European Challenge Cup 2010-2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2010-2011 da European Challenge Cup foi a 16ª edición da segunda competición continental do rugby europeo. Como viña sendo habitual nos últimos anos, 20 foron os equipos participantes, divididos en 5 grupos de 4, para afrontar a primeira fase da competición, que é a fase de grupos. Tralas 6 xornadas correspondentes a esta primeira fase, viñeron os cuartos de final e as semifinais, a partido único, e a final. A primeira xornada foi o día 8 de outubro do 2010, e a gran final foi o 20 de maio do 2011, disputouse no Cardiff City Stadium de Cardiff (Gales) un día antes da gran final da Heineken Cup, que se xogou na mesma cidade, mais noutro estadio, o Millennium Stadium.

O equipo que defendía este ano o título obtido na anterior tempada era Cardiff Blues, que o ano anterior acadara por 1ª vez o título de campión, vencendo na final a RC Toulon.

Este ano Francia achegou 7 equipos ó torneo, Inglaterra 6, Italia 4, Irlanda 1, Romanía 1 e España 1.

O club español que participou esta tempada na European Challenge Cup foi o Club de Rugby El Salvador de Valladolid como campión da Liga Española de rugby na tempada 2009/10.

Fase de grupos[editar | editar a fonte]

Ó remate da fase de grupos, os 5 equipos líderes de grupo pasaron directamente á fase de cuartos de final, así coma os 3 mellores equipos da Heineken Cup que non foron capaces de pasar ós cuartos de final.

Fase de Play Offs[editar | editar a fonte]

Sumados aos 5 equipos que conseguiron ser primeiros nos grupos, presentáronse nos cuartos de final os 3 equipos mellores da primeira fase da Heineken Cup 2010-2011 que non foron capaces de clasificarse para os cuartos de final da máxima competición continental. Nesta tempada esos 3 equipos foron Munster Rugby, London Wasps e ASM Clermont, algúns dos mellores equipos do continente.

A final da edición 2010/11 da European Challenge Cup tivo lugar no Cardiff City Stadium.
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Stade Français  32
 Montpellier HR  28  
 Stade Français  29
   ASM Clermont  25  
 La Rochelle  13
 ASM Clermont  23  
 Stade Français  18
   Harlequins  19
 CA Brive  37
 Munster Rugby  42  
 Munster Rugby  12
   Harlequins  20  
 Harlequins  32
 London Wasps  22  


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]