Diego Salazar Quintero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Diego Salazar Quintero
Diego Salazar.JPG
Nacemento3 de outubro de 1980
Lugar de nacementoTuluá
NacionalidadeColombia
Ocupaciónhalterófilo
editar datos en Wikidata ]

Diego Fernando Salazar Quintero, nado en Tuluá o 3 de outubro de 1980, é un halterófilo colombiano, medallista olímpico. Foi medallista olímpico, campión Panamericano e de Centroamérica e do Caribe en Mayagüez 2010.[1]

A súa primeira participación nunha olimpíada ocorreu nos Xogos de Atenas 2004, na categoría de 62 quilogramos. Na competición non puido chegar ao final por mor dunha lesión. Catro anos máis tarde, en Pequín 2008, cun total de 305 quilómetros levantados, conquistou a medalla de prata, a primeira para Colombia en devandita olimpíada, e a décima no historial do país.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Información del Participante en los Juegos Centroamericanos y del Caribe Mayagüez 2010" (en castelán). Mayaguez2010.com. 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 1 de setembro de 2010. 
  2. Caracol Radio (11 de agosto de 2008). "El colombiano Diego Salazar ganó medalla de plata en Beijing". Consultado o 11 de agosto de 2008. [Ligazón morta]