Isabel II do Reino Unido
| Isabel II de Inglaterra | |
|---|---|
| Reina del Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda del Norte | |
Isabel II do Reino Unido |
|
| Reinado | 6 de febreiro de 1952 - hoxe en día esta no cargo |
| Coroación | 2 de xuño de 1953 |
| Nome completo | Elizabeth Alexandra Mary of Windsor |
| Nacemento | 21 de abril de 1926 (87 anos) Mayfair, Londres |
| Predecesor | Xurxo VI |
| Sucesor | Carlos de Inglaterra |
| Cónxuxe/s | Filipe de Edimburgo |
| Casa Real | Casa de Windsor |
| Himno real | «God Save the Queen» |
| Pai | Xurxo VI |
| Nai | Isabel Bowes-Lyon |
|
|
|
| Escudo de Isabel II do Reino Unido | |
Isabel II[1] ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belice, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Celandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.
Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da Illa de Man.
Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.
Índice |
Familia[editar]
Xunto ao seu esposo, o duque de Edimburgo, a raíña tivo catro fillos. Ademais, o matrimonio ten oito netos e un bisneto.
- Carlos, príncipe de Gales (nado o 14 de novembro de 1948), casou o 29 de xullo de 1981 con lady Diana Spencer (1961-1997) e divorciouse o 28 de agosto de 1996. O 9 de abril de 2005 casou novamente, nunha cerimonia civil, con Camilla Parker-Bowles.
- Guillerme, duque de Cambridge (nado o 21 de xuño de 1982), casou o 29 de abril de 2011 con Catalina Middleton (nada o 9 de xaneiro de 1982).
- Enrique de Gales (nado o 15 de setembro de 1984).
- Ana, princesa real (nada o 15 de agosto de 1950), casou o 14 de novembro de 1973 con Mark Phillips (nado o 22 de setembro de 1948) e divorciouse o 28 de abril de 1992. Casou logo o 12 de decembro de 1992 co vicealmirante Timothy Laurence (nado o 1 de marzo de 1955).
- Peter Phillips (nado o 15 de novembro de 1977), casou o 17 de maio de 2008 con Autumn Patricia Kelly (nacida o 3 de maio de 1978).
- Savannah Phillips (nada o 29 de decembro de 2010).
- Zara Phillips (nada o 15 de maio de 1981).
- Peter Phillips (nado o 15 de novembro de 1977), casou o 17 de maio de 2008 con Autumn Patricia Kelly (nacida o 3 de maio de 1978).
- Andrés, duque de York (nado o 19 de febreiro de 1960), casou o 23 de xullo de 1986 con Sarah Ferguson (nada o 15 de outubro de 1959) e divorciouse o 30 de maio de 1996.
- Beatriz de York (nada o 8 de agosto de 1988).
- Euxenia de York (nada o 23 de marzo de 1990).
- Eduardo, conde de Wessex (nado o 10 de marzo de 1964), casou o 19 de xuño de 1999 con Sofía Rhys-Jones (nada o 20 de xaneiro de 1965).
- Luisa Windsor (nada o 8 de novembro de 2003).
- Jacobo Windsor (nado o 17 de decembro de 2007).
Notas[editar]
- ↑ Tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 21 utilizan esta forma
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|
|||||