Federico Mayor Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federico Mayor Zaragoza falando no curso de verán da Universidade Internacional de Andalucía 2007 "Interculturalidad, diálogo interreligioso y comunicación".

Federico Mayor Zaragoza, nado en Barcelona en 1934, é un bioquímico e político español, que foi director xeral da UNESCO entre 1987 e 1999.

Doutourse en farmacia pola Universidade Complutense de Madrid en 1958. Nomeado catedrático de bioquímica na Facultade de Química da Universidade de Granada, universidade da que foi reitor entre 1968 e 1972, nese trasládouse a Madrid ao ser nomeado catedrático de bioquímica da Universidade Autónoma de Madrid.

Foi subsecretario de educación e ciencia do goberno español entre 1974 e 1975, na transición ingresou na UCD e foi deputado e ministro de educación e ciencia no goberno de Calvo Sotelo (1981-1982) e deputado no Parlamento europeo (1987). En 1978 nomeado vicedirector xeral da UNESCO. Dende o 2000 dirixe a Fundación Cultura de Paz.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas