Jorge Julio Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Julio Rocha
Nacemento4 de abril de 1969
Lugar de nacementoEl Retén
NacionalidadeColombia
Ocupaciónboxeador
PremiosWBO World Bantamweight Champion
editar datos en Wikidata ]

Jorge Eliécer Julio Rocha, nado en El Retén o 4 de abril de 1969, é un boxeador colombiano que competiu dende 1989 até 2003. Foi medallista olímpico nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl.[1] Retirouse en 2003 logo de 49 pelexas (44 gañadas e 5 perdidas).[2]

Entre o 9 de outubro de 1992 e o 23 de outubro de 1993 foi campión mundial de boxeo na categoría galo. Volveu selo entre o 28 de xullo de 1997 e o 8 de xaneiro de 2000 cando perdeu o cinto contra Johnny Tapia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Athletes > Jorge Julio" (en inglés). Sports Reference.com. 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2008. Consultado o 24 de decembro de 2010. 
  2. "Boxer: Jorge Eliecer Julio" (en inglés). Box rec. 2010. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2010.