen fora medalla de ouro en Pequín, sumándose á ucraína por inxerir substancias prohibidas; desta maneira, outorgóuselle o primeiro lugar á rusa Oxana Slivenko e a colombiana ascendería de novo no medalleiro, desta volta no segundo lugar, recibindo a medalla de prata.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información del Participante en los Juegos Suramericanos de 2010" (en castelán). Medellin2010.0rg. 2010. Consultado o 1 de maio de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ "Información del Participante en los Juegos Centroamericanos y del Caribe Mayagüez 2010" (en castelán). Mayaguez2010.com. 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 1 de setembro de 2010.
- ↑ Radio, Caracol (13 de agosto de 2008). "Leidy Solis terminó cuarta en las Pesas de los Juegos de Beijing". Caracol Radio (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2008.
- ↑ Tiempo, Casa Editorial El (17 de novembro de 2016). "La colombiana Leidy Solís recibirá medalla de bronce de Pekín 2008". El Tiempo (en castelán). Consultado o 17 de novembro de 2016.
- ↑ Semana (2008). "La pesista Leidy Solis recibirá medalla de plata por Beijing 2008". semana.com (en castelán). La pesista Leidy Solis recibirá medalla de plata por Beijing 2008.