Iraq nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iraq nos Xogos Olímpicos

Código COI IRQ
Comité nacional Comité Olímpico Nacional de Iraq
Medalleiro
Ouro
0
Prata
0
Bronce
1
Total
1

Iraq participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1948. Os iraquís non participaron en 1952 e boicotearon os Xogos de 1956 por mor da guerra de Suez. Logo destas ausencias, Iraq regresou para gañar unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma. O país participou nas seguintes edicións, mais non apareceu en 1972, e en 1976 sumouse a un boicot contra a Suráfrica do apartheid. Dende 1980, Iraq apareceu en cada edición dos Xogos de Verán, mesmo durante a guerra de Iraq. Iraq nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Táboas coas medallas[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán[editar | editar a fonte]

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Londres 1948 12 0 0 0 0
Finlandia Helsinqui 1952 non participou
Australia Melbourne 1956 non participou
Italia Roma 1960 21 0 0 1 1 41
Xapón Toquio 1964 13 0 0 0 0
Cidade de México 1968 3 0 0 0 0
República Federal Alemá Múnic 1972 non participou
Montreal 1976 non participou
Unión Soviética Moscova 1980 43 0 0 0 0
Os Ánxeles 1984 23 0 0 0 0
Seúl 1988 27 0 0 0 0
España Barcelona 1992 8 0 0 0 0
Atlanta 1996 3 0 0 0 0
Australia Sydney 2000 4 0 0 0 0
Grecia Atenas 2004 24 0 0 0 0
República Popular da China Pequín 2008 4 0 0 0 0
Londres 2012 8 0 0 0 0
Río de Xaneiro 2016 24 0 0 0 0
Xapón Toquio 2020 4 0 0 0 0
Francia París 2024 Evento futuro
Os Ánxeles 2028
Total 0 0 1 1 141

Medallas por deporte[editar | editar a fonte]

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Halterofilia 0 0 1 1
Total 0 0 1 1

Lista de medallistas[editar | editar a fonte]

Medalla Nome Xogos Deporte Proba
Medalla de bronce Bronce Abdul Wahid Aziz Italia Roma 1960 Halterofilia Peso lixeiro masculino

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]