Maratón (atletismo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paula Radcliffe, corredora de maratón.

O maratón é unha proba deportiva incluída dentro do atletismo. É unha carreira pedestre cun percorrido de 42 195 m, conmemorativa da vitoria de Maratón dos gregos sobre os persas. A distancia foi fixada na establecida nos Xogos Olímpicos de 1908, a partir de 1921.

Na actualidade, as marcas establecidas son:

Homes:

Mundial: Dennis Kipruto Kimetto 2:02:57 (2014)

Olímpica: Samuel Wanjiru 2:06:32 (2008)

Mulleres

Mundial: Paula Radcliffe 2:15:25 (2002)

Olímpica Tiki Gelana 2:23:07 (2012)

A maratón e as mulleres[editar | editar a fonte]

Durante moito tempo, as mulleres foron excluídas, a pesar dalgúns casos como Stamata Revithi (no 1896), que non foron incluídos en resultados oficiais.[1][2] Marie-Louise Ledru está acreditada como a primeira muller en completar unha maratón, en 1918.[3][4][5] Violet Piercy é a primeira muller que ten un tempo oficial, conseguido en 1926.[1]

A maratón feminina foi introducida nas Olimpíadas de verán de 1984 (Os Ánxeles, USA) e foi gañada por Joan Benoit (USA, 2 h 24 min 52 s).[6]

Distancias olímpicas para a maratón

Ano Distancia
(km)
1896 40
1900 40,26
1904 40
1906 41,86
1908 42,195
1912 40,2
1920 42,75
1924 e sucesivas 42,195

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Olympic Marathon (excerpt)". Charlie Lovett. Greenwood Publishing Group, Inc. 1997. Consultado o 1 November 2010. 
  2. Karl Lennartz. "Two Women Ran the Marathon in 1896" (PDF). International Society of Olympic Historians ISOH. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 11 April 2017. Consultado o 10 April 2017. 
  3. "World Best Progressions- Road". Association of Road Racing Statisticians. Consultado o 1 November 2010. 
  4. Krise, Raymond and Squires, Bill (1982). Fast Tracks: The History of Distance Running Since 884 B.C., S. Greene Press, p. 43, ISBN 0828904820.
  5. Gross, Albert C. (1986) Endurance, Dodd Mead, ISBN 0396088880.
  6. "Olympic Champion Joan Benoit Samuelson To Be Guest of Honor at Manchester Marathon — Registration Closed". Cool Running. Arquivado dende o orixinal o 11 January 2012.