Saltar ao contido

Unión Soviética nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Soviética nos Xogos Olímpicos

Código COIURS
Comité nacionalComité Olímpico Soviético
Medalleiro
Ouro
473
Prata
376
Bronce
355
Total
1204

A Unión Soviética participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1952, e competiu posteriormente nos Xogos en 18 ocasións. En seis das súas nove aparicións nos Xogos de Verán, o equipo soviético clasificouse no primeiro posto no número total de medallas de ouro, quedando segundo no número total de medallas. De xeito semellante, o equipo clasificouse no primeiro posto en sete ocasións nos Xogos Olímpicos de Inverno. O éxito da Unión Soviética nos Xogos atribúese ao investimento do estado nos deportes como parte dunha axenda política no escenario internacional.[1]

Despois da Revolución Rusa de novembro de 1917 e a guerra civil rusa (1917–1922), a Unión Soviética non participou en eventos deportivos internacionais por motivos ideolóxicos;[2] porén, despois da segunda guerra mundial (1939–1945), dominar os Xogos Olímpicos foi considerado polo oficiais e líderes soviéticos como un método útil para promover o comunismo.[3] O Comité Olímpico da Unión Soviética foi creado o 21 de abril de 1951, e o Comité Olímpico Internacional recoñeceuno na 45ª sesión do COI (7 de maio de 1951). Ese mesmo ano, o representante soviético Konstantin Andrianov converteuse en membro do COI e a Unión Soviética uniuse oficialmente ao Movemento Olímpico.

O equipo da Unión Soviética na cerimonia de inauguración dos Xogos de 1964, liderado por Yury Vlasov.

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Finlandia Helsinqui 1952295223019712
Australia Melbourne 1956283372932981
Italia Roma 19602844329311031
Xapón Toquio 1964319303135962
Cidade de México 1968313293230912
República Federal Alemá Múnic 1972373502722991
Montreal 19764104941351251
Unión Soviética Moscova 19804898069461951
Os Ánxeles 1984non participou
Seúl 19884815531461321
Total39531929610102

Medallas nos Xogos de Inverno

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Italia Cortina d'Ampezzo 195655736161
Squaw Valley 196062759211
Austria Innsbruck 1964691186251
Francia Grenoble 196874553132
Xapón Sapporo 197278853161
Austria Innsbruck 1976791368271
Lake Placid 1980861066221
Iugoslavia Saraxevo 1984996109252
Calgary 19881011199291
Total7857591944

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Ximnasia736744184
Atletismo645574193
Loita623123116
Halterofilia3921262
Piragüismo2913951
Esgrima18151649
Tiro17151749
Boxeo14191851
Natación12212659
Remo12201042
Ciclismo114924
Voleibol74112
Hípica65415
Judo551323
Péntatlon moderno55515
Vela45312
Saltos44614
Balonmán4116
Baloncesto2428
Wáter-polo2237
Fútbol2035
Tiro con arco1337
Hóckey sobre herba0022
Total3933192941006
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Esquí de fondo25222168
Patinaxe de velocidade24171960
Patinaxe artística109524
Bíatlon95519
Hóckey sobre xeo7119
Luge1236
Bobsleigh1023
Salto de esquí1001
Combinada nórdica0123
Esquí alpino0011
Total785759194
  1. Tyler Benson (ed.). "The Role of Sports in The Soviet Union". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2014. Consultado o 20 de outubro de 2020.
  2. Keys, Barbara J. (2006), Globalizing Sport: National Rivalry and International Community in the 1930s, Harvard University Press, Cambridge, Massachusetts, ISBN 0-674-02326-9 (p. 159)
  3. O'Mahony, Mike (2006), Sport in the USSR: Physical Culture—Visual Culture, Reaktion Books Ltd, Londres, ISBN 1-86189-267-5 (p. 19)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]