René Maheu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

René Maheu, nado en Saint-Gaudens, Alta Garona, o 28 de marzo de 1905 e finado en 1975, foi un profesor de filosofía francés, Director Xeral da Unesco entre 1961 e 1974. Foi agregado cultural en Londres entre 1936 e 1939. Logo de exercer a docencia en Marrocos entre 1940 e 1942, pasou a ocupar un posto de xestión na axencia de prensa francesa para África en Alxer.

En 1946 ingresou na UNESCO como xefe da división de "Libre Fluxo de Información". En 1949 Jaime Torres Bodet nomeoulle director da súa oficina executiva. En 1954 foi nomeado Director Xeral asistente e representante da Unesco na sede central da ONU de 1955 a 1958. En 1959 é nomeado Subdirector Xeral e en 1961 pasa a ser Director Xeral, cargo que ocupou durante dous mandatos ata 1974.


Predecesor:
Vittorino Veronese
Director xeral da UNESCO
1961 - 1974
Sucesor:
Amadou-Mahtar M'Bow