Granada nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granada nos Xogos Olímpicos

Código COI GRN
Comité nacional Comité Olímpico de Granada
www.grenadaolympic.com (en inglés)
Medalleiro
Ouro
1
Prata
1
Bronce
1
Total
3

Granada competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984, e participou en cada edición dos Xogos de Verán dende entón. Granada gañou a súa primeira medalla en 2012, un ouro en atletismo. O Comité Olímpico de Granada foi creado en 1984 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.

Granada nunca competiu nuns Xogos Olímpicos de Inverno. Despois de 28 anos participando nos Xogos de Verán, Granada gañou a súa primeira medalla nos Xogos de 2012 en Londres, cando Kirani James conseguiu un récord nacional de 43,94 o 6 de agosto de 2012 para gañar o ouro nos 400 metros lisos masculinos. Deste xeito converteuse no país máis pequeno da historia en gañar unha medalla de ouro nuns Xogos de Verán.

Nos Xogos Olímpicos de 2016, James gañou outra medalla, desta volta de prata, correndo cun tempo de 43,76 segundos. Como resultado, Granada converteuse no país máis eficiente dos Xogos de Río en canto a número de medallas conseguidas comparadas coa poboación do país.

Táboas coas medallas[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán[editar | editar a fonte]

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Os Ánxeles 1984 1 0 0 0 0 -
Seúl 1988 1 0 0 0 0 -
España Barcelona 1992 2 0 0 0 0 -
Atlanta 1996 5 0 0 0 0 -
Australia Sydney 2000 3 0 0 0 0 -
Grecia Atenas 2004 5 0 0 0 0 -
República Popular da China Pequín 2008 9 0 0 0 0 -
Londres 2012 10 1 0 0 1 50
Río de Xaneiro 2016 7 0 1 0 1 69
Xapón Toquio 2020 6 0 0 1 1 86
Francia París 2024 Evento futuro
Os Ánxeles 2028
Total 1 1 1 3 98

Medallas por deporte[editar | editar a fonte]

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Atletismo 1 1 1 3
Total 1 1 1 3

Lista de medallistas[editar | editar a fonte]

Medalla Nome Xogos Deporte Evento
Medalla de ouro Ouro Kirani James Londres 2012 Atletismo 400 metros lisos masculinos
Medalla de prata Prata Kirani James Río de Xaneiro 2016 Atletismo 400 metros lisos masculinos
Medalla de bronce Bronce Kirani James Toquio 2020 Atletismo 400 metros lisos masculinos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]