Koichiro Matsuura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koichiro Matsuura

Koichiro Matsuura (松浦晃一郎), nado en Toquio o 29 de setembro de 1937, é un diplomático xaponés. Foi Director Xeneral da Unesco entre 1999 e 2009.

Matsuura estudou dereito na Universidade Imperial de Toquio e economía no Haverford College (Estados Unidos). Desde 1961 dedicouse á diplomacia, desempeñando o seu labor en embaixadas e representacións de Xapón en Ghana, Francia, Estados Unidos e Hong Kong, así como no ministerio xaponés de asuntos exteriores. Entre 1992 e 1994, foi ministro para asuntos estranxeiros e entre 1994 e 1999 foi embaixador extraordinario e plenipotenciario de Xapón en Francia. Entre 1998 e 1999 foi presidente do Comité Mundial de Patrimonio da UNESCO.


Predecesor:
Federico Mayor Zaragoza
Director xeral da UNESCO
1999 - 2009
Sucesor:
Irina Bokova