Copa de Europa de rugby 2010-2011
| Nome oficial | 2010-11 Heineken Cup H Cup 2010-11 |
|---|---|
| Tipo | Copa de Campións Europea de Rugby |
| Deporte | rugby a 15 |
| Organizador | European Rugby Cup |
| Liña de meta | Cardiff |
| Número de participantes | 24 |
| Localización e Datas | |
| Período | tempada 2010-2011 |
| Intervalo de tempo | 8 de outubro de 2010 – 21 de maio de 2011 |
| Número de edición | 16 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Leinster Rugby (2º) |
| Datos estatísticos | |
| Partidos | 79 |
| Número de espectadores | 1.139.427 |
| Outro | |
| Páxina web oficial | epcr-admin.soticcloud.net… |
A tempada 2010-2011 da Heineken Cup foi a 16ª edición da máxima competición continental do rugby europeo, e na cal se proclamou campión de Europa por segunda vez o Leinster Rugby irlandés.
Como viña sendo habitual nos últimos anos, 24 foron os equipos participantes, divididos en 6 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, que é a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, viñeron os cuartos de final e semifinais, a partido único, e a final. A primeira xornada foi o día 8 de outubro do 2010, e a gran final se disputou o 21 de maio do 2011, no Millennium Stadium de Cardiff.
O equipo defensor do título obtido na tempada anterior era Stade Toulousain, que acadara por 4ª ocasión o torneo na tempada 2009-10 vencendo na final a Biarritz Olympique.
Este ano Francia achegou 7 equipos ó torneo, Inglaterra 6, Gales 4, Irlanda 3, Escocia 2 e Italia 2.

Calendario
[editar | editar a fonte]| Xornadas | Datas |
| 1ª | 8-9 de outubro de 2010 |
| 2ª | 15-16 de outubro de 2010 |
| 3ª | 11-12 de decembro de 2010 |
| 4ª | 18-19 de decembro de 2010 |
| 5ª | 15-16 de xaneiro de 2011 |
| 6ª | 22-23 de xaneiro de 2011 |
| Cuartos | 9-10 de abril de 2011 |
| Semis | 30 de abril-1 de maio de 2011 |
| Final | 21 de maio de 2011 |
A Heineken Cup é a máxima competición a nivel de clubs do rugby europeo, e para que os resultados na mesma non se viran afectados pola ausencia de xogadores importantes, o calendario desta tempada estivo condicionado pola disputa dos Tests Internacionais de Outono entre as seleccións do Hemisferio Sur que visitaron as seleccións do Hemisferio Norte. Así, durante o mes de novembro fíxose unha paréntese na competición. Ademais, nos meses de febreiro e marzo do 2011 tivo lugar o Torneo das Seis Nacións de rugby, e polo tanto neses 2 meses tampouco se disputou ningún encontro da Heineken Cup.
Equipos
[editar | editar a fonte]Este ano Francia tivo 7 equipos no torneo xa que o ano anterior fora campión un equipo deste país, o Stade Toulousain. Dos 24 equipos participantes, 3 deles participaban este ano por primeira vez nesta competición: RC Toulon, Racing Metro 92 e Aironi Rugby, o equipo italiano que foi creado este ano.
| Leicester Tigers | Stade Toulousain | Cardiff Blues | Munster Rugby | Edinburgh Rugby | Benetton Treviso |
| London Wasps | Biarritz Olympique | Ospreys | Leinster Rugby | Glasgow Warriors | Aironi Rugby |
| Northampton Saints | ASM Clermont Auvergne | Llanelli Scarlets | Ulster Rugby | ||
| Bath Rugby | USA Perpignan | Newport Dragons | |||
| London Irish | Castres Olympique | ||||
| Saracens | RC Toulon | ||||
| Racing Metro 92 |
Resultados
[editar | editar a fonte]Fase de grupos
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ó remate da fase de grupos, os 6 equipos clasificados en primeiro lugar pasaron directamente á fase de cuartos de final, así coma os 2 mellores equipos restantes.
Play Offs
[editar | editar a fonte]Os cuartos de final se xogaron o 9 e 10 de abril a partido único na casa dos 4 equipos con mellor puntuación final na fase de grupos.
O equipo franco-catalán de Perpignan xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio Olímpico Lluís Company de Barcelona diante de 55.000 seareiros, mentres que o equipo vasco-francés de Biarritz xogou o seu encontro de cuartos como local no Estadio de Anoeta da cidade de Donostia diante de 32.500 persoas.
As semifinais se xogaron os días 30 de abril e 1 de maio, con resultados a prol dos dous equipos locais, Northampton Saints e Leinster Rugby, que disputaron a final da Heineken Cup o 21 de maio no Millennium Stadium de Cardiff, en Gales. Ámbolos dous equipos xa foran campións de Europa unha vez.
