Iparralde
Iparralde (en éuscaro Parte Norte), País Vasco Norte, País Vasco francés ou País Vasco continental son algúns dos diferentes nomes para facer referencia a aqueles territorios do País Vasco (Euskal Herria) baixo administración francesa, en contraposición a aqueles que están baixo administración española, o Hegoalde.
O Iparralde atópase na parte máis occidental do departamento francés dos Pirineos Atlánticos e constitúe as tres provincias históricas de Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea, en francés: Basse-Navarre), Lapurdi (en francés: Labourd) e Zuberoa (en francés: Soule).
A lingua propia do Iparralde é o éuscaro, a cal non ten estatus oficial, aínda que si ten un recoñecemento secundario nalgúns eidos coma a educación e as institucións.
A cidade máis importante é Baiona. Outros concellos destacados con Biarritz - Miarritze, Hendaia, Maule,...
Territorio [editar]
O departamento dos Pirineos Atlánticos divídese en tres distritos (arrondissements): Baiona, Oloron-Sainte-Marie e Pau. O País Vasco francés comprende por completo o de Baiona e os cantóns de Tardets-Sorholus e Mauléon-Licharre no de Oloron-Sainte-Marie.
O País Vasco francés comprende tres territorios históricos existentes antes da división departamental de Francia en 1789, con certas modificacións:
- Lapurdi (Labourd en francés, Lapurdi en euskera, Labord en gascón). Baiona considérase convencionalmente parte de Labort, pero deixou de pertencer a este no século XIII. Municipios que se consideran parte de Lapurdi e que forman parte dos Consellos de Electos e Desenvolvemento do País Vasco francés, pero que non pertenceron á Lapurdi histórica, son Boucau (pertencente a As Landas ate 1857) e Bardos, Guiche e Urt (unidas administrativamente a Lapurdi en 1763, pero dependendo xudicialmente do senescal de Came, é dicir, de Bidache). Lapurdi atópase na súa totalidade no distrito de Baiona.
|
|
|||||||||