San Pedro e Miguelón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Collectivité de Saint-Pierre et Miquelon

Colectividade de Saint Pierre e Miquelon

Bandeira de San Pedro e Miquelón Escudo de San Pedro e Miquelón
Bandeira Escudo
Lema: A mare labor
Himno nacional: A Marseillaise
 
LocationSaint-PierreAndMiquelon.png
 
Capital
 • Poboación
Saint-Pierre
5.808
Cidade máis poboada Saint-Pierre
Linguas oficiais
Francés
Forma de goberno República
Yves Fauqueur
Stéphane Artano
Fundación
Refundación
Departamento de Ultramar
Comunidade Territorial
Século XVII
1763
1976
1985
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 218º
242 km²
0 %
0 km
120 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 195º
7.012 (2005)
30 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2001)
 • PIB per cápita
Posto 146º
US$ 48.3 millóns
US$ 6.900
IDH n/d
Moeda Euro (€, EUR)
Xentilicio
Fuso horario
 • en verán
(UTC-3)
(UTC-2)
Dominio de Internet .pm
Prefixo telefónico +508
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 666 / SPM / PM
Membro de: Comunidade Territorial dependente de Francia
Tódolos países do mundo

San Pedro e Miquelón (en francés Saint-Pierre-et-Miquelon) é unha comunidade territorial francesa. Anteriormente un departamento de ultramar, San Pedro e Miquelón é un arquipélago composto por dúas illas principais, Saint-Pierre e Miquelón, e máis dunha decena de pequenos illotes, fronte á costa canadense, no Atlántico Norte.

Este territorio forma parte dos Países e territorios de ultramar da Unión Europea.

Historia[editar | editar a fonte]

Artefactos da cultura esquimó Dorset foron descubertas en Saint Pierre. Algunhas datan do século XXX a.C.

Nomeada As Once Mil Virxes polo explorador portugués João Álvares Fagundes en 1521, despois os franceses cambiárono polo de Saint-Pierre.

Durante o século XVI, as illas foron utilizadas como base pesqueira estacional polos franceses de A Rochelle, Granville, Saint-Malo e da Vasconia. O explorador francés Jacques Cartier estivo en Saint Pierre en 1536.

O nome Miquelon é de orixe vasco (Mikelune), debido a que esta illa foi a base dos pescadores de Saint-Jean de Luz, no País Vasco francés.

Saint Pierre foi colonizada por franceses a principios do século XVII, abandonada en 1713 polo Tratado de Utrecht e recolonizada en 1763 ao finalizar a Guerra dos Sete Anos.

Entre 1763 e 1778, as illas volvéronse o refuxio dos Acadianos deportados de Nova Escocia, Canadá.

En 1778 as illas foron atacadas e a poboación deportada polos ingleses debido ao apoio de Francia cara ás 13 ex-colonias británicas durante a súa loita pola independencia.

A pesar de que Francia recuperou o control das illas en 1783, para 1793, a hostilidade británica cara á Revolución Francesa e o feito de que Francia declarara a guerra a Inglaterra levou a un novo ataque inglés ás illas e a deportación de toda a poboación.

As illas foron finalmente devoltas a Francia logo da segunda abdicación de Napoleón en 1816.

As illas representan o único vestixio remanente das vastas posesións de Francia en América do Norte.

Saint Pierre sempre foi importante como un centro pesqueiro, xa que se atopa preto de de unha das zonas de pesca máis ricas do mundo.

Despois de que a Alemaña nazi invadise parte de Francia durante a Segunda Guerra Mundial, as illas foron controladas polo goberno de Vichy. No Nadal de 1941, as forzas de Francia Libre, tomaron o control das illas. Saint Pierre e Miquelon volvéronse entón no foco de serias rifas entre as Forzas de Francia Libre e o Departamento de Estado dos Estados Unidos, o cal, en apoio ao goberno de Vichy, enviou tropas para recuperar as illas.

As illas foron nomeadas Departamento de ultramar Francés en 1976. Este status foi modificado en 1985 e as illas volvéronse unha Colectividade Territorial, status especial que só comparte coas illas de Wallis e Futuna no Océano Pacífico.

Véxase tamén: Colonización francesa das Américas

Política[editar | editar a fonte]

Mapa

En 1992, unha vella disputa con Canadá respecto da delineación da Zona económica exclusiva pertencente a Francia foi resolta pola Corte Internacional de Arbitraxe. Na resolución, Francia conservaba as 12 millas náuticas de mar territorial que rodea ás illas e foille outorgado outras 12 millas náuticas continuas ás anteriores, así como un corredor marítimo de 10.5 millas de ancho chegando ata 200 millas náuticas ao sur. O area total outorgada corresponde ao 18% do que Francia estaba reclamando.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa de Saint Pierre esta rodeada doutras máis pequenas como a illa de Grand Colombier, Petit Colombier, e a Île aux Marines (Illa dos Mariños) formalmente coñecida como Île aux Chiens (Illa dos Cans).

Porto de Miquelón

A illa Miquelon foi formada pola unión de tres illas a través de dunas de area. Estas tres illas son: Le Cap, Miquelon (Grande Miquelon) e Langlade (Petite Miquelon).

O clima é húmido e ventoso, con invernos longos e fríos. A primavera e principios de verán son frescos e nebulosos. A finais de verán e principios de outono é xeralmente fresco e asollado.

Bandeira non oficial de San Pedro e Miquelón.

Economía[editar | editar a fonte]

As illas dependeron da pesca do bacallau durante os últimos catro séculos. Con todo, a sobre explotación dos bancos levou a que Canadá impoña longas vedas pesqueiras, e, como as cotas pesqueiras son controladas por Canadá, Saint Pierre e Miquelon, e a industria pesqueira francesa en xeral, foron seriamente afectadas.

Fixéronse esforzos, con axuda do goberno francés, para diversificar a economía local. O turismo, a crianza de peixes e vieiras en granxas, a pesca de cangrexo e a agricultura foron desenvolvidas.

Cultura[editar | editar a fonte]

O francés é o idioma oficial das illas. Porén, o acento local e moitas das palabras empregadas son de procedencia normanda.

O patriotismo francés é moi forte nas illas, e os insulares están orgullosos de que parte do seu chan sexa traído desde Francia en barcos.

O orgullo vasco pode ser igual de forte, por mor das históricas ligazóns das illas coa rexión vascofrancesa. Tódolos anos, no verán, celébrase un festival vasco, con exhibicións de harrijasotzaile (levantamento de pedra), haitzkolari (cortar troncos), e paleta.


Países do mundo | América do Norte
Flag of Canada.svg Canadá - Flag of the United States.svg Estados Unidos de América - Flag of Mexico.svg México
Países con parte do seu territorio en América do Norte

Flag of Denmark.svg Dinamarca (Groenlandia) | Flag of France.svg Francia (San Pedro e Miquelón) | Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido (Bermuda)