Northampton Saints gañou a súa única Heineken Cup na edición 1999-2000 fronte a un equipo irlandés, Munster Rugby. Pola súa banda Leinster Rugby tamén sabe o que é gañar unha Heineken Cup. Fíxoo na edición 2008-2009 fronte a un equipo inglés, Leicester Tigers.

| Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
| Northampton Saints | 23 | |||||||||
| Ulster Rugby | 13 | |||||||||
| Northampton Saints | 23 | |||||||||
| USA Perpignan | 7 | |||||||||
| USA Perpignan | 29 | |||||||||
| RC Toulon | 25 | |||||||||
| Northampton Saints | 22 | |||||||||
| Leinster Rugby | 33 | |||||||||
| Leinster Rugby | 17 | |||||||||
| Leicester Tigers | 10 | |||||||||
| Leinster Rugby | 32 | |||||||||
| Stade Toulousain | 23 | |||||||||
| Biarritz Olympique | 20 | |||||||||
| Stade Toulousain | 27 | |||||||||
Final
[editar | editar a fonte]| Competición | Heineken Cup | ||
| Tempada | 2010-11 | ||
| Estadio | Millennium Stadium (Cardiff) | ||
| Capacidade | 72.456 | ||
| Campión | Leinster Rugby | ||
| Finalista | Northampton Saints | ||
| Resultado | 33 - 22 | ||
| |||
A final disputouse no Millennium Stadium de Cardiff o día 21 de maio de 2011. Se enfrontaban o Leinster Rugby e o Northampton Saints nunha final inédita. Os irlandeses tiñan o obxectivo de acadar o seu 2º título en 3 anos, e os ingleses o 2º título 11 anos despois do primeiro. Ningún dos dous equipos tiña no seu palmarés unha derrota nunha final da Heineken Cup.
O camiño de ámbolos dous equipos ata chegar á final foi duro. Leinster Rugby tivo que eliminar a Leicester Tigers en cuartos de final e a Stade Toulousain nas semifinais. Northampton Saints enfrontouse a Ulster Rugby en cuartos de final e a USA Perpignan nas semifinais.
O francés Romain Poite foi elixido para arbitrar a final, que comezou ás 17:00 horas.
O encontro estivo dominado totalmente por Northampton Saints na primeira metade da final, que chegou ao tempo de descanso cunha vantaxe de 22 a 6 sobre Leinster Rugby, grazas a 3 ensaios de Phil Dowson, Ben Foden e Dylan Hartley. Foi o zagueiro inglés de Northampton Saints, Ben Foden, o xogador mais destacable desta primeira metade do encontro.
Non obstante, na segunda metade o equipo de Dublín reaccionou anotando 27 puntos seguidos e deixando a cero ó conxunto inglés. O apertura irlandés de Leinster Rugby, Jonathan Sexton, acadou o nomeamento de man-of-the-match pola súa actuación na segunda metade do encontro, na que dirixiu con éxito ó seu equipo e anotou 2 ensaios, 3 conversións e 2 golpes de castigo.[1] A estrela do conxunto irlandés, Brian O'Driscoll, pasou desapercibido no encontro.
Esta vitoria por 33 a 22 supuxo o 2º título de campión de Europa para Leinster Rugby, repetindo o éxito da edición 2008-09, e o 4º para un equipo irlandés nos últimos 6 anos.
No Millennium Stadium de Cardiff houbo 72.456 seareiros de ámbolos dous equipos, ateigando as bancadas do estadio.
Nese mesmo fin de semana se disputou a final da Amlin Challenge Cup (segunda competición continental) tamén en Cardiff, aínda que non no Millennium Stadium, senón no Cardiff City Stadium diante de 12.236 seareiros, e na cal se enfrontaron Harlequins e Stade Français. O resultado final foi 19 - 18 a prol do equipo de Londres.
Máximos Anotadores
[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Outros artigos
- Liga de Campións da UEFA 2010-11 (Futbol)
- Euroliga 2010-11 (Baloncesto)
- Liga de Campións da EHF 2010-11 (Balonmán)
- Copa de Europa de hóckey a patíns 2010-2011 (Hóckey a patíns)
- Ligazóns externas
- ↑ Un soberbio Leinster se proclama Rey de Europa por segunda vez, artigo de Marca do 21 de maio de 2011. (en castelán)
- ↑ "Lista de anotadores". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 22 de decembro de 2010.
- ↑ "Lista de ensaiadores". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2010. Consultado o 22 de decembro de 2010.
