Ivan Gašparovič
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Ivan Gašparovič, nado en Poltár o 27 de marzo de 1941, é un xurista e político eslovaco, presidente do seu país dende o 15 de xuño de 2004.
Traxectoria [editar]
O seu pai, Vladimir Gašparović, inmigrara a Eslovaquia desde Croacia a finais da Primeira Guerra Mundial.
Gašparovič estudou na facultade de leis da Universidade de Comenius, en Bratislava (a universidade central en Eslovaquia) entre 1959 e 1964.
En 1992, foi brevemente vicepresidente do Consello Lexislativo de Checoslovaquia, antes da desmembración de Checoslovaquia na República Checa e Eslovaquia en xaneiro de 1993. Foi un dos autores da constitución de Eslovaquia a finais de 1992.
En 1964 Gašparovič casou con Silvia Beníková, coa que ten dous fillos. Practica hóckey sobre xeo, o deporte nacional de Eslovaquia. De feito, foi vicepresidente da Comisión Internacional da Unión Checoslovaca do Hóckey sobre Xeo.