Heineken Cup
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Localización e Datas | |
Localización | Escocia (Reino Unido) Inglaterra (Reino Unido) Illa de Irlanda Gales (Reino Unido) Francia Italia |
Vixencia | 1995 – |
Competición | |
Primeiro posto | Saracens F.C. |
Datos estatísticos | |
Partidos | 67 |
- Para a actual máxima competición entre clubs europea de rugby véxase: European Rugby Champions Cup.
A Heineken Cup foi a máxima competición europea de clubs de rugby entre 1995 e 2014. A particularidade e a orixinalidade da Heineken Cup foi facer competir entre eles a clubs, rexións e franquías das seis nacións: Francia, Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Italia. (Tamén outros clubs romaneses participaron na Heineken Cup e os mellores clubs españois e portugueses na European Challenge Cup que viría sendo máis ou menos o equivalente da Copa da UEFA en fútbol). Na temporada 2014-2015, a Heineken Cup foi substituída pola European Rugby Champions Cup.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]Nos anos '60, franceses, romaneses e alemáns xa trataran de crear unha Copa de Europa de rugby con clubs representando a cada un deses países. Mais os clubs británicos non participaban na competición.
Nos anos '80 o club francés do Stade Toulousain organizara un Master e un Torneo do centenario, onde os mellores clubs e provincias de varios países do mundo participaban. Esas competicións foron gañadas por ese mesmo club.
Logo do terceiro mundial de rugby en 1995, a International Rugby Board tomou a decisión de autorizar a práctica profesional do rugby. Pouco tempo despois, os clubs e provincias de Francia, Gales, Irlanda, Italia e Romanía participaron na primeira Copa de Europa de rugby, e o fabricante de cervexa holandés Heineken xa era o principal patrocinador da competición.
Abandono da ERC e creación da nova Copa (2012-14)
[editar | editar a fonte]No ano 2012, clubs franceses e ingleses manifestaron protestas contra o formato e a estrutura da Heineken Cup (organizada pola European Rugby Cup (ERC)) basándose na distribución de fondos económicos e no sistema de clasificación. Algúns fixeron protestas de que nun futuro, en lugar de que os países do Pro12 mandaran o mellor equipo de cada nación, tiveran que ir os mellores posicionados do Pro 12, sendo indiferente a súa nacionalidade.
En xuño de 2012, a Aviva Premiership e o Top 14, en representación dos clubs ingleses e franceses, notificáronlle á ERC que nun prazo de dous anos os equipos deixarían de xogar na Heineken Cup e no European Challenge Cup.
En setembro de 2012, os equipos da liga inglesa anunciaron un contrato de catro anos de televisión por 125.000.000 £ con BT Sport, o cal incluía os dereitos tanto para as competicións nacionais como para as competicións europeas. A ERC respondeu este anuncio reclamando á liga de Inglaterra que non tiña os dereitos das competicións europeas e anunciando un contrato da mesma duración para estes torneos pero con Sky Sports. En consecuencia, 12 meses máis tarde destes anuncios, os equipos ingleses e franceses proclamaron a súa intención de organizar o seu propio torneo continental, convidando ao resto de clubs europeos a unirse a el. Esta competición chamaríase Copa de Campións (en inglés: Champions Cup).
Un mes máis tarde, en outubro de 2013, a Federación de Rugby de Gales, representando os catro equipos da nación, confirmou o seu total apoio á nova Copa de Campións de rugby proposta polos ingleses e franceses.
Torneo actual (Copa de Campións Europea de Rugby)
[editar | editar a fonte]O 10 de abril de 2014, logo de dous anos de duras negociacións, unha organización nova denominada European Professional Club Rugby anunciou que os tres grupos anteriores firmaran un acordo para a formación da European Rugby Champions Cup, a European Rugby Challenge Cup e un novo Torneo de Clasificación. No mesmo día, BT e Sky firmaron outro acordo, este para dividirse a cobertura da nova competición europea. Os dous emitirían os partidos da fase de grupos á metade, así como os cuartos de final e as semifinais. A final retransmitiríana as dúas canles de televisión á vez. BT tería o dereito preferente para elixir os partidos da Copa de Campións, mentres que Sky tería esa preferencia para os partidos da Challenge Cup.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Finais
[editar | editar a fonte]Títulos
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Finalista | Anos campión | Anos finalista |
---|---|---|---|---|
Stade Toulousain | 5 | 2 | 95/96, 02/03, 04/05, 09/10, 20/21 | 03/04, 07/08 |
Leinster Rugby | 4 | 1 | 08/09, 10/11, 11/12, 17/18 | 18/19 |
Saracens FC | 3 | 1 | 15/16, 16/17, 18/19 | 13/14 |
RC Toulon | 3 | 0 | 12/13, 13/14, 14/15 | |
Leicester Tigers | 2 | 3 | 00/01, 01/02 | 96/97, 06/07, 08/09 |
Munster Rugby | 2 | 2 | 05/06, 07/08 | 99/00, 01/02 |
Wasps RFC | 2 | 0 | 03/04, 06/07 | |
Ulster Rugby | 1 | 1 | 98/99 | 11/12 |
Northampton Saints | 1 | 1 | 99/00 | 10/11 |
CA Brive | 1 | 1 | 96/97 | 97/98 |
Bath Rugby | 1 | 0 | 97/98 | |
Exeter Chiefs | 1 | 0 | 19/20 | |
ASM Clermont | 0 | 3 | 12/13, 14/15, 16/17 | |
Racing 92 | 0 | 3 | 15/16, 17/18, 19/20 | |
Stade Français | 0 | 2 | 00/01, 04/05 | |
Biarritz Olympique | 0 | 2 | 05/06, 09/10 | |
USAP Perpignan | 0 | 1 | 02/03 | |
US Colomiers | 0 | 1 | 98/99 | |
Cardiff RFC | 0 | 1 | 95/96 | |
Stade Rochelais | 0 | 1 | 20/21 |