Alfonso Penela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonso Penela
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , mestre Editar o valor em Wikidata

Alfonso Penela Fernández, nado en Vigo en 1955, é un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de Arquitecto na ETSA de Barcelona no ano 1980. Na actualidade é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

A obra de Alfonso Penela aparece inscrita nunha liña de constante busca dunha linguaxe arquitectónica galega que afunda as súas raíces no coñecemento da tradición construtiva e na análise das achegas das xeracións precedentes dende a independencia, unha constante na súa obra.

Os seus proxectos responden basicamente a unha vocación experimental baseada en formulacións que unen o Movemento Moderno con elementos de orde plural que deixan adiviñar a preferencia polas novidades formais, así como polo equilibrio e pola orde compositiva, como na vivenda unifamiliar en Aldán (Cangas). A constante atención que demostra respecto ás cuestións técnicas e estruturais vese incrementada polas súas inquedanzas respecto ás compoñentes funcionais que o levan a traballar cun amplo abano de propostas e variantes, tanto nos proxectos para vivendas, coma nas súas intervencións en espazos públicos ou centros docentes, coma a Facultade de Ciencias Empresaiais e Económicas da cidade de Vigo.

Este arquitecto concibe os edificios como un conxunto de volumes articulados no que as calidades dos materiais e a manipulación de luces e sombras cobran unhas importancia decisiva. Os espazos, de volumetría fraccionada establecen un interesante diálogo con contorno, coma no caso do Pavillón Polideportivo de Manzaneda, mediante o emprego de sutís contrastes e revisións permanentes dos usos da linguaxe. A súa obra non pode encadrarse nunha soa liña senón que pendula entre diferentes estilos dun xeito arbitrario producindo unha falta de linguaxe formal que articule a súa produción. Poden destacarse como referentes arquitectónicos tanto a Zaha Hadid, Herzog e de Meuron ou Miralles e pola vía lusa Álvaro Siza , Paulo Mendes da Rocha ou Souto de Moura.[Cómpre referencia]

Facultade de Ciencias Económicas. Campus das Lagoas-Marcosende.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • 1984, Concurso do COAG en Vigo.
  • 1992, Concurso Nacional Expopiedra.
  • 2001, Premio GranDeArea de Achega á Arquitectura.
  • 2001, Concurso VI Premios Irmáns Gómez Román de Arquitectura e Urbanismo.
  • 2006, Premio Enor.
  • 2009, Premio Juana de Veiga de Arquitectura.
  • 2014, Premio Gran de Area de Achega á Arquitectura.[5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Obradoiro, COAG, 1993, Santiago de Compostela, nº22, pp. 11 e 112-123. ISSN 0211-6065.
  2. Documentos de arquitectura nº 42. (1999). Delegación de Almería del Colegio Oficial de Arquitectos de Andalucía Oriental. ISSN 0214-9249
  3. Descrición e imaxes do Pavillón polideportivo, www.turgalicia.es.
  4. "Ciudad de la Justicia de Vigo | El "Pirulí" renace como Torre de la Justicia y la Xunta cree que operará "en tiempo récord"". Faro de Vigo (en castelán). 
  5. "El Registro de la Propiedad gana el premio de los arquitectos". Atlántico (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Documentos de arquitectura nº 42. (1999). Delegación de Almería del Colegio Oficial de Arquitectos de Andalucía Oriental. ISSN 0214-9249.
  • Arquitecturas de autor nº 29. (2004). T6 Ediciones. Pamplona. ISBN 84-89713-84-7.
  • Obradoiro, COAG, 1993, Santiago de Compostela, nº22, pp. 11 e 112-123. ISSN 0211-6065.