Organización
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As organizacións son sistemas sociais deseñados para lograr metas e obxectivos por medio dos recursos humanos e doutro tipo.
Características [editar]
Están compostas por subsistemas interrelacionados que cumpren funcións especializadas. Trátase dun convenio sistemático entre persoas para lograr algún propósito específico. Diríase que é un grupo social composto por persoas, tarefas e administración, que forman unha estrutura sistemática de relacións de interacción, tendentes a produciren bens ou servizos para satisfacer as necesidades dunha comunidade dentro dun ámbito.