Nova Escocia - Nova Scotia
| Nova Escocia Nova Scotia Nouvelle-Écosse Alba Nuadh |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nova Escocia (en latín, e de uso habitual en inglés: Nova Scotia, en gaélico escocés: Alba Nuadh e en francés: Nouvelle-Écosse) é unha provincia canadense localizada na costa suroriental de Canadá. É a provincia máis poboada nas Marítimas, e a súa capital, Halifax, é o grande centro económico da rexión. Nova Escocia é a segunda provincia máis pequena de Canadá, cunha superficie de 55,284 km². A súa poboación, de 934,405 habitantes,[1] faina a 4ª provincia menos poboada do país, e a segunda con máis densidade de poboación.
A economía de Nova Escocia ten estado tradicionalmente moi baseada nos seus recursos, pero nas décadas recentes tense diversificado. Industrias como a pesca, a mineiría, a silvicultura e a agricultura seguen a ser moi importantes, pero xunto ó turismo, á tecnoloxía, ó cine, á música e ós servizos financieiros.
A provincia inclúe varias rexións da nación Mi'kmaq de Mi'gma'gi, que cubre a totalidade das Marítimas, así como partes de Maine, a Península de Gaspé, e Terranova. Nova Escocia xa era hogar do pobo Mi'kmaq cando chegaron os primeiros colonizadores europeos. En 1604, colonos franceses estableceron o primeiro posto permanente europeo ó norte de Florida en Port Royal, fundando o que sería coñecido como Acadia. O Imperio Británico obtivo o control da rxión entre 1713 e 1760, e estableceu unha nova capital en Halifax en 1749. En 1867 Nova Escocia foi unha das provincias fundadoras da Confederación Candense, xunto con Nova Brunswick, e a Provincia de Canadá.
Índice |
Xeografía [editar]
A provincia está formada principalmente pola península de Nova Escocia rodeada polo Océano Atlántico, incluíndo numerosas baías e estuarios. A Illa de Cabo Bretón, unha grande illa ao norleste da península, é tamén parte da provincia, así como a Illa Sable. Nova Escocia é segunda provincia máis pequena en superficie de Canadá, logo da Illa do Príncipe Eduardo.
Notas [editar]
- ↑ Canada's population. Statistics Canada. Last accessed September 28, 2006.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
||||||||||