Luther Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luther H. Evans

Luther Harris Evans, nado o 23 de outubro de 1902 e finado o 23 de decembro de 1981, foi bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos e Director Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).

Nado en Sayersville, Texas, estudou na Universidade de Texas e recibiu un doutoramento pola Universidade de Stanford en ciencias políticas. En 1935 empezou a traballar para o goberno dos Estados Unidos, primeiro como bibliotecario do Historical Records Survey e en 1939 pasou á Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, onde chegou a ser bibliotecario en 1945.

En 1953 dimitiu do cargo de bibliotecario para converterse en Director Xeral da Unesco. Anteriormente fora conselleiro da delegación dos Estados Unidos na Unesco. Un dos maiores logros do seu mandato foi a elaboración da Convención Universal sobre Copyright. Evans deixou a Unesco en 1958. Morreu en San Antonio, Texas, en 1981.


Predecesor:
John Wilkinson Taylor
Director xeral da UNESCO
1953 - 1958
Sucesor:
Vittorino Veronese