Casa Torre de Ceta e Arines
Casa Torre de Ceta e Arines | |
---|---|
Concello | Vigo |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°14′21″N 8°43′36″O / 42.239271, -8.726626 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | Século XV (gótico) |
Estilo actual | (século XV) |
Estado actual | En bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa Torre de Ceta e Arines é un edificio histórico do século XV, un palacete urbano pertencente ao gótico tardío que forma un conxunto arquitectónico coa Casa Torre de Pazos Figueroa. Está situado na zona antiga de Vigo, na Praza de Almeida, 2.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a documentación existente, a Casa Torre de Ceta, construída no século XV, é a edificación civil máis antiga de Vigo, levantada nun tempo no que a zona antiga xa estaría conformada, coa rúa Real como comunicación co Berbés.[2]
Forma unidade arquitectónica coa Casa Torre de Pazos Figueroa e, os dous edificios, xuntos e contiguos, conforman a sede do Instituto Camôes de Cultura Portuguesa en Vigo.[1]
Os dous inmobles foron declarados Monumento Histórico-Artístico en 1946.[3]
Uxío Reinoso Maset, seguindo a obra de 1589 de Juan de Ocampo, sostén a idea de que este edificio fose construído, ampliado ou reconstruído coas pedras do Castelo do Penso de Vigo entre 1480 e 1483, por parte do casal Diego de Pazos de Probén (daquela gobernador de Vigo) e María Alfonso de Pazos Figueroa.[4]
Pola contra, o investigador Grato Amor mantén dúbidas respecto a opinión de que a torre deste conxunto fora construída coas pedras da antiga Torre do Penso, fortificación que se levantou durante a Idade Media na actual rúa do Pracer.[5]
Para Grato Amor, en Vigo mantívose o nome de Casa Arines porque o último propietario da casa no século XIX pertenceu a esa familia.[5]
No ano 1997, o arquitecto Alfonso Penela realizou a rehabilitación do conxunto partindo de tres edificios en ruínas. O conxunto arquitectónico quedou formado por unha torre, a casa e unha pequena construción posterior. A isto incorporouse un pequeno elemento de acceso ao interior. A rehabilitación recibiu o premio Irmáns Gómez Román.[5]
Construción e estilo
[editar | editar a fonte]O arquitecto Xaime Garrido Rodríguez, no seu libro A arquitectura en Pedra en Vigo indentifícaa como "gótico tardío do século XV".Ten aspecto de torreón medieval, construído con pedra de cantaría, con perpiaños de acabado apiconado, construído en forma de torre, cunha decoración moi sobria onde só destacan os linteis dos vans que dan á Praza de Almeida e unha cornixa con gárgolas para o desaugadoiro da auga de choiva. Na súa fachada ten dous escudos representativos da familia.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Casa de Ceta ou de Arines - Concello de Vigo". hoxe.vigo.org. Consultado o 2021-01-23.
- ↑ "Casa de Pazos Figueroa, Vigo". Dime dónde ir (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2019. Consultado o 2021-01-23.
- ↑ "Las Casas de Ceta y de Pazos y Figueroa: el gótico y el renacimiento en Vigo. Consorcio Cascovello de Vigo". Consultado o 2021-01-23.
- ↑ "Mª Alfonso de Pazos...". vigoindustrial (en castelán). Consultado o 2021-01-23.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "La Casa de Pazos de Figueroa es el edificio civil más antiguo". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-08-30. Consultado o 2021-01-23.
- ↑ "Casa de Ceta (siglo XV) y Casa de Pazos y Figueroa (siglo XVI)". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-01-23.
- ↑ Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: A arquitectura da pedra en Vigo, Construcciones Conde, Vigo, p. 145.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garrido Rodríguez, Xaime (2000): Arquitectura da pedra en Vigo. Produción: Galaxia, edición: Construciones Conde, Vigo. ISBN 84-605-9897-7 (ed. bilingüe).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Casa de Ceta ou de Arines na páxina do concello.
- "Casa de Ceta y Casa de Pazos y Figueroa" na páxina Arquitectura de Vigo (en castelán).
- Casa de Ceta e Arines en Turgalicia.
- Proxecto ARGA
- Casa Torre de Pazos Figueroa no programa Un país mágico-Vigo na páxina de RTVE (minuto 45:25)