Kombank Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Beogradska Arena")
Kombank Arena
Belgrade Arena north.jpg
Flag of Serbia.svg Комбанк арена
Datos
Localización Belgrado
Outros nomes Limes
Construción
Inauguración 31 de xullo de 2004
Arquitecto Vlada Slavica
Custo €70 millóns de EUR
Estadio
Capacidade 20.000 - 25.000 espectadores[1]
Propietario Cidade de Belgrado
Localía KK Partizan (Euroliga)
Eventos

O Kombank Arena (en serbio: Београдска арена) é un pavillón multiusos situado na cidade de Belgrado, capital de Serbia. Deseñado para a realización de diversos eventos culturais e deportivos (incluíndo baloncesto, balonmán e tenis, entre outros), ten unha superficie total que supera os 48.000 m²[2] e unha capacidade que pode chegar até os 20.000 - 25.000 espectadores.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A súa construción comezou en 1992 co fin de ser sede do Campionato Mundial de Baloncesto de 1994; con todo, os efectos da Guerra de Iugoslavia na economía serbia atrasaron o desenvolvemento do recinto e finalmente, produto dos embargos e sancións establecidas contra a República Federal de Iugoslavia, o evento foi cancelado e a construción eventualmente foi paralizada durante 1995. En 1998, as faenas comezaron novamente para poder terminar o recinto antes da realización do campionato mundial de tenis de mesa, o que sería cancelado igualmente debido ao bombardeo de Belgrado produto da Guerra de Kosovo.

Tralo derrocamento de Slobodan Milošević (2000) e o fin das sancións impostas contra Serbia, as labores para finalizar o Beogradska Arena retomáronse. O recinto foi inaugurado o 31 de xullo de 2004 e tivo un custo estimado que superou os 70 millóns,[4] que a converteron nunha das areas máis grandes de Europa. Dentro dos principais eventos realizados no recinto atópanse o EuroBasket 2005, diversos campionatos deportivos continentais e o Festival de Eurovisión 2008.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]