Saint-Malo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 48°38′44″N 2°1′33.92″W / 48.64556°N 2.0260889°W
![]() |
|||
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Información | |||
| País | |||
| Rexión | |||
| Departamento | |||
| Superficie | 36,58 km² | ||
| Poboación | 47.045 h. (2008 est.) | ||
| Densidade | 1.286 h/km² | ||
| Alcalde | René Couanau (dende o 2008) | ||
Saint-Malo, Sant-Maloù en bretón, é unha cidade situada na costa norte de Bretaña, no departamento de Ille e Vilaine.
Índice |
Xeografía [editar]
Saint-Malo está situada na Costa de Esmeralda[1], no litoral norte de Bretaña, no canal da Mancha.
Está situado na ribeira dereita da ría do río Rance e dista 75 km de Rennes.
Ocupa un lugar privilexiado, próxima a Normandía e das illas anglo-normandas Jersey e Guernesey.
Historia [editar]
Patrimonio [editar]
As murallas [editar]
Só queda unha pequena parte do recinto medieval (s. XV); as tres cuartas partes da muralla foi sustituída entre 1708 e 1744 para a ampliación da cidade, e no século XIX houbo outra rectificación.
Intra-muros [editar]
- Catedral Saint-Vincent
- Castelo de Saint-Malo (século XV), comezado en 1424 polo duque de Bretaña Jean V e continuado por François II e Anne de Bretagne.
- Hotel André Désilles (século XVII) onde naceron Picot de Clorivière e o seu sobriño André Désilles.
- Hotel de la Gicquelais, casa natal de Chateaubriand.
- Capela Saint-Aaron (1621)
Extra-muros [editar]
- Varios fortíns construídos a finais do século XVII sobre illotes rochosos da baía.
- A torre Solidor, comezada a finais do século XIV polo duque Jean IV.
Personaxes relacionadas con Saint-Malo [editar]
- Jacques Cartier (1491-1557), navegante e explorador, naceu en Saint-Malo.
- Jacques Gouin de Beauchesne (1652-1730), navegante, naceu en Saint-Malo
- René Duguay-Trouin (1673-1736), corsario, tenente xeral da Marina durante o reinado de Louis XIV, naceu en Saint-Malo
- Louis Antoine de Bougainville (1729-1811), navegante
- François-René de Chateaubriand (1768-1848), escritor, naceu en Saint-Malo
- Robert Charles Surcouf (1773-1827), un dos corsarios franceses máis famosos, naceu en Saint-Malo
Cidade irmandada [editar]
Mauricio, Saint-Louis (1999)
