Xurxo I de Gran Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo I.

Xurxo I de Gran Bretaña, nado en Osnabrück o 28 de maio de 1660 e finado o 11 de xuño de 1727, foi príncipe de Hannóver desde 23 de xaneiro de 1698 ata a súa morte, e rei de Gran Bretaña e Irlanda dende o 1 de agosto de 1714 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era tamén o Erzbannerträger (logo Arquitesoureiro) e Príncipe elector do Sacro Imperio Romano Xermánico. Xurxo I, o primeiro monarca da casa de Hannóver de Gran Bretaña e Irlanda, non falaba inglés de forma fluída, e no seu lugar, falou sempre o seu alemán nativo, o que supuxo a mofa dos seus súbditos británicos. Durante o seu reinado, o poder da monarquía diminuíu, desenvolveuse o moderno sistema de goberno por Oficina. Durante os últimos anos do seu reinado, o poder de feito estivo nas mans do seu Primeiro Ministro, Sir Robert Walpole.

En 1714 sucedeu á raíña Ana I de Gran Bretaña, morta sen descendentes. Os seus dereitos á coroa baseábanse no feito de que, pola súa nai Sofía de Hannóver, era bisneto de Xacobe Estuardo (1566-1625), rei de Escocia de 1567 a 1625, convertido en Xaime I de Inglaterra e Irlanda en 1603.