Tómbolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un tómbolo en Grecia conectando o sur de Eubea a un illote.

Un tómbolo é un accidente xeográfico sedimentario, que forma unha estreita lingua de terra entre unha illa ou unha gran rocha afastada da costa e terra firme, ou entre dúas illas. Polo xeral, fórmanse debido a que as illas producen a difracción das ondas, depositándose area e canto rodado onde as ondas se encontran. As subidas do nivel do mar poden contribuír na sedimentación, posto que o material é empuxado cara arriba.

Un exemplo é o caso de Chesil Beach, que conecta á Illa de Portland con Dorset, en Inglaterra, e que constitúe unha liña de pequenos pelouros redondeados paralela, relativamente, á costa. Ou o da Ponte de Adán ou Ponte de Rama, que na antigüidade se atopaba entre India e Sri Lanka.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]