Samacá
Coordenadas: 5°29′31″N 73°29′12″O / 5.49194, -73.48667
Samacá | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Igrexa de Samacá. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Boyacá | ||
Rexión | Centro | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 765[1] msnm | ||
Superficie | 160 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 19 907 (2015)[2][3] | ||
Densidade | 124,42 hab/km² | ||
Xentilicio | Samaquense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 153660-153667[4] | ||
Alcalde | Wilson Castiblanco Gil (2016-2019) | ||
http://www.samaca-boyaca.gov.co/ |
Samacá é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado a uns 30 km da cidade de Tunja. En canto á súa poboación, é o oitavo municipio máis poboado do departamento.
O concello limita polo norte con Sáchica e Sora, polo sur con Guachetá e Ventaquemada, polo leste con Tunja, Cucaita e polo oeste con Ráquira.
Toponimia[editar | editar a fonte]
O topónimo Samacá, en muysc cubun (lingua muisca) deriva dos vocábulos Sa, título de nobreza; Ma nome propio; Ca «fortaleza» e «mansión dun soberano».[5]
Historia[editar | editar a fonte]
Samacá, situado no terceiro ramal da Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, estaba asentado, na época precolombiana, a beiras dunha gran lagoa coñecida como Lagoa de Cansicá, que chegaba até o actual municipio de Cucaita, en cuxas beiras se estabeleceron varias comunidades indíxenas ó parecer chamados Patagüy, Foacá, Sáchica etc. Aínda que a maior parte da Confederación Muisca estaba baixo dominio do Zaque de Hunza e do Zipa de Bacatá, na zona da lagoa conformáronse cacicados independentes que non lle rendía tribuno a ningún dos dous anteriores, presuntamente ao mando do cacique Sáchica. Ante o non pago de tributos, o Zaque de Hunza deulle a orde ó cacique Boyacá para que expulsase a tales grupos; Boyacá entón chamou ós seus lugartenentes e conformou unha avanzada que puxo ó mando de Samacá, Cucaita, Sora e Tibaquirá, os cales tamén eran guerreiros, quen procederon a expulsar a Sáchica, quen coa súa comunidade se repleou ao lugar onde na actualidade está o poboado.
Unha vez expulsados e como os mencionados guerreiros viñan da zona do que hoxe é Boyacá, procederon a repartir o novo territorio que antes ocupaba Sáchica polas ladeiras da lagoa, correspondéndolles precisamente as áreas onde hoxe están os municipios de Samacá, Cucaita e Sora; pola súa banda, o cacique Boyacá decidiu tomar a zona do que hoxe é Boyacá, e Tibaquirá quedou cunha zona alta situada no que hoxe é o concello de Samacá, en verea que se denomina precisamente como Tibaquirá. Esta confrontación tivo lugar aproximadamente quince anos antes da chegada dos españois, que pasaron por ese sector contra o ano de 1537 con destino a Bacatá, ó mando da expedición de Gonzalo Jiménez de Quesada, onde posteriormente o irmán de Jiménez de Quesada decidiu tomar ditas terras.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información general de Samacá". Alcaldía do concello. Consultado o 1 de maio de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ DANE
- ↑ "4-72 La Red Postal de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2011.
- ↑ Historia[Ligazón morta], Samacá (Boyacá), páxina oficial do concello, URL Consultado o 22 de xullo de 2008.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 08 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)