Irina Bokova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irina Bokova

Irina Georgieva Bokova (en búlgaro: Ирина Георгиева Бокова), nada en Sofía o 12 de xullo de 1952, é unha política búlgara, ex-militante comunista e membro do Parlamento durante dúas lexislaturas. Foi ministra de Asuntos Exteriores e Embaixadora da República de Bulgaria en Francia e en Mónaco. O 22 de setembro de 2009, Bokova foi elixida Directora Xeral da Unesco.[1], sendo a primeira muller e a primeira persoa da Europa Oriental en tomar este papel.

É a filla de Georgi Bokov, editor en xefe do xornal do Partido Comunista Búlgaro, Rabotnitchesko Delo. Membro do comunista búlgaro, asistiu á escola secundaria en inglés e logo ao Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova e a Universidade de Maryland. A súa formación permítelle ser nomeada como asesora da ONU en 1980.


Predecesor:
Koichiro Matsuura
Directora xeral da UNESCO
2009 - actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]