Saltar ao contido

Zambia nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zambia nos Xogos Olímpicos

Código COIZAM
Comité nacionalComité Olímpico Nacional de Zambia
www.nocz.co.zm (en inglés)
Medalleiro
Ouro
0
Prata
1
Bronce
2
Total
3

Zambia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos baixo o seu nome actual en 1968, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1976. Anteriormente, competiu como Rodesia do Norte en 1964 e baixo a bandeira de Rodesia en 1960. Zambia nunca enviou deportistas para competir nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Os deportistas zambianos gañaron tres medallas olímpicas. O boxeador Keith Mwila gañou a primeira medalla do país, un bronce en boxeo, na categoría de -48kg nos Xogos Olímpicos de 1984, e doce anos despois, Samuel Matete conseguiu a medalla de prata na proba de 400 metros valados masculino.

O Comité Olímpico Nacional de Zambia foi creado en 1951 e recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1963.

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Italia Roma 1960como parte de Rodesia
Xapón Toquio 1964120000
Cidade de México 196870000
República Federal Alemá Múnic 1972140000
Montreal 1976non participou
Unión Soviética Moscova 1980400000
Os Ánxeles 198416001143
Seúl 1988310000
España Barcelona 199290000
Atlanta 19968010161
Australia Sydney 200080000
Grecia Atenas 200460000
República Popular da China Pequín 200880000
Londres 201270000
Río de Xaneiro 201670000
Xapón Toquio 2020260000
Francia París 202427001184
Os Ánxeles 2028Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total0123131

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Atletismo0112
Boxeo0011
Total0123

Lista de medallistas

[editar | editar a fonte]
Medalla Nome Xogos Deporte Evento
Medalla de bronce BronceKeith Mwila Os Ánxeles 1984 Boxeo–48 kg
Medalla de prata PrataSamuel Matete Atlanta 1996 Atletismo400 metros valados masculinos
Medalla de bronce BronceMuzala SamukongaFrancia París 2024 Atletismo400 metros masculinos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]