Saltar ao contido

Jackeline Rentería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJackeline Rentería

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Cali, Colombia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCali Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Xaveriana Editar o valor en Wikidata
Altura167 cm Editar o valor en Wikidata
Peso58 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónloitador profesional Editar o valor en Wikidata
Deporteloita afeccionada Editar o valor en Wikidata
Participou en
2019Lutas nos Jogos Pan-Americanos de 2019 (pt) Traducir
2016luta nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Lutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Livre até 55 kg feminino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2008Lutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Livre até 55 kg feminino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
27 de xullo de 2012-12 de agosto de 2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor en Wikidata

Twitter: Jacky__Renteria Olympic.org: jackeline-renteria Editar o valor en Wikidata

Jackeline Rentería Castillo, nada en Cali, Valle del Cauca, o 23 de febreiro de 1986, é unha loitadora colombiana dobre gañadora da medalla de bronce en dúas versións diferentes de Xogos Olímpicos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos

[editar | editar a fonte]

A súa primeira participación nunha olimpíada ocorreu nas xustas de Pequín 2008, onde avanzou até semifinais e finalmente foi derrotada pola representante da China Xu Li na semifinal, tendo que disputar o combate polo terceiro posto; alí derrotou á romanesa Ana Paval 5-0 mediante inmovilización para conquistar a medalla de bronce, segunda para Colombia en dita olimpíada, primeira neste deporte e décimo primeira no seu historial.[1]

Na olimpíada de Londres 2012, obtén a súa segunda medalla de bronce; novamente chega a semifinais onde cae ante a canadense Tonya Verbeek, eventual medalla de prata. Álzase coa medalla de bronce logo de derrotar á ucraína Tetyana Lazareva por 3-1, quen chegara á eliminatoria tras perder tamén coa canadense Verbeek nos cuartos de final. Converteuse na primeira muller deportista colombiana en lograr medalla en dúas olimpíadas e a medalla número 17 para Colombia na súa historia olímpica, despois de Helmut Bellingrodt, quen obtivo dúas medallas de prata en Tiro Deportivo nos olímpicos dos Ánxeles 1984 e Múnic 1972, antes de que o lograse Yury Alvear en Londres 2012 e Río 2016 con pratas en judo, e Caterine Ibargüen e Óscar Figueroa quen gañaron prata en Londres 2012 e ouro en Río 2016 en triplo salto e levantamento de pesas categoría de 62Kg respectivamente.

  1. Caracol Radio (16 de agosto de 2008). "Jackeline Rentería logra bronce en la Lucha Olímpica". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]