Escolas asociadas á UNESCO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da UNESCO

A Rede do Plan de Escolas Asociadas de la UNESCO (redPEA) (ASPnet en inglés), comunmente coñecida como Escolas Asociadas da UNESCO, esta formada por un conxunto de centros educativos repartidos por todo o mundo. Consta de máis de 8000 centros educativos, entre os cales atopamos escolas parvularias, primarias e secundarias e institutos de formación superior. O principal obxectivo desta organización é o de seguir os principios que marca a UNESCO relacionados entre outros temas coa cultura, a paz, os dereitos humanos, a igualdade entre as persoas e o medio ambiente. A rede PEA que naceu a partir do ano 1953 ten entre os seus fins o achegamento entre alumnos e alumnas procedentes de realidades culturais diversas e axudalos a atopar solucións fronte á problemáticas do presente século. Para lograr isto, un dos eixos que vertebran este proxecto é a comunicación de experiencias entre o alumnado dos diversos paises e a elaboración de proxectos comúns que axuden a mellorar o noso planeta.

Principais temas tratados pola rede PEA[editar | editar a fonte]

Os principais temas tratados son:

  • A problematica do nos planeta e as posibles solucións á mesma, entre as que destaca o rol da ONU para a solución de ditos conflitos.
  • Os Dereitos humanos no mundo
  • O coñecimento da existencia doutras culturas e outros modos de vida.
  • A protección fronte ao deterioro do medio ambiente e o consumo de recursos.

Obxectivos da rede PEA[editar | editar a fonte]

Características da rede[editar | editar a fonte]

  • Fomentar dende a participación a non violencia, a paz e a democracia empregando como principal ferramenta a educación.
  • A propia UNESCO porporciona información sobre os proxectos aos que cada escola esta subscrita.
  • Editase un boletin da UNESCO, que é unha revista na que se intercambia información sobre os distintos proxectos que constrúen as escolas.
  • A interrelación entre centros de diversas localides e paises, onde se fomenta a comunicación e o hermanamento entre os mismos.

Escolas galegas da rede de Escolas UNESCO[editar | editar a fonte]

Parvularios[editar | editar a fonte]

Escolas primarias[editar | editar a fonte]

Educación Secundaria[editar | editar a fonte]

Proxectos UNESCO nos que participan escolas galegas[editar | editar a fonte]

As escolas galegas partipan en varios proxectos xunto con outras de distintos paises, entre eles podemos destacar os seguintes:

  • O proxecto Atlántico: e un "proxecto Faro" da UNESCO no que participan escolas de varias partes do mundo como galegas, portuguesas, caboverdianas, andaluzas e brasileiras. O obxectivo deste proxecto é facer un estudo das características naturais e ambientais da área atlántica, e adquirir o compromiso na defensa do seu patrimonio natural, detectando os problemas e plantexando posibles solucións fronte a problemáticas como a medioambiental. A maioría dos centros da rede galega están subscritos a este proxecto.
  • O Patrimonio nas mans das e dos mozos": E outro proyecto internacional que ten como obxectivo a promoción e preservación do patrimonio mundial natural e cultural. Tamén participan bastanes escolas da rede galega.
  • Comunicación Internacional con Acenos Universais:Comunicación entre mozos e mozas de tódolos países do mundo. Cada un deles fala na súa propia lingua, acompañada de acenos universais (GESTUNO).Así poden entenderse persoas de cualquiera país.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]