Guillerme de Cambridge
| Guillerme de Cambridge | |
|---|---|
| Duque de Cambridge | |
O príncipe Guillerme o 12 de xuño de 2010. |
|
| Nome completo | William Arthur Philip Louis Windsor |
| Outros títulos | |
|
|
| Nacemento | 21 de xuño de 1982 Paddington, Londres, Inglaterra |
| Consorte | Catalina de Cambridge |
| Casa Real | Casa de Windsor |
| Pai | Carlos de Inglaterra |
| Nai | Diana de Gales |
|
|
|
O príncipe Guillerme, duque de Cambridge, nado como William Arthur Philip Louis en Londres o 21 de xuño de 1982, é o fillo maior de Carlos, príncipe de Gales, e Diana, princesa de Gales. É neto da raíña Isabel II e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Xa que logo, é o segundo na liña de sucesión, logo do seu pai, aos tronos dos 16 estados independentes, aínda que reside principalmente e está directamente involucrado co Reino Unido, o máis antigo destes dominios.
Foi educado en catro escolas do Reino Unido e obtivo a súa licenciatura na Universidade de Saint Andrews. Pasou parte do seu ano sabático en Chile, Belice e nalgúns países do continente africano. Recibiu adestramento como tenente do rexemento Blues and Royals da Cabalería Real, onde serviu xunto ao seu irmán o príncipe Henrique e obtivo a súa licenza de piloto tras culminar a súa formación na academia Royal Air Force College Cranwell. En 2009, transferiuse á Real Forza Aérea (RAF) onde foi ascendido ao rango de oficial da forza aérea e completou o seu adestramento como piloto de helicóptero de procura e rescate.
O 16 de novembro de 2010, Clarence House, anunciou nun comunicado de prensa que o príncipe Guillermo e a súa noiva Kate Middleton estaban comprometidos, e posteriormente confirmouse que a cerimonia levaría a cabo o 29 de abril de 2011 na Abadía de Westminster, Londres.[1] Horas antes da voda o príncipe Guillermo foi nomeado duque de Cambridge, conde de Strathearn e barón Carrickfergus.
Índice |
Ascendencia[editar]
Notas[editar]
- ↑ "Unha voda de 1.900 invitados". 21 de febreiro. http://www.elpais.com/articulo/agenda/boda/1900/invitados/elpepigen/20110221elpepiage_2/Tes. Consultado o 20 de abril.