Alemaña nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña nos Xogos Olímpicos

Código COI GER
Comité nacional Confederación Deportiva Olímpica Alemá
www.dosb.de (en alemán)
Medalleiro
Ouro
293
Prata
293
Bronce
306
Total
892

Alemaña participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1896, dende a primeira edición das olimpíadas modernas. Alemaña foi a sede de tres Xogos Olímpicos, os Xogos de Verán de 1936 e tamén de Inverno de 1936, e os Xogos de Verán de 1972. Ademais, Alemaña foi escollido como sede en 1916 e 1940, mais ámbolos dous eventos foron cancelados por mor das guerras mundiais. Despois das guerras, os deportistas alemáns non puideron participar en 1920, 1924 e 1948. Durante a división do país, cada un dos dous países alemáns colaborou no boicot a uns Xogos Olímpicos diferentes: en 1980, Alemaña Occidental foi un dos 66 países que non foi a Moscova en protesta pola invasión soviética de Afganistán, e en 1984, Alemaña Oriental uniuse á Unión Soviética (e a varios outros países) para boicotear os Xogos de Véran dos Ánxeles.

Incluíndo os Xogos de Inverno de 2018, os deporistas alemáns gañaron un total de 1754 medallas: 578 de ouro, 589 de prata e 587 de bronce. O Comité Olímpico Internacional divide estes resultados en catro códigos, aínda que só a República Democrática Alemá enviou un equipo olímpico separado entre 1968 e 1988 para competir contra a Confederación Deportiva Olímpica Alemá, a cal representou a Alemaña (GER) dende 1896.

Táboas coas medallas[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán[editar | editar a fonte]

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Reino de Grecia Atenas 1896 19 6 5 2 13 3
Francia París 1900 78 4 2 2 8 7
St. Louis 1904 18 4 4 5 13 2
Londres 1908 81 3 5 5 13 5
Estocolmo 1912 185 5 13 7 25 6
1920–1924 non participou
Países Baixos Ámsterdam 1928 296 10 7 14 31 2
Os Ánxeles 1932 143 3 12 5 20 9
Alemaña Nazi Berlín 1936 433 33 26 30 89 1
Londres 1948 non participou
Finlandia Helsinqui 1952 205 0 7 17 24 28
1956–1964 como parte do Equipo Alemán Unificado
1968–1988 como a República Democrática Alemá Alemaña Oriental e a República Federal Alemá Alemaña Occidental
España Barcelona 1992 463 33 21 28 82 3
Atlanta 1996 465 20 18 27 65 3
Australia Sydney 2000 422 13 17 26 56 5
Grecia Atenas 2004 441 13 16 20 49 6
República Popular da China Pequín 2008 463 16 11 14 41 5
Londres 2012 392 11 20 13 44 6
Río de Xaneiro 2016 425 17 10 15 42 5
Xapón Toquio 2020 425 10 11 16 37 9
Francia París 2024 Evento futuro
Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Total 201 205 246 652 5

Medallas nos Xogos de Inverno[editar | editar a fonte]

Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Suíza Sankt Moritz 1928 44 0 0 1 1 8
Lake Placid 1932 20 0 0 2 2 9
Alemaña Nazi Garmisch-Partenkirchen 1936 55 3 3 0 6 2
Suíza Sankt Moritz 1948 non participou
Oslo 1952 53 3 2 2 7 4
1956–1964 como parte do Equipo Alemán Unificado
1968–1988 como a República Democrática Alemá Alemaña Oriental e a República Federal Alemá Alemaña Occidental
Francia Albertville 1992 111 10 10 6 26 1
Lillehammer 1994 112 9 7 8 24 3
Xapón Nagano 1998 125 12 9 8 29 1
Salt Lake City 2002 157 12 16 8 36 2
Italia Turín 2006 162 11 12 6 29 1
Vancouver 2010 152 10 13 7 30 2
Sochi 2014 153 8 6 5 19 6
Pyeongchang 2018 153 14 10 7 31 2
República Popular da China Pequín 2022 Evento futuro
Italia Milán–Cortina 2026 Evento futuro
Total 92 88 60 240 3

Medallas por deporte[editar | editar a fonte]

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Piragüismo 32 18 20 70
Hípica 25 13 14 52
Remo 23 14 14 51
Atletismo 18 26 36 80
Ciclismo 14 14 16 44
Ximnasia 14 11 14 39
Natación 13 19 29 61
Tiro 10 9 5 24
Halterofilia 6 7 7 20
Esgrima 5 7 9 21
Loita 4 12 9 25
Boxeo 4 9 10 23
Hóckey sobre herba 4 2 4 10
Vela 3 4 5 12
Judo 3 2 13 18
Saltos 2 8 11 21
Tenis 2 6 2 10
Voleibol praia 2 0 1 3
Péntatlon moderno 2 0 1 3
Wáter-polo 1 2 0 3
Fútbol 1 1 3 5
Balonmán 1 1 1 3
Tríatlon 1 1 0 2
Tenis de mesa 0 3 4 7
Tiro con arco 0 2 1 3
Taekwondo 0 1 1 2
Rugby 0 1 0 1
Total 190 193 230 613
Xogos de Inverno
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Bíatlon 19 21 12 52
Luge 18 10 9 37
Patinaxe de velocidade 13 15 10 38
Bobsleigh 13 6 6 25
Esquí alpino 12 7 7 26
Salto de esquí 6 6 1 13
Combinada nórdica 5 5 4 14
Patinaxe artística 4 2 3 9
Esquí de fondo 2 9 4 15
Snowboard 1 4 2 7
Skeleton 0 2 1 3
Hóckey sobre xeo 0 1 1 2
Esquí acrobático 0 1 0 1
Total 93 89 60 242

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]