Saltar ao contido

Nepal nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nepal nos Xogos Olímpicos

Código COINEP
Comité nacionalComité Olímpico do Nepal
www.nocnepal.org.np (en inglés)
Medalleiro
Ouro
0
Prata
0
Bronce
0
Total
0

O Nepal competiu por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón participou en cada unha das edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1968. O país tamén participou en catro edicións dos Xogos Olímpicos de Inverno. Tejbir Bura, cidadán nepalí, gañou unha medalla olímpica de ouro en alpinismo nos Xogos Olímpicos de 1924 como parte da expedición británica ao Everest de 1922.[1] Como outros deportistas de distintas nacionalidades compoñían o equipo de expedición, a medalla foi para o Equipo Mixto.[2] Este evento e as honras non aparecen na páxina web do Comité Olímpico Internacional.[3] O deportista nepalés de taekwondo, Bidhan Lama, gañou un bronce nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl. Porén, non aparece na lista oficial porque o taekwondo era un deporte de exhibición durante os Xogos de Seúl.

O Comité Olímpico do Nepal foi creado en 1962 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1963.

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Deportistas Ouro Prata Bronce Total Posto
Xapón Toquio 196460000–
Cidade de México 1968non participou
República Federal Alemá Múnic 197210000–
Montreal 197610000–
Unión Soviética Moscova 1980130000–
Os Ánxeles 1984100000–
Seúl 1988160000–
España Barcelona 199220000–
Atlanta 199660000–
Australia Sydney 200050000–
Grecia Atenas 200460000–
República Popular da China Pequín 200880000–
Londres 201250000–
Río de Xaneiro 201670000–
Xapón Toquio 202050000–
Francia París 202470000-
Os Ánxeles 2028Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total0000–

Medallas nos Xogos de Inverno

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Salt Lake City 200210000–
Italia Turín 200610000–
Vancouver 201010000–
Sochi 201410000–
Pyeongchang 2018non participou
República Popular da China Pequín 2022
Italia Milán-Cortina d'Ampezzo 2026evento futuro
Total0000–
  1. ↑ "The faceless hero Nepal’s only Olympic Gold medalist in focus". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
  2. ↑ "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 1 de febreiro de 2014.
  3. ↑ "1924 Chammonix IOC". Consultado o 1 de febreiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]