O Calvario, Vigo, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Barrio do Calvario»)
O Calvario

Igrexa parroquial da Inmaculada Concepción do arquitecto Antonio Román Conde, 1968.
ParroquiaLavadores
ConcelloVigo
Coordenadas42°13′52″N 8°42′15″O / 42.231061341967, -8.7042023014765Coordenadas: 42°13′52″N 8°42′15″O / 42.231061341967, -8.7042023014765
editar datos en Wikidata ]

O Calvario é un barrio urbano de Vigo, situado en terreos da parroquia histórica de Lavadores[1], no concello de Vigo, na comarca de Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes de se urbanizar o lugar, O Calvario pertencía ao lugar de Riomau, na parroquia de Lavadores[1]. Marcaba o límite entre Vigo e Lavadores[2]. Ten a súa orixe e desenvolvemento no século XIX na antiga estrada de Villacastín, hoxe rúa de Urzaiz[1]. Foi desenvolvido na década de 1960-70 por iniciativa privada para ofrecer vivendas á poboación que chegaba a Vigo para traballar na industria[3]. Nunca gozou de independencia a nivel de división administrativa, xa que non se inclúe no Nomenclátor de Galicia[4]. O Nomenclátor Estatístico de Galicia do IGE adscríbeo dentro da cidade de Vigo[5].

Eclesiasticamente, adscríbese á parroquia da Inmaculada Concepción de María, tamén coñecido como Os Picos, e á de San Paulo[1].

Debe o seu nome a un calvario que houbo ata comezos do século XX[1].

Mercado do Calvario.

En 2003 foi peonalizado un tramo da rúa Urzaiz[6].

En 2017 era un dos 15 barrios con menor renda media de España segundo un estudo do Instituto Nacional de Estadística (INE)[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Sestay Martínez, Iván (2010). Toponimia do Val de Fragoso. Lavadores. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. 
  2. "O Calvario, mucho más que un barrio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  3. "A Coruña é máis vulnerable á crise económica que Vigo". Consultado o 3 de maio de 2018. 
  4. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-09-08. 
  5. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-08. 
  6. "Peatonalización y humanización Barrio del Calvario" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  7. "O Calvario está entre los barrios con menor renta por hogar de España". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]